Lingua meglenorromanesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Linguas da República de Macedonia" pola categoría "Linguas de Macedonia do Norte"
mSen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
| escrita = [[alfabeto latino]]
| escrita = [[alfabeto latino]]
| fam2 = [[Linguas itálicas|Itálica]]
| fam2 = [[Linguas itálicas|Itálica]]
| fam3 = [[Románica]]
| fam3 = [[Linguas románicas|Románica]]
| fam4 = [[Linguas italo-orientais|Italo-oriental]]
| fam4 = [[Linguas románicas orientais|Románica oriental]]
| fam5 = [[Linguas balcorrománicas|Balco-románica]]
| oficial = ''Non é oficial''
| oficial = ''Non é oficial''
| regulador = ''Non ten regulación oficial''
| regulador = ''Non ten regulación oficial''

Revisión como estaba o 1 de maio de 2019 ás 01:11

Megleno-romanés
Vlăşească
Falado en: Grecia Grecia
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Romanía Romanía
Turquía Turquía
Total de falantes: 5.000-12.000
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Románica oriental
    Balco-románica
     Megleno-romanés
Escrita: alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: ruq
Mapa
Status

O meglenorromanés[1] é unha lingua romance integrante do conxunto das linguas romances orientais, emparentado co romanés que se fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur da Antiga República Iugoslava de Macedonia.

Os falantes deste idioma denomínanlle vlaheshte (valaco), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno-romanés é falado en 2006 por tan só entre cinco mil e doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ao nordés de Salónica, nas prefecturas gregas de Kilkís e Serres e en menor número en Macedonia do Norte inmediatos á fronteira grega próxima ao Meglená. Ao concluír a Primeira Guerra Mundial uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara Romanía estabelecéndose no poboado de Cerna, distrito de Tulcea mais, dadas as afinidades lingüísticas, o idioma megleno-romanés diluíuse ante o idioma dacorrumano.

É moi probable que o megleno-romanés derive do arromanés, por outra banda, dadas as moitas afinidades co istro-romanés algúns lingüistas consideran que o megleno-romanés é transnacional entre o arromanés e o istro-romanés.

Notas

  1. "meglenorromanés". Digalego. Consultado o 21 de febreiro de 2017.