Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 8

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo das conversas do terceiro cuadrimestre do 2014:

Contesto as túas preguntas sobre as arqueas. A primeira frase de que me falas refírese a que a luz ultravioleta é o factor que fai (ou media para) que esas células se xunten ou agreguen, uníndose por uns "pelos" (pili de tipo IV) da súa superficie, e despois intercambien con alta frecuencia material xenético, o que se detecta examinando os marcadores cromosómicos. Este intercambio de ADN, e a recombinación dentro da célula do ADN intercambiado, fai que a célula poida reparar os danos no ADN (usando o ADN novo recibido) e que se produzan transferencias de xenes ("horizontais") entre elas. A frase é correcta, pero hai que recoñecer que toda a sección é complicada porque trata de xenética molecular, que sempre é bastante técnica e usa conceptos especializados, que quizais non se entenden inmediatamente, pero é que a sección trata diso, precisamente, e ten todas as ligazóns para eses conceptos que se poden poñer na Galipedia. Pero seguramente se podería redactar todo doutra maneira; intentareino con tempo a ver. É que me guiei polo orixinal inglés, que se expresaba máis ou menos como o que puxen eu.

En canto á segunda frase penso que é correcta. Hai arqueas autótrofas porque absorben C inorgánico do CO2 (pero non fan unha fotosíntese como a das plantas), que o obteñen mediante o proceso chamado fixación do C (pasar o C do CO2 a unha substancia orgánica). As arqueas autótrofas usan diversos modos para fixar o CO2: poden usar ou ben variantes do ciclo de Calvin (este ciclo é o normal na fotosíntese) ou ben unha vía nova recentemente descuberta, a vía 3-hidroxipropionato/4-hidroxibutirato. A miña frase inicial era tradución da frase inglesa que dicia ...either ... or...., que iso se traduce por ou .... ou, ou tamén quer... quer. Esta expresión quer... quer... é perfectamente galega e correcta e equivale a ou... ou. Quizais non é o que máis se usa hoxe porque todo o que sexa distinto de como se di en castelán acaba por ir desaparecendo, pero é unha forma que vén en todas as gramáticas e nos escritores (lémbrome dun prólogo de Curros Enríquez), etc. Póñoche o significado de quer no DRAG aquí, que a caracteriza como conxunción e dá o exemplo "Héivolo traer aquí, quer vivo, quer morto". Se queres podemos cambiala por ou... ou, que é máis entendible hoxe (porque innumerables expresións galegas se están perdendo), polo que quedaría por exemplo "ou por unha forma moi modificada do ciclo de Calvin ou por unha vía metabólica recentemente descuberta chamada ciclo do 3-hidroxipropionato/4-hidroxibutirato". Da forma en que o puxeches ti penso que non é correcto, porque das a entender que o ciclo do 3-hidroxipropionato/4-hidroxibutirato é unha variante do ciclo de Calvin, cando en realidade son dous ciclos moi distintos. En consecuencia volvín a cambiar a frase poñendo ou... ou (se non queres que poña a forma máis enxebre quer... quer). Outro problema é que debía de haber na galipedia unha páxina sobre as distintas formas de fixación do carbono (igual a fago eu máis adiante).

Grazas polo teu interese pola páxina. Se atopas algunha outra cousa rara avisa, que a revisarei. Sempre é posible que haxa algo mal ou que haxa cousas que estarían mellor redactadas doutro xeito.--Miguelferig (conversa) 25 de xuño de 2014 ás 16:46 (UTC)[responder]

