Eloy Luís André: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
Volveu de novo a Salamanca para especializarse en [[Filosofía|Filosofía Superior]], e desde alí trasladouse ás universidades europeas de [[KU Leuven|Leuven]], [[Universidade Libre de Bruxelas|Bruxelas]] e [[Universidad de París|París]] en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a [[España]] intentou acceder a unha [[cátedra universitaria]], mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a [[Cátedra de ensino secundario|cátedra]] de [[bacharelato]], obtendo en [[1904]] a de [[Psicoloxía]], [[Lóxica]], [[Ética]] e Rudimentos de [[Dereito]] do instituto de [[Soria]]. No mesmo ano e por motivos familiares (enfermidade da tía Xenerosa) trasládase para o [[IES Otero Pedrayo de Ourense|Instituto de Ourense]].{{Sfn|López Vázquez|2002}}

En 1906 o Goberno comisionouno para estudar a organización de Ministerio de Fomento en [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Italia]], ano no que publicou o seu primeiro libro ''El histrionismo español: ensayo de psicología política''. En [[1909]], a [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] concedeulle unha [[bolsa de estudos]], que utilizou para trasladarse á [[Universidade de Leipzig]], onde foi discípulo de [[Wilhelm Wundt]], sob cuxa dirección preparou un traballo de [[psicoloxía experimental]]. Posteriormente trasladouse á [[Universidade de Jena]], onde foi discípulo de [[Rudolf Christoph Eucken]]. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.
En 1906 o Goberno comisionouno para estudar a organización de Ministerio de Fomento en [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Italia]], ano no que publicou o seu primeiro libro ''El histrionismo español: ensayo de psicología política''.<ref name="HISTRIO"/> En [[1909]], a [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] concedeulle unha [[bolsa de estudos]], que utilizou para trasladarse á [[Universidade de Leipzig]], onde foi discípulo de [[Wilhelm Wundt]], sob cuxa dirección preparou un traballo de [[psicoloxía experimental]]. Posteriormente trasladouse á [[Universidade de Jena]], onde foi discípulo de [[Rudolf Christoph Eucken]]. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.

Retornou a España a fins de [[1910]] para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de [[Metafísica]] da Universidade Central, que finalmente gañou [[José Ortega y Gasset]]. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a [[Leipzig]]. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en [[1912]], onde creou un [[laboratorio]] de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do [[Educación secundaria|ensino secundario]] en [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Reino de Prusia|Prusia]].{{Sfn|López Vázquez|2002}}

Liña 22: Liña 22:

=== Listaxe de publicacións ===
=== Listaxe de publicacións ===
[[Ficheiro:Galleguismo._Lucha_por_la_personalidad_nacional_y_la_cultura._Ensayos._Madrid._1931.pdf|miniatura|200px|''Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura''.]]
[[Ficheiro:Galleguismo._Lucha_por_la_personalidad_nacional_y_la_cultura._Ensayos._Madrid._1931.pdf|miniatura|200px|''Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura''.<ref name="GALLEG"/>]]
* ''El histrionismo español: ensayo de psicología política''. Barcelona. 1906.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=466181 ''El histrionismo español''] en [[Galiciana]]. [[Biblioteca de Galicia]].</ref>
* ''El histrionismo español: ensayo de psicología política''. Barcelona. 1906.<ref name="HISTRIO">[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=466181 ''El histrionismo español''] en [[Galiciana]]. [[Biblioteca de Galicia]].</ref>
* ''Ética española, problemas de moral contemporánea''. Madrid. 1910.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=392471 ''Ética española, problemas de moral contemporánea''] en Galiciana.</ref>

