Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
 
== Universidade ==
Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre [[Arizona Wildcats|Arizona]] e [[Kansas Jayhawks|Kansas]], decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un récord da [[Big 12 Conference]] de maior número de roubos de balón nunha tempada por un ''freshman'', con 89.<ref name="nba">[{{Cita web |url=http://www.nba.com/draft2008/profiles/MarioChalmers.html |título=Mario Chalmers Prospect Profile] |data-acceso=21 de setembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090307172011/http://www.nba.com/draft2008/profiles/MarioChalmers.html |dataarquivo=07 de marzo de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio [[Clyde Lovellette]] da Universidade de Kansas xunto con [[Julian Wright]] ao xogador máis mellorado da tempada.<ref name="bio">{{Cita web |url=http://kuathletics.cstv.com/sports/m-baskbl/mtt/chalmers_mario00.html |título=Mario Chalmers Bio |data-acceso=21 de setembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081229204935/http://kuathletics.cstv.com/sports/m-baskbl/mtt/chalmers_mario00.html |dataarquivo=29 de decembro de 2008 |urlmorta=si }}</ref>
 
Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o récord dos ''Jayhawks'' de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluído no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.
110.588

edicións

Menú de navegación