Está ben o apartado de Historia. Engadín tamén partes de Clasificación, árbores filoxenéticas e engadín algo en evolución tomado de es.wki.--Miguelferig (conversa) 28 de xuño de 2014 ás 11:43 (UTC)[responder]
Creo que agora o artigo é perfectamente comparable cos doutras wikipedias que están considerados artigos de calidade ou bos, así que ti verás. Aínda se poderían facer máis cousas na páxina, como facer páxinas para algunhas ligazóns en vermello que poden ser interesantes (pero iso non se vai poder completar en todas porque son moitas), pereo xa estou facendo unhas cantas. Hai tamén unha árbore filoxenética circular, que está sen traducir (aínda que a maioría dos nomes son nomes científicos), pero non é simplemente unha imaxe senón un modelo no cal ao premer sobre cada nome dentro da imaxe vas á páxina dese nome, polo que non sei moi ben como se fará, teño que miralo con calma, porque teño medo que se traduces a imaxe e ao mellor os cambias un pouco de lugar despois non funcionen esas ligazóns. E algún detalle máis na redacción.--Miguelferig (conversa) 29 de xuño de 2014 ás 11:10 (UTC)[responder]
Xa vin a tradución do modelo do FilomapaA. Penso que está ben e aparentemente as coordinadas coinciden e pódese ligar con todas as páxinas dos nomes. Fixen algúns cambios nas ligazóns para que non teñan redireccións e teñan o nome directo da páxina, e cambiei a redirección de Chloroflexi, porque a páxina Cloroflexos xa existía (coa redirección Chloroflexi, pero non coa redirección Chloroflexi (filo)), e puxen a redirección termófilo en termófilas. A única páxina dos nomes do modelo sen facer é a de mofos mucosos; o máis parecido é mixomicetos, pero hai fungos mucosos que non son micetozoos, xa que é un deses termos tradicionais que actualmente non ten correspondencia cun grupo taxonómico determinado. Máis adiante seguramente haberá que facer unha páxina para eles explicando iso. As coordenadas do FilomapaA son un pouco raras e eu non as entendía. Eu as que entendo son as coordenadas X e Y como as que hai por exemplo en Modelo:Mapa da sinapse. Por certo, ultimamente non podo subir imaxes a Commons porque non me funciona o Upload Wizard automático novo que puxeron (polo menos non con Internet Explorer), xa que queda atascado na primeira páxina. Teño imaxes traducidas desde hai semanas e non as podo subir. Pásalle iso a todo o mundo?
Estes días estiven a facer moitas páxinas de ligazóns que estaban en vermello na páxina das arqueas, e creo que as máis importantes xa están feitas, polo que se pode dar por concluído o traballo principal. De todos modos, sempre poderei ir facendo algunhas páxinas máis para ligar, pero xa non hai ningunha moi urxente.--Miguelferig (conversa) 2 de xullo de 2014 ás 09:54 (UTC)[responder]
Na páxina de arqueas xa non vou facer moitos máis cambios significativos, polo que polo que a min respecta está lista. O que estiven a facer foi, principalmente, outras páxinas para que tiveran ligazóns, por iso agora ten moitas menos ligazóns en vermello que antes. A maioría das que quedan en vermello son case todas ligazóns de biografías ou termos que se saen bastante da bioloxía, ou uns poucos biolóxicos dos que non atopei boa información, pero teño tempo de facer algunha páxina máis sobre a marcha. Por certo, puxen lago Maggiore en vez de lago Maior (o lago alpino italiano), e non sei se hai algunha norma sobre os topónimos xeográficos. Non sei se é mellor poñer Maggiore ou Maior.--Miguelferig (conversa) 3 de agosto de 2014 ás 11:06 (UTC)[responder]

The Signpost: 25 June 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 29 de xuño de 2014 ás 03:51 (UTC)

Pór e poñer[editar a fonte]

Valen as dúas, como xerundio de pór ou poñer respectivamente. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 4 de xullo de 2014 ás 15:40 (UTC)[responder]

Segue sen funcionar ben a subida de imaxes. Non deixa poñer moitos datos. Utilicei a ligazón que ti me puxeras (a antiga), pero pasoume que non se podían poñer todos os datos. Por exemplo, non se podía poñer a licenza. Fíxeno para a imaxe B cell activation-gl.png que está na páxina célula B e en sistema inmunitario adaptativo, que procede de B cell activation.png da wikipedia inglesa (imaxe en dominio público), pero non lle puiden poñer a licenza "Dominio público" debidamente, e agora recibín unha mensaxe en Commons dicindo que a queren borrar nun determinado prazo porque non ten licenza. ademais, nos datos da imaxe tampouco hai un botón ou ligazón para introducir máis datos.--Miguelferig (conversa) 5 de xullo de 2014 ás 12:17 (UTC)[responder]

Re:Artigo de calidade[editar a fonte]

Boas Elisardo, tes razón. Fareino a partir de agora e xa marco os que xa fixen. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de xullo de 2014 ás 20:25 (UTC)[responder]

The Signpost: 02 July 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de xullo de 2014 ás 04:23 (UTC)

Ola, Elisardo! Mirei que hai uns meses editaches o Ficheiro:Golfo artabro GL.svg; poderías editalo de novo e incluír a vila de Pontedeume? Porque a imaxe aparece no propio artigo do concello, e é unha pena que non saia sinalado. Se che parece oportuno podes incluír outras poboacións. Mil grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xullo de 2014 ás 13:49 (UTC) Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2014 ás 18:36 (UTC)[responder]