* ''La mentalidad alemána''. Madrid. 1914.<ref>[https://bvpb.mcu.es/es/consulta/registro.do?id=409159 ''La mentalidad alemana''] na Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico.</ref>
* ''La mentalidad alemána''. Madrid. 1914.<ref>[https://bvpb.mcu.es/es/consulta/registro.do?id=409159 ''La mentalidad alemana''] na Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico.</ref>
* ''La cultura alemana''. Madrid, 1916.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=394352 ''La cultura alemana''] en Galiciana.</ref>
* ''La cultura alemana''. Madrid, 1916.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=394352 ''La cultura alemana''] en Galiciana.</ref>
* ''La educación de la adolescencia''. Madrid. 1916.<ref>[https://bvpb.mcu.es/es/consulta/registro.do?id=399237 ''La educación de la adolescencia''] na BVPB.</ref>
* ''La educación de la adolescencia''. Madrid. 1916.<ref>[https://bvpb.mcu.es/es/consulta/registro.do?id=399237 ''La educación de la adolescencia''] na BVPB.</ref>
* ''Dos idearios y dos democracias''. Madrid. 1919.<ref>[http://datos.bne.es/edicion/bimo0001121577.html ''Dos idearios y dos democracias''] na Biblioteca Nacional de España.</ref>
* ''Dos idearios y dos democracias''. Madrid. 1919.<ref>[http://datos.bne.es/edicion/bimo0001121577.html ''Dos idearios y dos democracias''] na BNE.</ref>
* ''Sistema de Filosofía de los Valores''. Toledo. 1919.{{Sfn|Bueno Sánchez|2009}}
* ''Sistema de Filosofía de los Valores''. Toledo. 1919.{{Sfn|Bueno Sánchez|2009}}
* ''Elementos de Psicología''. Madrid. 1919.{{Sfn|Bueno Sánchez|2009}}
* ''Elementos de Psicología''. Madrid. 1919.{{Sfn|Bueno Sánchez|2009}}
Liña 43: Liña 43:
* ''Psicología experimental''. Madrid. 1931.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=432452 ''Psicología experimental''] en Galiciana.</ref>
* ''Psicología experimental''. Madrid. 1931.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=432452 ''Psicología experimental''] en Galiciana.</ref>
* ''Españolismo: prasologio: pueblo y conciencia nacional''. Madrid. 1931.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=431472 ''Españolismo: prasologio''] en Galiciana.</ref>
* ''Españolismo: prasologio: pueblo y conciencia nacional''. Madrid. 1931.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=431472 ''Españolismo: prasologio''] en Galiciana.</ref>
* ''Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensayos''. Madrid. 1931.<ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=493335 ''Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensayos''] en Galiciana.</ref>
* ''Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensayos''. Madrid. 1931.<ref name="GALLEG">[http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000232157 ''Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensayos''] na [[Biblioteca Nacional de España]].</ref>
[[Ficheiro:Rúa Eloi Lois André.jpg|miniatura|Placa dunha rúa de [[Vilardevós, Vilardevós, Vilardevós|Vilardevós]].]]
[[Ficheiro:Rúa Eloi Lois André.jpg|miniatura|Placa dunha rúa de [[Vilardevós, Vilardevós, Vilardevós|Vilardevós]].]]
; Obras colectivas
; Obras colectivas

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2020 ás 08:05

Infotaula de personaEloy Luís André

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata
Mourazos, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 1935 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicólogo , escritor , profesor de ensino secundario , filósofo , autor Editar o valor em Wikidata
AlumnosRafael Lapesa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeM.ª Francisca Romero
FillosM.ª dos Anxos (1919)
Anxo (1922) [1]
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 42195

Eloy Luís André,[a] nado en Mourazos (Verín) o 19 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 24 de maio de 1935, foi un filósofo, psicólogo e docente galego, cuxa obra orixinal máis destacada se centra en problemas de mentalidade colectiva e no desenvolvemento do sistema educativo.

Traxectoria

Fillo do médico de Vilardevós Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun notario de Ponteareas.[2] Eloy foi vivir cos avós paternos, Anselmo e Sabela, e, cando estes finaron, cos tíos Xacinto e Xenerosa.[1] Fixo os seus estudos no Colexio dos Padres Escolapios de Celanova e no Instituto de Ourense, recibindo clases de Juan Sieiro González. Comezou o ciclo universitario en Santiago de Compostela, trasladándose logo para a Universidade de Salamanca, onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con Miguel de Unamuno. Pasou a Madrid, á Universidade Central, para efectuar a doutoramento (1901-1902), e estabelecendo contactos con Francisco Giner de los Ríos.

