Sunderland
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Reino Unido | |||
| País | Inglaterra | |||
| Rexións | Nordeste de Inglaterra | |||
| Condado metropolitano | Tyne e Wear | |||
| Distrito con status | Sunderland | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 277.417 (2018) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 111,84 km² | |||
| Bañado por | Rio Wear (pt) | |||
| Altitude | 60 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | SR1, SR2, SR3, SR4, SR5, SR6 e SR9 | |||
| Prefixo telefónico | 0191 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
Sunderland é unha cidade de Inglaterra, do distrito de Tyne and Wear, na rexión de North East England. Ten unha poboación de 177.739 habitantes e unha área metropolitana que aglutina 284.000 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Sunderland fundouse ao redor do século VI. Comezou como o Monkwearmouth Monastry (Mosteiro de Monkwearmouth), irmandado co que está en Jarrow. Conseguiu o título de cidade no século XVII, desde entón comezou a crecer rapidamente desde a Revolución industrial.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A maior parte da cidade está situada paralela á costa. A súa altitude media é de 80 msmn. O río Wear divide a cidade en dúas partes, só unidas a través de dúas pontes: Queen Alexandra Bridge e Wearmouth Bridge.
Deporte
[editar | editar a fonte]Sunderland é o fogar do equipo de fútbol Sunderland AFC co estadio Stadium of Light (Estadio da Luz), cunha capacidade de 49.000 espectadores.
