Conversa usuario:Elisardojm: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova sección: →‎Tech News: 2018-44
Etiqueta: Envío de mensaxes en masa
Liña 1.041: Liña 1.041:
</div></div> <section end="technews-2018-W44"/> 29 de outubro de 2018 ás 20:09 (UTC)
</div></div> <section end="technews-2018-W44"/> 29 de outubro de 2018 ás 20:09 (UTC)
<!-- Mensaxe enviada por User:Johan (WMF)@metawiki mediante a lista presente en https://meta.wikimedia.org/w/index.php?title=Global_message_delivery/Targets/Tech_ambassadors&oldid=18519160 -->
<!-- Mensaxe enviada por User:Johan (WMF)@metawiki mediante a lista presente en https://meta.wikimedia.org/w/index.php?title=Global_message_delivery/Targets/Tech_ambassadors&oldid=18519160 -->

== Xornal El Momento (Viveiro) ==

Bo día,

estou a realizar un traballo de investigación na Universidade de Santiago de Compostela sobre o xornal El Momento, editado en Viveiro entre os anos 1931 e 1934. Comprobei que colaborou vostede na edición da súa páxina na wikipedia, e gustariame saber se coñece algunha referencia documental máis alá das xa publicadas, ou se sabe da existencia de arquivos de hemeroteca, xa que eu non dou atopado ningún.

Moitas grazas de antemán, un saúdo

Revisión como estaba o 3 de novembro de 2018 ás 13:00

Benvido á Galipedia Elisardojm. Grazas por colaborar connosco. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.

A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un reservatario de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes --Lmbuga Commons - Galipedia 16:14, 9 novembro 2006 (UTC)

250k

Pois xa me contarás en que consiste. Saúdos --Sobreira (parlez) 02:50, 10 novembro 2006 (UTC)

Outra benvida

Benvido á Galipedia Elisardojm. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:33, 13 novembro 2006 (UTC)


Arquivo de conversas vellas:

3 de xullo de 2018 ás 00:46 (UTC)

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

"lonxitude"

Ola Eli.

Co movemento de "lonxitude" a "lonxitude (cartografía)", a primeira quedou baleira.

Esqueciches mover aí "lonxitude (homónimos)", non si? --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2018 ás 16:29 (UTC)[responder]

Non sei.
Por certo: Dúas cousas: Cando vaias pola terra, poderías tirarlle ao Pazo de Amarante de Santiago de Compostela? (edificio no que estiveron os xulgados e hoxe alberga o Consello Económico e Social de Galicia)
Outra: ¿O Paseo da Ferradura e os xardíns da Ferradura son a mesma cousa? É que hai un pé de foto nun libro que pon: "Nos xardíns da Ferradura, cando estaba no servicio militar (Santiago de Compostela, 1926)" e supoño que poderei poñer algo parecido, incluíndo [[paseo da Ferradura|xardíns da Ferradura]]. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2018 ás 09:22 (UTC)[responder]

9 de xullo de 2018 ás 23:10 (UTC)


Novas dudas

Ola de novo,

Hai unha cuestión que me preocupa, corrixiron un artigo que escribín substituíndo o modelo de artista polo modelo de biografía, que non está mal, pois é unha biografía; o que sucede é que no modelo de biografía que hai na Galipedia non hai o dato de nome completo, o cal é importante sobre todo en xentes das artes que adoitan ter pseudónimos ou nomes que non coinciden co seu nome de nacemento e que me parece que debería engadirse ao modelo. Outra das cousas deste modelo é que é reducionista ao denominar exclusivamente ao centro de estudos como alma máter. Como di a Galipedia sobre este termo, é para referirse aos estudos universitarios. Non todos os centros educativos son universitarios e, concretamente, no caso que me preocupa non o é, xa que logo cometeuse un erro. Debería engadirse ao modelo de biografía algo así como "centro de estudos".Eu non podo cambiar o modelo así que me gustaría coñecer a túa opinión. Grazas, un saúdo. --Wikinña (conversa) 10 de xullo de 2018 ás 19:44 (UTC)[responder]

Moitas grazas pola rapidez. Téñoche que pedir outra vez que por favor elimines da túa resposta o nome da persoa do articulo en cuestión, xa sabes por que cho pido, non creo apropiado que a miña páxina de conversa saia entre as súas referencias de Google. Dicíasme que non o entendías, podes comprobalo, pon "Elisardojm", así entre comiñas no buscador e verás que sae todo o teu.
Con respecto á referencia do nome, teño que pensalo porque que eu saiba nunca se utilizou de forma pública, o único que se me ocorre é conseguir a súa árbore xenealóxica, penso que é factible aínda que talvez un pouco esaxerado, non sei. Pódesme dar algunha suxestión?--Wikinña (conversa) 11 de xullo de 2018 ás 16:04 (UTC)[responder]
Non concordo pola razón que che dei ao principio desta conversa, pero esta ben, estou un pouco cansa deste artigo. Xa escribín catro ademais de bastantes correccións e ningún deume tanta lata como este, aínda que as nosas conversas fixéronme comprender a razón de porqué hai tan poucas fotos na Galipedia nos artigos de artistas.
Outra cousa, en lugar da tradución literal de wikidata "educated at" penso que estaría mellor o término "educación" como está por exemplo nos modelos artista ou pintor. Nada máis, grazas de novo e ata a próxima--Wikinña (conversa) 12 de xullo de 2018 ás 09:28 (UTC)[responder]

