Saltar ao contido

Distrito de Mettmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Mettmann

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°15′N 7°00′L / 51.25, 7
EstadoAlemaña
Estado federadoRenania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen
Rexión administrativaRexión de Düsseldorf Editar o valor en Wikidata
CapitalMettmann Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación485.684 (2018) Editar o valor en Wikidata (1.192,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie407,22 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude143 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoThomas Hendele (pt) Traducir (1999–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Código NUTSDEA1C Editar o valor en Wikidata

Sitio webkreis-mettmann.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: KreisMettmann Instagram: kreis.mettmann Youtube: UCx7SAgoPNwwq-KbIYbSKW6g Editar o valor en Wikidata

O Distrito de Mettmann é un Kreis situado no centro do Land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña.

Limita cos Kreis de Ennepe-Ruhr, Rhein-Kreis Neuss, Rheinisch-Bergischer Kreis e está cerca das cidades de Colonia, Leverkusen, Wuppertal, Solingen, Düsseldorf, Duisburgo, Mülheim e Essen.

É o distrito rural máis densamente poboado de Alemaña. Está cerca do Aeroporto Internacional de Düsseldorf, ao noroeste, e tamén está preto do aeroporto de Colonia/Bonn.

Recibe o nome de Mettmann, a cidade sede do distrito.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Cidades e municipios do Kreis de Mettmann

Sitiado a unha altitude media de 143 msnm, o distrito ocupa unha superficie de 407,09 km2.

A súa poboación (segundo o censo de 31 de decembro de 2020) era de 484 322 habitantes,[1]

No século XII a zona do distrito actual pasou a ser propiedade do condado Berg. Cando Napoleón ocupou a zona en 1792 converteuse nun cantón do distrito de Düsseldorf.

Despois do Congreso de Viena, a zona pasou a Prusia en 1816 como parte da provincia de Westfalia, e creouse o primeiro distrito de Mettmann. Este distrito fusionouse desde 1820 até 1861 co distrito de Elberfeld, que entón se converteu nunha cidade por dereito propio, e agora forma parte de Wuppertal. En 1877 a sede administrativa foi trasladada a Vohwinkel.

En 1929 parte da área foi cedida a Wuppertal, e o distrito fusionouse co distrito de Düsseldorf (Landkreis, excluíndo a propia cidade), para formar o distrito de Düsseldorf-Mettmann, con sede administrativa en Düsseldorf.

En 1952 a sede volveu ser Mettmann, e despois da última reorganización administrativa de 1975-1976 o distrito volveu ao nome antigo. As cidades Langenfeld e Monheim foron incluídas no distrito entón, mentres que Kettwig pasou a formar parte da cidade de Essen.

Cidades e municipios

[editar | editar a fonte]
  1. Erkrath
  2. Haan
  3. Heiligenhaus
  4. Hilden
  5. Langenfeld
  1. Mettmann
  2. Monheim am Rhein
  3. Ratingen
  4. Velbert
  5. Wülfrath
  1. Landesbetrieb Information und Technik NRW (en alemán). Consultado o 25 de agosto de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]