Proximidades Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unidade Civia na estación de Utebo.

A rede de Proximidades Zaragoza (en castelán: Cercanías Zaragoza) é un servizo de trens interurbanos entre Zaragoza e parte dos municipios da súa área metropolitana, que forma parte da rede de Proximidades de Renfe Operadora. Actualmente devandita rede de proximidade unicamente está formada por unha liña en funcionamento, a C-1.

A liña C-1, operada por Renfe Operadora, é a primeira e única liña de Proximidades da cidade de Zaragoza. Foi inaugurada, e presta servizo desde entón, o 11 de xuño de 2008,[1] días antes do inicio da Exposición Internacional de 2008 nesta cidade.

Para a súa creación aproveitáronse as vías xa existentes das liñas Zaragoza-Pamplona/Logroño e Zaragoza-Reus-Barcelona. Creáronse novas estacións no periférico barrio de Casetas, en Utebo, baixo a antiga estación do Portillo e en Miraflores, dentro do distrito de Las Fuentes. O 3 de abril de 2012 engadiuse á liña a estación de Zaragoza-Goya.[2]

Percorrido[editar | editar a fonte]

Proximidades Zaragoza
Casetas Aparcadoiro
Utebo Aparcadoiro Autobús interurbano
Zaragoza-Delicias Aparcadoiro Autobuses Alta Velocidade Trens de Media Distancia Trens de Longa Distancia Bicicletas

Portillo Aparcadoiro Bicicletas
Goya Autobús urbano Trens de Media Distancia Tranvía Bicicletas
Miraflores Aparcadoiro Autobús urbano
Estación de Delicias
Estación de El Portillo
  • Casetas: estación sen conexión de autobuses, con aparcadoiro.
  • Utebo: estación con aparcadoiro e conexión de autobús Utebo-Monzalbalba.
  • Delicias: estación intermodal de Zaragoza onde se atopan os servizos de media e longa distancia de Renfe así como a Estación Central de Autobuses de Zaragoza. A plataforma de proximidade abarca as vías 7 (dirección Miraflores) e 8 (dirección Casetas). Pódese acceder ao mesmo desde os vestíbulos de saídas e de chegadas e desde o tránsfer que dá acceso directo aos distintos aparcadoiros, á estación de autobuses e á praza da estación.
  • Portillo: estación soterrada con aparcadoiro situada onde se atopaba a antiga estación homónima. Accédese desde Escoriaza, Fabro e Anselmo Clavé. Ten conexión coas liñas 22 e 31 de autobús urbano.
  • Goya: é a máis céntrica e ten intermodalidade coa liña 1 do Tranvía de Zaragoza e coa liña 31 do autobús urbano.
  • Miraflores: estación soterrada con conexión de autobuses e aparcadoiro.

Proxectos[editar | editar a fonte]

Ampliación da C-1[editar | editar a fonte]

Está prevista a ampliación da liña polo Leste a curto prazo ata La Cartuja e a medio prazo ata El Burgo de Ebro, mentres que polo Oeste as ampliacións serían ata Alagón a medio prazo e a longo prazo ata Pedrola. As posibles estacións recollidas no PIT para a C-1 son as seguintes:

Tamén se comtempla a posibilidade de crear a longo prazo unha liña "C-1b" que en Casetas se bifurcaría cara a Pinseque e Grisen chegando á factoría de OPEL España, cuxas paradas serían:

  • Grisén
  • Pinseque
  • Villarrapa

Nova liña C-2[editar | editar a fonte]

Segundo recolle o Plan Intermodal de Transporte de Zaragoza, segundo evolucione a demanda poríanse en funcionamento novos servizos cunha segunda liña de proximidade que siga un eixo Norte-Sur polos corredores dos ríos Gállego e Huerva, aproveitando as vías das liñas Zaragoza-Huesca e Zaragoza-Valencia, ata María de Huerva e Villanueva de Gállego. As posibles estacións recollidas no PIT para a C-2 son as seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]