Mandíbula: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 50 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q16370
Liña 53: Liña 53:
[[Categoría:Anatomía rexional]]
[[Categoría:Anatomía rexional]]
[[Categoría:Esqueleto]]
[[Categoría:Esqueleto]]

[[als:Unterkiefer]]
[[an:Variella]]
[[arc:ܦܟܐ ܬܚܬܝܐ]]
[[az:Çənə sümüyü]]
[[be:Ніжнесківічная костка]]
[[bg:Долна челюст]]
[[br:Gaved]]
[[bs:Donja vilica]]
[[ca:Maxil·lar inferior]]
[[ckb:شەویلگەی خواروو]]
[[de:Unterkiefer]]
[[dv:ކަތުރު ކަށިގަނޑު]]
[[el:Γνάθος]]
[[eo:Mandiblo]]
[[es:Mandíbula]]
[[fi:Alaleukaluu]]
[[fr:Mandibule (os)]]
[[fy:Undertsjeak]]
[[gd:Peirceall]]
[[gn:Tañykã]]
[[he:לסת תחתונה]]
[[hr:Donja čeljust]]
[[hu:Állkapocscsont]]
[[id:Tulang rahang]]
[[it:Mandibola]]
[[ja:下顎骨]]
[[ko:아래턱뼈]]
[[ku:Kajû]]
[[la:Mandibula]]
[[lt:Apatinis žandikaulis]]
[[lv:Apakšžoklis]]
[[nl:Mandibula (anatomie)]]
[[pl:Żuchwa]]
[[pt:Mandíbula]]
[[qu:K'aki tullu]]
[[ro:Mandibula]]
[[ru:Нижняя челюсть]]
[[sh:Donja vilica]]
[[sk:Sánka]]
[[sl:Spodnja čeljustnica]]
[[sq:Nofulla e poshtme]]
[[sr:Доња вилица]]
[[ta:தாடையெலும்பு]]
[[te:హనువు]]
[[tl:Pang-ibabang panga]]
[[tr:Mandibula]]
[[uk:Нижньощелепна кістка]]
[[ur:جبڑہ]]
[[zh:下颌骨]]
[[zh-min-nan:Hā-go̍k-kut]]

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2019 ás 23:34

Mandíbula
Mandíbula. Superficie exterior. Vista lateral
Mandíbula. Superficie interior. Vista lateral
Latín Mandibula
Gray tema #44
Precursor Primeiro arco branquial
Mandíbula humana

A mandíbula é cada unha das pezas da boca, óseas no caso dos vertebrados e quitinosas ou córneas no caso doutros animais. É un óso da faciana que permite a mastigación xunto co maxilar superior. A mobilidade da articulación temporomandibular permítelle a este óso elevarse, descender, lateralizalo e proxectarse cara adiante e atrás. Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros invertebrados é horizontal. En todos os animais as mandíbulas se utilizan para aprehenderen os alimentos e trituralos e, en moitos casos, tamén para se defenderen.

Nos animais superiores, a mandíbula é tamén denominada como maxilar inferior. No home coñécese popularmente como queixo ou queixada.

Estrutura da mandíbula humana

O maxilar inferior presenta dúas estruturas básicas:

  • Corpo: é a parte máis anterior do óso. Presenta:
    • Cara anterior: na liña media queda o gonion ou queixo, resultado da fusión dos maxilares de ambos lados. Permite ademais as insercións dos seguintes músculos:
      • Triangular dos beizos.
      • Cadrado da barba.
      • Cutáneo do pescozo ou platisma.
    • Cara posterior: atopamos unhas apófises centrais denominadas apófises xeni, que prestan inserción ós músculos xenigloso (que vai á lingua) e xenihioide (vai ó hioide). A ambos lados das apófises achamos unha liña de inserción para o músculo milohioide (que forma parte do chan da boca e chega ó hioide. Na liña media únense os milohioides de ambos lados). Esta cara tamén acolle ás glándulas sublingual e submaxilar.
    • Bordo superior: acolle ós dentes inferiores.
    • Bordo inferior: no que se atopan fibras de inserción do pletisma.
  • Pólas: cada unha permite na superficie externa a inserción do músculo pterigoideo externo. Superiormente continúanse coas:
    • Apófise coronoide: hai fibras de inserción do músculo temporal.
    • Apófise condilar: consta dun pescozo no que se insire o músculo pterigoideo interno. Tamén chegan aquí os ligamentos esfenomaxilar e estilomaxilar. O cóndilo artéllase co temporal. Para máis información véxase articulación temporomandibular.
    • Incisura: é o espazo entre ambas apófises. Permite o paso de vasos maseterinos.
    • Cara anterior das pólas: insírese o músculo maseter.
    • Cara posterior das pólas: co burato dentario para a arteria dentaria e o nervio dentario inferior.
    • Bordo posterior das pólas: forma a parte máis anterior da fosa pterigomaxilar.

Véxase tamén