Tatiana Nikolaevna Romanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tatiana Nikolaevna Romanova
Gran duquesa de Rusia
A gran duquesa Tatiana Nikolaevna en 1914.

Nacemento10 de xuño de 1897
Peterhof, San Petersburgo, Rusia Imperio ruso
Falecemento17 de xullo de 1918 (21 anos)
Casa Ipatiev, Ekaterimburgo,Rusia RSFS de Rusia
SepulturaCatedral de san Pedro e san Paulo, San Petersburgo  Rusia
ProxenitoresNicolao II de Rusia
Alix de Hesse-Darmstadt

Escudo de Tatiana Nikolaevna Romanova
Na rede
WikiTree: Романова-17 Find a Grave: 6610991 Editar o valor em Wikidata

Tatiana Nikolaevna Romanova (en ruso: Татья́на Никола́евна), nada o 29 de maioxul./ 10 de xuño de 1897greg. e finada o 17 de xullo de 1918, foi unha gran duquesa de Rusia e segunda filla do tsar Nicolao II e a tsarina Alexandra Feodorovna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a primeira guerra mundial dirixiu o comité da Cruz Vermella e do mesmo xeito que a súa irmá máis vella, a gran duquesa Olga, atendeu soldados feridos nun hospital militar de 1914 a 1917, ata que foi detida xunto coa súa familia tras a Revolución rusa.

Foi asasinada por revolucionarios comunistas o 17 de xullo de 1918, o que motivou que fose nomeada «portadora da paixón» pola igrexa ortodoxa rusa, un cualificativo que define a unha persoa que enfronta a súa morte de maneira semellante a Cristo. Ademais de Olga, tiña dúas irmás máis novas, María e Anastasia, e un irmán máis novo, o tsarévich Aleksei. Por moito tempo rumoreouse falsamente que as irmás sobreviviran á execución e ducias de impostoras pretenderon ser as fillas do tsar. O escritor Michael Occleshaw especulou que unha muller chamada Larissa Tudor podería ser Tatiana; con todo, todos os Romanov foron asasinados polos bolxeviques.

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.