Fotografías de obras de Ramón Conde[editar a fonte]

Boas noites. Sinto ter que dicirche que as ligazóns ás fotografías de Panoramio que puxeches no artigo Lista de obras públicas de Ramón Conde non funcionan. Outras ligazóns externas si, pero ningunhas das de Panoramio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de xullo de 2014 ás 21:35 (UTC)[responder]

En España, ao domínio público aos 80 anos do pasamento do autor[editar a fonte]

Non, non está no dominio público. O autor, Camilo Díaz Baliño, finou en 1936, e a lei di:


Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia:


Disposición transitoria cuarta. Autores fallecidos antes del 7 de diciembre de 1987.
Los derechos de explotación de las obras creadas por autores fallecidos antes del 7 de diciembre de 1987 tendrán la duración prevista en la Ley de 10 de enero de 1879 sobre Propiedad Intelectual.


Ley de 10 de enero de 1879, de la propiedad intelectual:


Art. 6º. La propiedad in­telectual corresponde á los autores durante su vida, y se transmite á sus herederos tes­tamentarios ó legatarios por el término de ochenta años. ...


--. HombreDHojalata.conversa 9 de xullo de 2014 ás 09:55 (UTC)[responder]

Non. Amado é o autor do texto do libro, e Díaz do deseño da portada do libro. --. HombreDHojalata.conversa 9 de xullo de 2014 ás 10:20 (UTC)[responder]

Problema coa renderización de artigos longos[editar a fonte]

Empecei a investigar este problema do que me falabas hai unhas semanas. A ver se o damos solucionado. Acabo de facer unha pequena edición no artigo "The Beatles" e tardou unha chea de tempo en gardar a páxina! --Toliño Fala aquí comigo 10 de xullo de 2014 ás 16:30 (UTC)[responder]

Xa me metín no fío de conversa en Bugzilla. A ver se din algo máis por alí. Entrementres, intentarei pasar os modelos de citas á linguaxe Lua, que é a que se está a empregar agora, adaptándoos da Wikipedia en inglés. --Toliño Fala aquí comigo 11 de xullo de 2014 ás 09:13 (UTC)[responder]

Sede vs sé[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Dous exemplos: A sede do PP está na rúa Génova e A sé de Compostela é un lugar de peregrinación. Ao que imos, só ten a acepción eclesial que mencionas. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 10 de xullo de 2014 ás 21:58 (UTC)[responder]

Outra imaxe[editar a fonte]

Ola, Elisardo, moléstoche outra vez. Ultimamente fixen o Modelo:FilomapaB, que polo momento só está na páxina árbore filoxenética, e que utiliza a imaxe Filogenetic tree.svg (en inglés), pero esa imaxe xa a traduciras ti co nome Filogenetic tree gl.svg e está nas páxinas arqueas e bacterias. Habería que incluíla no FilomapaB en vez da inglesa, pero penso que habería que facerlle á imaxe antes algúns cambios, a ver se me fas o favor de facelos ti (xa que eres o autor da tradución). Os cambios son os seguintes:

  • Eukaria cambiaríase a Eucarya o Eukarya (con y). Aquí hai un problema porque Carl Woese escribiu este taxon con c, cando etimoloxicamente tiña que ser con k (Eukarya), como se ve tamén escrito (por exemplo [1]), pero sempre con y. Despois creose o taxon Eukaryota (ver sistema de tres dominios). A referencia orixinal con c de Carl Woese é: Carl R. Woese, Otto Kandler & M. L. Wheelis 1990. Towards a natural system of organisms: Proposal of the domains Archaea, Bacteria and Eucarya. Proc. Natl. Acad. Sci. USA [2]pdf.
  • cytophaga pasaría a Cytophaga (maiúscula)
  • Pyrodicticum sería Pyrodictium (sen o segundo c). Este erro xa se arrastra desde o orixinal inglés (xa lles avisei).
  • Halophiles > Halófilas.
  • Tricomonadas > Tricomónadas (con acento).
  • Diplomonánidas eu poñeríaas simplemente Diplomónadas.

