Revisión como estaba o 27 de novembro de 2018 ás 12:16
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario AMPERIO (conversa·contribucións) realizou a última edición na páxina hai 5 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse.
As negociacións Vikzhel foron unhas conversacións, finalmente fracasadas, entre os partidos socialistas rusos impostas polo comité executivo do sindicato ferroviario ruso (Vikzhel) co fin de substituír o Sovnarkom, un Goberno exclusivamente bolxevique recentemente formado durante a Revolución de Outubro, por unha coalición das forzas socialistas.
Trala toma do poder do Sovnarkom durante a Revolución de Outubro, os seus opositores políticos socialistas recorreron ás armas. O comité executivo do Vikzhel, partidario da formación dun Goberno de coalición entre os diversos partidos socialistas, obrigoulles a iniciar negociacións para a súa creación. O Vikzhel ameazaba con paralizar o transporte ferroviario, fundamental para abastecer as cidades e transportar as tropas tanto do Sovnarkom como as dos seus adversarios...
Anastasia Nikolaevna Romanova (en ruso: Анастасия Николаевна Романова), nada en Peterhof o 5 de xuñoxul./ 18 de xuño de 1901greg. e finada en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918. Foi a filla máis nova do emperador Nicolao II, o último tsar da Rusia Imperial, e da súa esposa Alexandra Feodorovna. Anastasia foi a irmá menor das grandes duquesas Olga, Tatiana e María, e a irmá maior do tsarévichAleksei. Foi asasinada xunto ao resto da súa familia o 17 de xullo de 1918 por forzas da policía secreta bolxevique. A lenda de que Anastasia sobrevivira á Revolución Rusa estivo vixente durante todo o século XX e moitas impostoras afirmaron ser a princesa. A máis famosa delas foi Anna Anderson, pero a pesar do apoio que lle prestaron moitas persoas que coñeceran a Anastasia, as probas de ADN de Anderson no seu pano e pelo revelaron que non tiña ningún parentesco coa gran duquesa...