Máis sobre Carolina Casanova

Boas Elisardojm! Poderías conseguir a revista das festas de Vilaboa (Culleredo) de 2004? Nela hai un artigo titulado "Carolina Casanova: unha célebre cantante de ópera en Vilaboa" que podería achegar información para completar o artigo da soprano ferrolá. Un saúdo! Piquito (conversa) 13 de xullo de 2018 ás 22:23 (UTC)[responder]

Vale, teño aínda choio, así que vai tranquilo. Piquito (conversa) 14 de xullo de 2018 ás 23:16 (UTC)[responder]

Limón e limoeiro

Falando dos mil artigos, estiven revisando os 27 que nos quedan por facer dos de menos de 10.000 bytes, e penso que a "List of articles every Wikipedia should have" ten un erro gordo na ligazón de limón á wikidata. Fixen un cambio nesa ligazón que foi revertido ao pouco tempo e deixei as miñas opinións na sección "Lemon (and Soybean): Fruit vs Taxón" da conversa desa páxina. Se tes tempo, bótalle una ollada a ver que che parece. Perdoa que non deixe a ligazón pero non me lembro como se facía. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de xullo de 2018 ás 01:53 (UTC)[responder]

16 de xullo de 2018 ás 16:01 (UTC)

Campionato de Europa na Coruña

Boas Elisardo! Dende o pasado sábado ata o vindeiro domingo estase a disputar o Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018 na Coruña. Teño entendido que ti tes solicitado pases de prensa para tirar fotos en algúns eventos, non sei se che interesaría, mañán por exemplo xogan 10 dos 11 equipos (todos menos Suíza), e hai varias seleccións que non teñen imaxe (Austria, Bélxica, Inglaterra e os Países Baixos, se non lembro mal). Eu teño moi complicado ir (seguramente nin á final do domingo :,( ), se te interesa ir déixoche a ligazón aos horarios dos partidos por se queres achegarte a tirar algunha foto e ver algo de hóckey algún dos días que restan de competición. Piquito (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 00:08 (UTC)[responder]

Pois a ver que din. Mil grazas!! Piquito (conversa) 24 de xullo de 2018 ás 21:46 (UTC)[responder]

arranxiño

Ola Elisardojm. Na páxina de Presidente do Goberno de España, hai un problemiña na caixa. Alí, visualmente, aparece o campo, "nombeado", por nomeado. Porén, ao mirar na pantalla de edición, si que aparece como "nomeado". Serán as meigas ou é un problema do modelo? Podes botarlle un ollo? Graciñas.--MAGHOI (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 15:33 (UTC)[responder]

@MAGHOI: Feito! Feito! Banjo tell me 19 de xullo de 2018 ás 15:39 (UTC)[responder]
Moitas grazas Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:04 (UTC)[responder]

Artigo principal dunha categoría

Saúde meu. Veño de engadir a categoría Tectónica de placas ao artigo homónimo, penso que está ben ¿?. Ao abrir a categoría vexo que non aparece o artigo homónimo como artigo principal da categoría. Sabes cómo se fai? Xa contas. --Viascos (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:21 (UTC)[responder]

Acábome de decatar doutro problemiña, trabuqueime ao crear a páxina Placa Euroasiática e chameina Placa eurasiática. Poderíasme recordar os pasos a seguir para renomeala?, a ver se aprendo dunha vez. Grazas --Viascos (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:28 (UTC)[responder]

Casas dos concellos de Muras e Ourol

Boas Elisardo, hai uns días mirei que casas de concellos faltaban e estaban Ourol e Muras. Acabo de subir a Commons as fotos das dúas e cando ía subilas á Galería vin que xa estaban porque as fixeras ti. Borrarei as que subín eu? Púxenlles o mesmo título ca ti e non sei se poden confundirse. Non entendo como o sistema non me dixo que había outras imaxes co mesmo nome. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 21 de xullo de 2018 ás 21:38 (UTC)[responder]

Ok. Agora a ver se imos polas tres que quedan!! Xosé Antonio (fálame sempre) 21 de xullo de 2018 ás 22:52 (UTC)[responder]
Si, esas van ser bastante complicadas, pero pouco a pouco tamén caerán :), o que pasa é que ultimamente estou un pouco máis concentrado nas parroquias e a cousa vai ir máis lenta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2018 ás 22:59 (UTC)[responder]

24 de xullo de 2018 ás 09:44 (UTC)

30 de xullo de 2018 ás 14:05 (UTC)

The Signpost: 31 July 2018

citas curtas vs citas detalladas

Ola, estou pulindo este artigo Simone Veil ós poucos e creo que por conttidos podería optar a bo ou mesmo a calidade chegado o momento. Revisando os criterios de calidade eu entendo que non se poden misturar citas curtas (Harvard) con citas detalladas. É así? Debería entón cambiar as curtas (son minoría) a detalladas? Se é así vaise multiplicar o texto; pregúntome se podería prescindir de indicar as páxinas de cada extracto e reutilizar as obras usando unha mesma cita varias veces, para que non medre demasiado o texto en notas.

Sen présa, que ando a outras batallas...graciñas!--Maria zaos (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 07:26 (UTC)[responder]

Ok, entendido. Cando poida paso as curtas a detalladas con todos os campos (incluído páxina concreta). Graciñas!Maria zaos (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]

This Month in Education: July 2018

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 7 | July 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue


Featured Topic

Wikipedia+Education Conference 2019: Community Engagement Survey


From the Community

Young wikipedian: At WikiClub you get knowledge on your own will

Wikipedia in schools project at the "New Technologies in Education" Conference

Basque Education Program: 2017-2018 school year report


In the News

UNESCO ICT in Education Prize call for nominations opens

An educator's overview of Wikimedia (in short videos format)

Maratón (atletismo)

Ola, meu! Esta semana amáñoo. Xa ves a velocidade á que me movo esta tempada. E non é pola canícula. Saúdos!Agremon(contacto) 6 de agosto de 2018 ás 08:34 (UTC)[responder]

Grazas pola reversión dos cambios en "Ferrol".

Grazas pola túa (dobre) reversión de parte dos cambios feitos por min involuntariamente no artigo Ferrol. Non sei o que puido pasar para que me enredase con eses códigos. E non só grazas, senón tamén desculpas.--Moedagalega (conversa) 6 de agosto de 2018 ás 11:00 (UTC)[responder]

6 de agosto de 2018 ás 19:39 (UTC)

Seguindo coa asociación

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Erros en Traducións mediawiki

Ola! non din coa maneira de escribirche na páxina de conversa da mediawiki. Perdoa polo cambio de tratamento nas traducións, non sabía que estaba establecido que era linguaxe formal. Eu mirara as traducións que estaban feitas e había varias traducións cun tratamento máis "próximo". Vou entrar a desfacer logo. Outra cousa que fixen foi cambiar as "pescudas" por consultas, xa que pescuda é máis o proceso dunha investigación a través de distintos medios e xa existían traducións con consulta, que creo que é o termo máis adecuado. Dime se fixen mal nisto tamén e revirto. Mil perdóns pola novatada. Saúdos--Maria zaos (conversa) 9 de agosto de 2018 ás 12:03 (UTC)[responder]

Contéstoche na túa páxina de conversa de Translatewiki ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de agosto de 2018 ás 20:49 (UTC)[responder]

Votación administradores da interface e enmendas administradores

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:20 (UTC)[responder]

infotaules

Hola, he visto que estàs con las infotaulas de la cawiki. Les estamos dando un meneito para que la migración a otras lenguas sea más facil. La idea és que solo se tenga que instalar el modulo:wikidata (que le hemos hecho bastantes cambios en el último mes) y las nuevas versiones de las infotaules que estamos aun trabajando. Y ajustar, como veo que estàs tu ahora, las subplantillas que se usan. Pero lo mas importante es que se traducen solas segun la lengua local de la WP, de forma que el trabajo de traducción se limita a ajustar los nombres de items WD que llame y así la intervención en el código és mínima. Si te pasas por ca:Usuari:Amadalvarez/Infotaula multiofici y por ca:Plantilla:Proves persona/actor veràs unos cuantos ejemplos de como quedan. Que plan tienes ? y por donde vas ?. Igual te conviene esperar unos dias y enganchar al nueva versión. Parlem !. --Amadalvarez (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 23:34 (UTC)[responder]

RESPUESTA TRASLADADA DESDE ca:ususari discussió:amadalvarez peara mantener conversación entera aquí.
Hola, muchas gracias por contactar por este tema porque estoy más perdido que un pulpo en un garaje... Un usuario de gl.wiki me comentó que aquí teníais unas plantillas que estaban muy bien porque unificaban varias fichas y obtenían mucha información de WD, y me puse a trabajar para intentar pasar a gl.wiki la ca:Plantilla:Element hidrografia, el problema es que cada vez que traslado una plantilla esa tiene otras tres o cuatro que no tenemos, y módulos y páginas de documentación y..., llevo más de dos semanas trabajando en esto y me parece que cada vez hay más modelos que copiar... :( Lo peor es que con tanto código no se si al final funcionará, y puedo echar semanas trabajando para nada...!
El plan sería adaptar los modelos de ca.wiki que simplifican la generación de las fichas y que obtienen datos de WD. Las páginas de prueba que me has indicado están genial, si puedo ayudar en algo para que el proyecto avance solo tienes que decírmelo, aunque yo de codificar en Lúa no sé demasiado, lo máximo que podría hacer sería traducir cosas de inglés a castellano o gallego...
Lo que he echo para traer el modelo de hidrografía es ir copiando y adaptando todos los modelos que me he ido encontrando, no sé si crees que puede haber otra forma más sencilla... Saúdos, --Elisardojm (disc.) 02:25, 11 ago 2018 (CEST)
Me lo temia. Mi recomendación es que esperes que acabemos los cambios que estamos haciendo (por ejemplo, "elemento hidrografia".... desaparece y se fusiona con Indret, una especie de "geografia física". Mira ca:plantilla:proves indret). Aprovecharemos para hacer un manual de instalación. Estoy hablando de final de agosto-primera quincena setiembre. Un ratito.
Cuando necesite algo de LUA te lo pediré, perquè yo sé 0,0. El maestro es el Vriullop (conversa · contribucións). Cuando nos metimos en esta aventura decidimos que los núcleos mas básicos y poco canviables por la demanda de los editores los hariamos en LUA y lo mas susceptible de canviar por evolución estetico-funcional lo hariamos con templates para que mas editores pudieran participar. Si quieres avanzar trabajo puedes asegurarte que vuestras versiones de los módulos esenciales estan a nivel de las nuestras (que a su vez intentamos no apartarnos de la versión enwiki). Para empezar, deberias mirarte:
  1. plantilla i ca:Mòdul:Infobox, plantilla i ca:Mòdul:Infobox3col, ca:Mòdul:Infoboximage, Plantilla i ca:mòdul:Comma separated entries, las plantillas (varias) del ca:mòdul:string i ca:mòdul:stringFunc, ca:mòdul:delink, ca:mòdul:if empty, ca:mòdul:coordenades, etc...Los típicos que te muestra cuando haces un previsualizar de una plantilla, al final de todo.
  2. ca:mòdul:convert, en este caso con el tratamiento de las unidades propio de glwiki.
  3. los módulos que, partiendo de la version enwiki han evolucionado hasta ser propios són: ca:mòdul:wikidata (i família wikidata/....) y, en menor medida ca:mòdul:wikibase. Ahora mismo los podrias copiar porque se han acabado los cambios y ayer mismo se pasaron a producción después de un mes en pruebas. Però polo por detrás de la otra lista por si sale algun ajuste.
Bueno, hasta aquí. Que si no te acabaré pasando el installation kit en la página de discusión. Ja me diràs que te parece mi sugerencia. Salut ! --Amadalvarez (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 05:30 (UTC)[responder]
@Amadalvarez: Que me parece la sugerencia?? Pues me parece fantástica! :D, porque justo ayer me estaba planteando tirar con todo y deshacer todo lo que había copiado porque no veía que fuese a conseguir nada. Y por las fechas no te preocupes, no tenemos ninguna prisa, esto simplemente ha sido una idea que comenzó hace unas semanas y yo sólo estaba mirando si sería posible aplicarla en gl.wiki.
Otra cosa, si Vriullop (conversa · contribucións) está trabajando en el código, yo no pinto nada porque es como si pusieses en una carrera a Usain Bolt y a un bebé :D
Me pondré a revisar esas plantillas y módulos, e intentaré que tengan todas las funciones de ca.wiki, cuando las tenga ya te aviso para seguir con los siguientes pasos o lo que sea necesario. Muchas gracias! Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 07:51 (UTC)[responder]
Comparto tu opinión sobre el potencial del Vriullop, però diversificar es saludable y para ir al pueblo de al lado, no cogeras un Jumbo 747, verdad ?. No todas las cosas que se necesitan en LUA requieren el mismo nivel. Te han gustado las muestras de geografia física 100% WD ?--Amadalvarez (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 08:12 (UTC)[responder]
@Amadalvarez: Muy bien, en lo que pueda contad conmigo :) Sobre las plantillas, están genial, y creo que serán un gran avance para las wikis :) Saludos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 08:40 (UTC)[responder]

No exageréis que entonces me ponéis el listón muy alto :-) Comprendo el desconcierto cuando uno empieza a copiar una plantilla y se abre una cadena que parece que nunca se acaba. Es algo que tendremos que mejorar. @Amadalvarez: Tenemos que documentar las dependencias. Cuando son directas, usadas solo por una plantilla o módulo, entonces mejor en subpágina y un enllace a todas las subpáginas. Cuando son compartidas entonces hay que listar todas las plantillas o módulos dependientes que se usen. Es posible que las más comunes ya existan pero con otro nombre local que habrá que corregir o bien crear redirecciones. --Vriullop (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 18:54 (UTC)[responder]

@Amadalvarez: @Vriullop: Si, sería muy interesante tener controladas todas las plantillas y módulos necesarios, pero me parece que va a ser una tarea bastante complicada, ya os digo que yo en este proceso acabo de crear más de 25 plantillas y módulos, incluyendo algunas páginas de ayuda, y aún las que me faltan! Claro que todo dependerá de los modelos que tengan en cada wiki... Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2018 ás 20:30 (UTC)[responder]
Respecto de las dependencias, y por si sirve de algo, las que necesité yo en gawiki fueron estas: ga:Plé teimpléid:WD Bosca Sonraí. Paucabot (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 12:41 (UTC)[responder]
Vale, revisaré esa lista, muchas gracias! Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2018 ás 15:07 (UTC)[responder]

13 de agosto de 2018 ás 17:53 (UTC)

Grazas

Gazas por poñer hora e data. Coa tablet non e apaño. Agremon(contacto) 14 de agosto de 2018 ás 11:33 (UTC)[responder]

20 de agosto de 2018 ás 16:46 (UTC)

27 de agosto de 2018 ás 16:16 (UTC)

The Signpost: 30 August 2018

This Month in Education: August 2018

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 8 | August 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue
From the Community

The reconnection of Wikimedia Projects in Brazil

Christ (DU) students enrolls for 3rd Wikipedia certificate course

Educational wiki-master-classes at International "Selet" forum

54 students help enrich the digital Arabic content

From the Education Team

Mapping education in the Wikimedia Movement

3 de setembro de 2018 ás 16:48 (UTC)

Sabes algo?

Boas Elisardojm! Veño de propoñer para calidade o artigo do Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018, sabes se a organización puxo as imaxes de Facebook cunha licenza compatible? O artigo ten imaxes, pero estaría moi ben que houbera algunha do propio evento, se non o fixeron igual poderían animarse a subilas ou poñer unha licenza compatible se se enteran da proposta, que opinas? Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 00:52 (UTC)[responder]

Artigo: Inés Pérez de Ceta

Boas, Elisardojm. Boas, HombreDHojalata. Poñemos esta mensaxe nos dous perfís, por se acaso. Aquí, wikiaprendendo, e wikidubidando, sobre as correccións a Inés Pérez de Ceta --Elisardojm, na sección "Traxectoria", suprimes esta cita: "Cumprido un ano da creación do beaterio, primeiro instalado nunhas casas humildes do Areal, solicítalle ao nuncio licenza para que a casa profesase baixo a Regra da Terceira Orde de San Francisco. Ao ser concedida chega á comunidade Dna. María de Melide, monxa de Santa Clara en Pontevedra, que fixo as veces de superiora. Nun primeiro momento dependeron do bispado de Santiago e logo pasou a depender de Tui.[1]" Agora ben, (1) a cita aporta información exacta sobre a fundación da comunidade; (2) coa súa supresión resulta inintelixíbel o parágrafo resultante, pois non se entende a referencia á rápida constitución e aparece repetido o nome da biografiada de maneira innecesaria. Xohanatorres somos partidarixs de manter a edición con cita. Poderías resolver? --HombreDHojalata, engades, e con razón, unha variación no nome, "Pérez de Zeta", que, segundo a nosa pescuda está documentada no s. XVII (vid. España Sagrada. Theatro geográfico-histórico de la Iglesia de España, t. XXIII, 1767); non sabemos se antes. Agora ben, revisamos a bibliografía á nosa man e comprobamos que o nome no documento de constitución do beaterio, de 1553, aparece como "Pérez de Çeta", con cedilla (vid., desde Bibliografía do artigo, Otero Piñeiro, que estudia e transcribe fragmentos desa constitución, p.e., nas páxinas 218-219. En documentos notariais de Baiona -de onde procede a familia- e escritos en galego, aparece como nome de rúa: no de 1274 documéntase unha "rúa Ceta" e noutro, de 1319, aparece "rua Çeta" (vid. reproducción en Xulián Maure, https://issuu.com/pontederosas/docs/documentos_baiona_xiii_e_xiv). Cremos que se debería consignar, xa que iso explica de seu a evolución cara ao antropónimo moderno "Ceta", que é a forma regularizada nas fontes dos s. XX e XXI. Xohanatorres non sabemos de paleografía e nin como wikiconsignar esta variante Çeta, máis antiga que Zeta, no nome de Inés Pérez de- con wikicriterios. Alén diso, os datos anteriores ofrécennos dúbidas sobre como debería ser denominada a familia: "Casa de Ceta" ou "Casa de Çeta"? Descoñecemos cal é a denominación máis adecuada segundo os wikicriterios; desde logo a actual é "Casa de Ceta".

Saúdos.--Xohanatorres (conversa) 5 de setembro de 2018 ás 05:36

Referencias

  1. PARES, [s.d.].

Estatutos

Moitas grazas. Cada día, entre unhas e outras cousas, teño máis fallos.--Agremon(contacto) 5 de setembro de 2018 ás 13:06 (UTC)[responder]

Si, Había dous comentarios que podían inducir a erro pola redacción. Sinxelamente, supriminos. Non atopo nada máis.--Agremon(contacto) 10 de setembro de 2018 ás 12:04 (UTC)[responder]

É certo que non estou moi fino ultimamente, pero coido que está claro: Non vexo a necesidade, pero si a conveniencia. ;-) --Agremon(contacto) 11 de setembro de 2018 ás 11:44 (UTC)[responder]