Grazas.--Miguelferig (conversa) 11 de xullo de 2014 ás 19:32 (UTC)[responder]

Grazas polo arranxo da imaxe. Quedou moi ben. Incluína dentro do Modelo:FilomapaB, que o puxen en arqueas e noutras dúas páxinas. O problema agora é que a posición dos nomes non cadra perfectamente coa área para facer clic. Por exemplo, Myxomycota está moi alto con respecto á área de facer clic, Fungos e Animais están tamén movidos (a área está á esquerda). Igual pasa con outros da columna da dereita da imaxe, como Diplomónadas e Microsporidios, aos que lles queda a área moi á dereita. Nos nomes da parte esquerda algunhas áreas de facer clic quédanlle un pouco abaixo, especialmente en Bacteoides e Cytophaga. Ten ese sistema de coordenadas raro de catro cifras.--Miguelferig (conversa) 31 de xullo de 2014 ás 11:19 (UTC)[responder]
Grazas outra vez, agora xa se corresponden os nomes coas áreas. Con respecto a Bacteroides e a Cytophaga, acabo de copiar do Template inglés as coordenadas para Bacteroides e Cytophaga (esta páxina non a temos aínda), unha para cada un, e funcionan, pero igual que ocorría antes as áreas están moi movidas, quedan moi abaixo ambas. Non sei como hai que facer para facer esa páxima de commos.js. Hai que darse de alta en algúns sitio? Abonda crear unha páxina co meu nome e copiar o mesmo que tes na túa páxina (dentro na ventá de edición)?--Miguelferig (conversa) 31 de xullo de 2014 ás 20:09 (UTC)[responder]
Grazas unha vez máis. O filomapaB quedou perfecto. Xa me aparece a ligazón para editar os "mapas" (grazas), agora teño que ver se aprendo a usala.--Miguelferig (conversa) 1 de agosto de 2014 ás 12:50 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)[responder]

Pregunta extrawikipédica[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Quixera facerche unha pregunta: que opinión tes de min? Refírome a se cres que son respectuoso, se cres que teño afán de protagonismo, se cres que me vexo por riba dos demáis editores, se te parece mal que propoña artigos propios para calidade, se me comporto mal con outros editores, se son intransixente nas votacións ou desprezo os puntos de vista dos demáis... non sei, sobre min en xeral, sobre o que se te ocorra, non quero unha opinión sobre o meu traballo senon de min. Poderías facerme ese favor? Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 23:49 (UTC)[responder]

Perdoa pola tardanza neste tema, agradézoche os consellos e os ánimos. É unha mágoa pero non creo que volva ter relación algunha con HDH logo de propoñer a súa revogación (creo por certo que non ten nada malo en si e que os administradores deberían someterse periódicamente ao exame da comunidade para que esta determine se están a facer ben o seu traballo, o que sería bo para a saúde da Galipedia, en tal caso non serei eu quen propoña tal cousa para "facerme máis amigos aquí"), non o creo porque malia tentar voltar á normalidade consultando dudas na súa conversa nunca atopo resposta (eso si, fai as cousas aínda que non mo notifique...). O que eu creo é que a raiz dese episodio non gusto a un sector influínte da Galipedia, e en especial a Lameiro, que sempre é moi crítico co que eu propoño (tamén hei dicir que non é novo e penso que se remonta á votación para calidade de Tristan und Isolde). Para evitar máis enfrontamentos decidín non participar en debates sobre políticas (nin en votacións), non votar os meus artigos nin para calidade nin para destacados, e morderme a lingua nas votacións para artigo destacado sobre Galiza e non dicir máis que o tema non dá para máis artigos de portada mensuais e que a sección debera desaparecer da portada para poñer nela artigos dun nivel alto e non artigos que o único mérito que teñen é estar relacionados cunha pequena rexión xeográfica do occidente europeo... pero boeno, se con eso a xente está contenta ben feito está.

Xa de paso que se me dá por escribirche, sobre o tema de La traviata... o certo é que non lle vou adicar tempo esta tempada, ou alo menos non tanto como para que poida ser proposto para calidade, principalmente porque prefiro centrarme no artigo de Jean Sibelius, xa que o próximo ano é o ano Sibelius e moita xente buscará ese artigo (e que mellor que ter un artigo de calidade sobre Sibelius antes que a wiki en finlandés). Traballar moito sobre un tema é canso, xa me cansou traballar en Tristan e me gusta esa ópera, mais traviata non é das miñas predilectas e Sibelius a verdade é que para min mola máis... De todos xeitos se sigues querendo colaborar podo axudarche co artigo ampliando e/ou referenciando o que ti traduzas se é preciso, así como solucionar dudas que podas ter, mais non estou como para levar o peso dese artigo se quero presentar o de Sibelius a calidade (cousa que tampouco creo que faga, non teño claro aínda que siga a presentar eu os meus propios artigos), pero se queres traballalo ti tes toda a axuda que queras pola miña parte. Perdoa pola parrafada. Unha aperta! --Piquito (conversa) 31 de xullo de 2014 ás 01:42 (UTC)[responder]

