Estación de Huesca
Estación de Huesca | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril, estación ferroviaria sen saída e estación de cambio de vía ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Instalacións | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 2001 ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Alta Velocidade Española ![]() | |||
Código de estación | 74200 ![]() | |||
Estación adxacente | Estación Internacional de Canfranc, Estación de Zaragoza - Delicias e Estación de Tardienta ![]() | |||
Liñas ferroviarias | ||||
Número de beiras | 2 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Huesca | |||
Concello | Huesca ![]() | |||
Altitude | 458 m ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A estación de Huesca é unha estación de ferrocarril de Adif de carácter terminal situada na cidade española de Huesca, en Aragón. É un recinto intermodal que alberga tamén a estación de autobuses da cidade cuxas dársenas están situados nos laterais deste.
En 2010 os seus servizos de Longa e Media Distancia foron usados por preto de 130.000 viaxeiros.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 88,536 da liña férrea de ancho ibérico que une Zaragoza con Francia por Canfranc, e no mesmo punto da liña de ancho internacional que une Zaragoza con Huesca, a 458 metros de altitude.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi inaugurada no ano 2001, substituíndo á antiga estación, a primeira edificada na cidade con motivo da apertura da liña Zaragoza-Huesca en 1864. A estación antiga, que carecía de interese arquitectónico e artístico, foi derrubada pouco despois da construción da nova.
A estación
[editar | editar a fonte]A estación actual é de planta cadrada, co vestíbulo a nivel de rúa. Sobre el levántanse dúas torres de catro alturas que corresponden a un hotel e a salóns para banquetes.
A estación ten dúas plataformas ademais da cabeceira propia das estacións terminais e seis vías, dúas de ancho internacional e catro de ancho ibérico.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta | Huesca | 2 trens diarios por sentido |
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
' | Intercity | Valencia-Estació del Nord Murcia del Carmen |
Huesca | |
38 | Rexional Rexional Exprés |
Zaragoza-Delicias | Lleida-Pirineus | |
56 | Rexional | Zaragoza-Delicias | Canfranc Jaca |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Huesca (Est.) Euroferroviarios
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Huesca ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información da estación na páxina de Adif Arquivado 27 de maio de 2015 en Wayback Machine.