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)[responder]

10 de setembro de 2018 ás 22:36 (UTC)

Categorías

Bo día Elisardo. Fuchicando por aí, atopei aquí [[57]], 2 categorías baleiras que habería que borrar. En concreto, a nº 2 e a 14, que xa aparecen resaltadas. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2018 ás 09:12 (UTC)[responder]

foto commons e liberdade de panorama

Ola, teño que mirar máis o tema, pero polo momento creo que a solución a curto prazo é a) pixelar/difuminar la cara do cartel que está situado no centro da foto. (Creo que foi debido a isto que a tiraron, porque ten un lugar prominente na composición), por se acaso igual tamén un pouco o seguinte de cor azul b) tirar unha nova foto con outra perspectiva de xeito que xa non esté no centro da foto (si, xa sei, na outra beirarrúa hai máis do mesmo). Seguirei mirando, pero ando bastante liadiña esta semana. Saúdos--Maria zaos (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 06:50 (UTC)[responder]

17 de setembro de 2018 ás 21:58 (UTC)

Commons e liberdade de panorama

Ola, non te entendera ben. Se a túa intención era precisamente tirar a foto do cartel pois aquí vai a explicación (non significa que estea de acordo, ollo). A liberdade de panorama baséase na filosofía de que os creadores de obras artísticas que van ser expostas en lugares públicos xa están doblemente remunerados: en orixe polo encargo e a perpetuidade porque a localidade en cuestión xa lles cede un espazo prominente de promoción da obra/persoal de balde, é por iso que non poden ser remunerados a maiores polas fotos feitas na vía pública nas que saian as súas obras. Ou sexa, non é o feito de estar na rúa, senon que se entende que xa teñen abondo remunerados con os seus dereitos e non poden voltar a ingresar máis cartos polo mesmo concepto. No caso dos carteis electorais non é que se "pise" a lei de panorama, é que, polo que sexa, non se lle aplica. Posibles razóns que me veñen á cabeza 1)os carteis non son considerados obras artísticas 2) son obras "contratadas" así que quen deseñou os carteis xa recibiu os seus cartos do partido que llas engargou e polo tanto aplicaselle outra "normativa". Que un concello conceda un permiso para ocupación da vía pública non ten a ver con que o cartel teña dereitos de seu e polo tanto non se poida reproducir libremente. Se fose correcto que calquera cousa no espazo público é "libre" daríase o caso de que non estariamos autorizados reutilizar a foto do cartel descargada de internet por exemplo, pero si traballar cunha idéntica a partir do recortado da túa foto, o que sería absurdo/inxusto. Así é como eu o vexo, pero a verdade é que de panorama non controlo moito, dígocho un pouco de cabeza porque non tiven moito tempo a investigar estes días, ando liada con outras cousas. Doume conta de imaxes de carteis electorais no Commons, de referendos en Francia, ver Simone Veil así que no caso de propaganda electoral algo me dí que haberá unha excepción -lóxica por outra banda- pero hai que comprobalo ben para o caso do territorio español. Á volta, en Outubro, mírocho con calma--Maria zaos (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 07:25 (UTC)[responder]

Lei da gravitación universal

Elisardo, coido que está ben así, con da. A gravitación, dicimos, e non comezamos con gravitación... Saúdos, --Agremon(contacto) 20 de setembro de 2018 ás 20:36 (UTC)[responder]

Non pasara polos artigos. Tes razón, a iso hai que darlle un bo toque. Pero terá que esperar ata despois de Santiago.--Agremon(contacto) 20 de setembro de 2018 ás 21:52 (UTC)[responder]

Vexo que xa o 'amañaches' Agremon(contacto) 23 de setembro de 2018 ás 13:19 (UTC)[responder]

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Grazas polo aviso da xuntanza do sábado. Vino a tempo, pero non me era posible asistir. Estou ben interesado en que ese proxecto saia ben, así que gustarame estar informado. Unha aperta e obrigado por te acordares de min. Saúdos --Satna (Ti dirás) 24 de setembro de 2018 ás 20:23 (UTC)[responder]

Avisos no Sitenotice

Xa o retirei. Grazas por avisarme, non me lembraba desa votación. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 24 de setembro de 2018 ás 09:53 (UTC)[responder]

24 de setembro de 2018 ás 15:23 (UTC)

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

The Signpost: 1 October 2018

1 de outubro de 2018 ás 17:35 (UTC)

istatutus

Hai que movelos xa, a Wikipedia:A3Gal/Estatutos. Onde se propón? Ou faise xa? ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de outubro de 2018 ás 12:10 (UTC)[responder]

PNG a 300 e 400 puntos por pulgada. ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de outubro de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]

Fidias

Ola Elisardo. Lieime un pouco co tema das categorías, e crei, por erro, aquí --> https://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Esculturas_por_escultor, unha categoría chamada Fidias que está baleira e,cando poidas, habería que borrar. Graciñas e un saúdo.--MAGHOI (conversa) 2 de outubro de 2018 ás 20:21 (UTC)[responder]