Volveu de novo a Salamanca para especializarse en Filosofía Superior, e desde alí trasladouse ás universidades europeas de Leuven, Bruxelas e París en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a España intentou acceder a unha cátedra universitaria, mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a cátedra de bacharelato, obtendo en 1904 a de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do instituto de Soria. No mesmo ano e por motivos familiares (enfermidade da tía Xenerosa) trasládase para o Instituto de Ourense.[1]

En 1906 o Goberno comisionouno para estudar a organización de Ministerio de Fomento en Francia, Bélxica e Italia, ano no que publicou o seu primeiro libro El histrionismo español: ensayo de psicología política.[3] En 1909, a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de estudos, que utilizou para trasladarse á Universidade de Leipzig, onde foi discípulo de Wilhelm Wundt, sob cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á Universidade de Jena, onde foi discípulo de Rudolf Christoph Eucken. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.

Retornou a España a fins de 1910 para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de Metafísica da Universidade Central, que finalmente gañou José Ortega y Gasset. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en 1912, onde creou un laboratorio de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do ensino secundario en Francia, Bélxica e Prusia.[1]

En 1914 pasou ao instituto de Toledo. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En 1917 casou con María Francisca Romero, natural de Xinzo de Limia. En 1918 opositou para o Instituto Cardenal Cisneros, logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos. En 1919 e 1922 naceron os fillos, María dos Anxos e Anxo. Morreu en 1935 por un cancro hepático. Os seus restos foron trasladados de Madrid a Vilardevós en 2001.[1]

Obra

Ao longo da súa vida Eloy Luís André publicou unha obra que se pode cualificar de extensa. As súas publicacións atenden a varias vertentes básicas: os manuais de ensino, as publicacións de psicoloxía, os problemas educativos e os libros de creación filosófica propia, destacando neste sentidos os seus ensaios sobre mentalidade colectiva, talvez influído polo interese de Wundt na psicoloxía dos pobos. Outra faceta de André levouno a escribir artigos de economía, espallados en revistas e xornais.

Listaxe de publicacións

Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura.[4]
  • El histrionismo español: ensayo de psicología política. Barcelona. 1906.[3]
  • Ética española, problemas de moral contemporánea. Madrid. 1910.[5]
  • La mentalidad alemána. Madrid. 1914.[6]
  • La cultura alemana. Madrid, 1916.[7]
  • La educación de la adolescencia. Madrid. 1916.[8]
  • Dos idearios y dos democracias. Madrid. 1919.[9]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Toledo. 1919.[10]
  • Elementos de Psicología. Madrid. 1919.[10]
  • Ética individual y social. Madrid. 1920.[11]
  • Nociones de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1921.[10]
  • Resumen de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1924.[12]
  • Nociones de psicología experimental. Madrid. 1924.[13]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Lógica. Morfología mental. Madrid. 1925.[14]
  • El ferrocarril del Príncipe de Asturias. Madrid. 1926.[15]
  • El espíritu nuevo en la educación española. Madrid. 1926.[16]
  • Deontología. Breviario de Moral Práctica. Madrid. 1928.[17]
  • Rudimentos de Derecho español. Madrid. 1929.[18]
  • Ideario político de Espinosa. Análisis, comentario y crítica del ‘Tratado Teológico Político’. Madrid. 1930.[10]
  • Psicología experimental. Madrid. 1931.[19]
  • Españolismo: prasologio: pueblo y conciencia nacional. Madrid. 1931.[20]
  • Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensayos. Madrid. 1931.[4]
Placa dunha rúa de Vilardevós.
Obras colectivas
  • Velada en honor de Benito Espinosa. Madrid. 1930.[21]
Traducións

André fixo ademais varias traducións, desde o alemán e o francés:

  • Léxico de filosofía, de Alejo Bertrand[b], 1908.[10]
  • Filósofos contemporáneos, de Harald Høffding, 1909.[22]
  • Introducción a la Filosofía I e II, de Guillermo Wundt, 1911 e 1912.[23]
  • La vida. Su valor y su significación, de Rodolfo Eucken, 1912.[10]
  • Sistema de Filosofía Científica, 2 tomos, de Guillermo Wundt, 1913.[10]

Outros aspectos

O escritor galego Silvio Santiago realizou un breve retrato humano dun André xa entrado en anos na súa novela autobiográfica Vilardevós (1961, Galaxia).

Galería de imaxes

Notas

  1. Luís é apelido, aínda que sempre foi coñecido como André.
  2. Alejo Bertrand é o nome castelanizado de Alexis Bertrand (1850-1923).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas