Illas de Nova Siberia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización das Illas de Nova Siberia en Rusia
Mapa das Illas de Nova Siberia en Rusia
Localización das Illas de Nova Siberia en Rusia

As illas de Nova Siberia (Ruso: Новосиби́рские острова́) son un arquipélago de illas árticas, situado ao norte da costa de Siberia Oriental, entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental.

Administrativamente, pertencen á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas de Nova Siberia cobren unha área de aproximadamente 29.000 km² e divídense en tres grupos ou arquipélagos menores:

  • illas Kotelny/Faddeyevsky, un conxunto formado por illa Kotelny (о. Коте́льный) (11.700 km²) e illa Faddéyevsky (о. Фадде́евский) (5.300 km²), que están unidas por medio das terras do Bunge (земля́ Бу́нге) (6.200 km²) (ocasionalmente mergullado baixo o mar)
  • illa de Nova Siberia (о. Но́вая Сиби́рь) 6.201 km²
  • illa Belkovsky (о. Бельковский) 500 km²
  • illas Lyakhovsky, con 6.100 km², ao sur, máis preto da costa siberiana, coas seguintes illas:
  • illas De Long, con 228 km², ao nordés de Nova Siberia, un grupo de pequenas illas:

A maior parte do arquipélago é chairo e está formado por restos de sedimentos. O cume máis alto é o monte (Malakatyn-Tas en Kotelny) con 374 m.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é ártico, a neve cobre as illas nove meses ao ano. A temperatura media en xaneiro: -28 °C a -31 °C. A temperatura en xullo: nas costas a auga ártica mantén a temperatura baixa, a temperatura máxima media rolda os 8 °C a 11 °C e a mínima -3 °C a 1 °C. No interior das illas, as temperaturas máximas en xullo son de 16 °C a 19 °C e a mínima de 3 °C a 6 °C.

Precipitación: ata 132 mm cada ano.

O permafrost atópase presente en todas as illas. Tamén se atopan cubertas por vexetación típica da tundra.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras noticias sobre a existencia destas illas chegaron a través dun Cosaco, Yákov Permyakov a principios do século XVIII. En 1712, unha unidade cosaca dirixida por M. Vagin alcanzou a illa Gran Lyákhovsky. A principios do século XIX, as illas foron exploradas por Yákov Sánnikov, Matvey Gedenschtrom e outros. viñeron sendo a localización de estacións permanentes de investigacións científicas desde 1930 aproximadamente. Aquí atópase a tundra desértica, cuberta de neve a maior parte do ano. Entre a súa fauna atópanse especies como o raposo ártico e o cervo do norte.