Linguaxe inclusiva

Boas, Elisardo, creo que si sería positivo facer a enquisa. De saír que non, espero que se poida incorporar nun futuro. Lles (conversa) 3 de outubro de 2018 ás 06:52 (UTC)[responder]

Por min, ben. Non creo que teña nada que lle poida parecer pouco neutral a ninguén, por se acaso, poderiamos preguntarlle ás persoas activas na Taberna por se alguén ve falta de neutralidade na pregunta. Lles (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 07:15 (UTC)[responder]

Fusión elementos wikidata

Boas Elisardojm, por casualidade non saberás como hai que facer para fusionar os elementos Q3885130 e Q6052216 en wikidata? Ambos son sobre as Ordenanzas de 1311 pero por algunha razón o artigo en castelán (e o galego que foi tradución deste) non aparecen vinculadas co inglés. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 4 de outubro de 2018 ás 15:51 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2018 ás 20:07 (UTC)[responder]


@AMPERIO: É moi sinxelo:

--. HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2018 ás 20:19 (UTC)[responder]

Moitas grazas HombreDHojalata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 05:55 (UTC)[responder]
Grazas @HombreDHojalata:, aínda que eu debo ter unha configuración distinta xa que non me aparece o Máis ao carón da estreliña. Mirarei a ver se atopo onde me sae a min. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 07:37 (UTC)[responder]

Crebar ou quebrar

Ola, Elisardo. En galego é crebar ou quebrar. Tamén, con coidado e en determinados contextos pode valer escachizar ou esnaquizar (pero máis no sentido que en castelán ten hacer añicos. Non che podo mirar agora mesmo os dicionarios en papel cast-gal porque estou fóra uns días e escribo rapidamente dende o móbil, pero en todo caso a opción segura é esa: crebar (un dente, un muro...). Saúde. --Atobar (conversa comigo) 6 de outubro de 2018 ás 09:50 (UTC)[responder]

8 de outubro de 2018 ás 23:38 (UTC)

Modiificación en texto de portada

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

This Month in Education: September 2018

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 9 | September 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!


In This Issue
From the Community

Edu Wiki Camp 2018: New Knowledge for New Generation

Education loves Monuments: A Brazilian Tale

“I have always liked literature, now I like it even more thanks to Wikipedia”. Literature is in the air of WikiClubs․

History of Wikipedia Education programme at Christ (Deemed to be University)

Preparation for the autumn educational session of Selet WikiSchool is started

Wiki Camp Doyran 2018

Wikicamp Czech Republic 2018

Wikipedia offline in rural areas of Colombia

From the Education Team

Presentation on mapping education in the Wikimedia Movement

Modelo de biografías

Ola. Atopei no cadro de datos da páxina de André Pichot, que aparecía en Ocupación "filósofo da ciencia e historiador da ciência". Obviamente, o problema está en ciência, con acentuación á portuguesa.Miguelferig (conversa) 10 de outubro de 2018 ás 18:02 (UTC)[responder]

Cine > Cinema

Xa desfixen os cambios. Perdoa pola confusión e polas molestias.--Breogan2008 (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 10:10 (UTC)[responder]

15 de outubro de 2018 ás 22:41 (UTC)

Resposta de Openbank

Boas, xa chegou a resposta de Openbank á consulta sobre a conta. Podedes ver o contido e comentar os pasos a seguir en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 12:54 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha lista de mensaxes en masa de usuarios interesados na asociación A3GAL, se non queres recibir máis avisos desta lista, borra o teu usuario en Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL

Sobre traducción

  • Yo puedo editar en castellano, y te agradeceré que traduzcas a gallego. Además añadirías las imágenes o figuras si el artículo requiriese. Yo uso traductor de Google. No quiero crear altercados ni salir humillado. Hasta cualquier ocasión. --Qatariq (conversa) 19 de outubro de 2018 ás 03:37 (UTC)[responder]

22 de outubro de 2018 ás 23:12 (UTC)

Índice de aves

Ola. O que lle vexo a ese índice é que non indica a equivalencia do nome común co nome científico, polo que non se sabe de que especie se trata. É útil no sentido de que se sabe que eses nomes están referenciados en galego, cousa que na páxina da Lista das aves de Galicia ás veces non están especificamente referenciados e non estás seguro se aparecen realmente no libro ou foron engadidos por alguén. Ademais faltarían os nomes que usa a Sociedade Galega de Ornitoloxía (os de Conde Teria). Pero segue tendo o problema que indiquei ao principio.

Outra cousa, na páxina da Lista de aves de Galicia aínda teño moito que traballar, porque se me presenta a dúbida de se incluír todas as que menciona Penas Patiño ou non, xa que algunhas son aves extremadamente raras, casos accidentais extrañísimos cunha ou dúas mencións en décadas e ás veces nin sequera se sabe seguro se a identificación foi correcta, polo que non sei at que punto se poden considerar auténticas aves "galegas". Entón, non sei se excluír esas ou incluílas tamén. En principio fun borrando moitas, pero se facemos a Lista moi completa habería que incluir tmén esas rarezas. O libro de Penas Patiño é moi gordo e contén centos de especies. Outra cousa que se podería facer é facer unha lista á parte ao final da páxina coas aves moi raras.--Miguelferig (conversa) 23 de outubro de 2018 ás 15:43 (UTC)[responder]

RE

Boas... Non entendo ben qué queres dicir. Unha cousa é clasificar un templo polo seu culto e outra polo seu país. --Norrin (Fálame) 24 de outubro de 2018 ás 07:30 (UTC)[responder]

Vale... xa lin a conversa de Xabier e entendo o que dis. Pero eu o que estou a facer e clasificar os templos segundo o seu culto. Un exemplo: a catedral de Colonia: é unha catedral gótica situada en Alemaña e de culto católico. Polo tanto, debería ir en:
  • Categoría:Catedrais de Alemaña --> por ser unha catedral de Alemaña.
  • Categoría:Igrexas góticas --> por ser unha igrexa gótica
  • Categoría:Igrexas católicas de Alemaña --> por ser un templo católico de Alemaña.

Non todas as catedrais de Alemaña son góticas, nin son católicas. --Norrin (Fálame) 24 de outubro de 2018 ás 07:34 (UTC)[responder]

Sobre a túa mensaxe: dis que temos Catolicismo > catolicismo por país > catolicismo en España > Basílicas de España, polo que non se poden meter os artigos das basílicas, e outras igrexas, nesa categoría de igrexas católicas.
Non entendo ben porqué non se pode. Certo é que as basílicas si son tipos específicos de igrexas católicas, non existentes noutras confesións cristiás, pero iso non sucede coas catedrais e coas igrexas en xeral. --Norrin (Fálame) 24 de outubro de 2018 ás 07:40 (UTC)[responder]

Preparación do servizo ORES na Galipedia

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Terraza fluvial

Non me parece que sexa exactamente así. O DRAG define terraza e socalco. En terraza non lle engadiu o significado de terraza fluvial, pero en socalco os significados que dá son relacionados todos coa agricultura e non di nada tampouco de que sexan terrazas fluviais. A palabra terraza referida a esa formación erosiva xeomorfolóxica dos ríos é practicamente unánime en todos os idiomas (terraza, terrace, terrasa, terrazzo, Flussterrase, terasa, terasi, Rivierteras...), como podes ver nas outras páxinas das demais wikipedias. Mesmo os portugueses, que non fixeron aínda a súa páxina, din terraço fluvial, termo que aparece usado na wikipedia portuguesa nos textos de numerosas páxinas e en enciclopedias, e os portugueses teñen tamén a palabra socalco, con significado agrícola. O termo terraza fluvial considérase termo preferente no Vocabulario de Ciencias Naturais (Xeoloxía) de 1991 da Xunta. Hai un Léxico de arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, 1996, que si usa socalco como preferente pero ese léxico refírese ao ámbito da arqueoloxía, historia, xeografía... É fácil confundir o que é un socalco agrícola e unha terraza erosiva natural, polo que unha das cousas que hai que advertir na páxina é que non se confundan. A terminoloxía usada, como admite sinonimias, é confusa e pouco traballada e pode contribuír a esa confusión. Eu atopei esa referencia do campo xeolóxico que lle dá preferencia a terraza (igual que no resto dos idiomas) e incorporeina á páxina e usei ese termo como nome da páxina.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 20:21 (UTC)[responder]

Escolla da entidade bancaria para a asociación

Escolla da conta para A3GAL

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Consulta banco están as opcións que atopamos para a conta bancaria da asociación. Se vos parece ben, que cada un vote a opción que lle pareza mellor durante esta finde. Se alguén quere engadir algún outro banco ou ten algunha obxección, que achegue a información ou que comente as dúbidas que teña e entón atrasaremos a votación. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 22:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario Usuario:MediaWiki message delivery/A3GAL.

Alto o fogo / Alto o fogo de ETA...

Ola, Elisardojm: Creo que estas dúas páxinas deberían mudar a "Cesamento do fogo" e "Cesamento do fogo de ETA ...", que son as formas correcta; mais eu non sei como facelo. Se consideras que estou no correcto, poderías facelo?Vitoriaogando (conversa) 27 de outubro de 2018 ás 08:46 (UTC)[responder]

The Signpost: 28 October 2018

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de outubro de 2018 ás 19:11 (UTC)

29 de outubro de 2018 ás 20:09 (UTC)

Xornal El Momento (Viveiro)

Bo día,

estou a realizar un traballo de investigación na Universidade de Santiago de Compostela sobre o xornal El Momento, editado en Viveiro entre os anos 1931 e 1934. Comprobei que colaborou vostede na edición da súa páxina na wikipedia, e gustariame saber se coñece algunha referencia documental máis alá das xa publicadas, ou se sabe da existencia de arquivos de hemeroteca, xa que eu non dou atopado ningún.

Moitas grazas de antemán, un saúdo