Elisardojm, non penses que te estou a pedir nada, o tema das revogacións era unha consideración persoal, non era a miña intención que propuxeras nada, simplemente é o que penso eu, como penso tamén que é mellor que ninguén propoña eso. Eu non creo que sexa unha mala idea non participar nas votacións e comentarios, hai moitos usuarios que participan nelas que teñen moita máis idea ca min e tampouco creo que teña moito que aportar nelas, non sei qué axuda podo necesitar niso... por outra banda, prefiro editar artigos no tempo que estea na wiki, algo que considero máis produtivo para a wiki, e máis interesante e enriquecedor persoalmente. Da traviata non te preocupes, insisto en que non te estou a pedir nada, non o fagas por compromiso, non pasa nada se queda como está ou se o vou facendo aos poucos. Unha aperta!! Piquito (conversa) 3 de agosto de 2014 ás 10:46 (UTC)[responder]

The Signpost: 09 July 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 13 de xullo de 2014 ás 04:54 (UTC)

RE: Tempada lírica[editar a fonte]

Boas Elisardojm! O certo é que tiña un pouco esquecido o tema, comecei La traviata pero pouco fixen... o certo é que o mellor que podemos facer é tentar darlle un apurón a ese artigo a ver se podemos dar feito algo interesante de aquí a un mes e dependendo de como o vexamos plantexarnos se se pode propoñer ou non. O certo é que esa ópera non é das miñas predilectas, pero é importante e nalgún momento haberá que facelo (máis aínda sendo tan recurrente nos escenarios galegos). Se che parece ben comezamos por esa, que é a que se representa antes, e se podes mirar o argumento e comparalo coa wiki en inglés estaría xenial, eu traducín da wiki en castelán pero paréceme que é unha mala tradución do inglés (tería que ver a ópera outra vez pero non teño tempo)... Para eso non é necesario que saibas moito de ópera, non ten tecnicismos e mesmo pode que leras A dama das camelias. Xa me vas contando. --Piquito (conversa) 15 de xullo de 2014 ás 22:38 (UTC)[responder]

Lista de óperas[editar a fonte]

Boas Elisardo! É certo que aparece dúas veces, xa que houbo dúas versións: a primeira, estreada en Venecia, é unha ópera seria e o seu final é feliz; a segunda estreouse un mes despois (aprox) en Ferrara e Rossini cambiou o final por un final tráxico para asemellalo á obra orixinal de Voltaire. Podes unilos porque en realidade se trata da mesma obra, pero habería que especificar o das dúas versións ao principio do comentario. Unha aperta e grazas! --Piquito (conversa) 18 de xullo de 2014 ás 10:30 (UTC)[responder]

Refírese a que Romani tomou o relevo como libretista (a anterior ópera tiña libreto de Ferretti), facendo o libreto desta ópera e de Rosmonda d'Inghilterra. --Piquito (conversa) 18 de xullo de 2014 ás 10:43 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm! Grazas polo traballo de revisión que fixeches no artigo, a proposta non serviu para que a lista saíra elixida para calidade pero canto menos se lle fixo unha revisión. Se cadra no futuro a comunidade acepte as listas como artigo de calidade, pero está claro que agora non é o momento e tardará en chegar. Grazas por todo! Piquito (conversa) 22 de xullo de 2014 ás 15:24 (UTC)[responder]

The Signpost: 16 July 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18 de xullo de 2014 ás 18:25 (UTC)

The Signpost: 23 July 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 26 de xullo de 2014 ás 02:29 (UTC)

Símbolo comunista[editar a fonte]

Boas Elisardo! Na imaxe Ficheiro:Aeroflot.svg vin que aparecía unha mensaxe dun modelo en Commons en portugués (o modelo commons:Template:Communist symbol, polo que o traducín ao galego. Porén, non sei cómo facer para que a páxina en gl.wiki amose o template galego no canto do portugués... ti sabes como? Grazas! --Norrin (Fálame) 30 de xullo de 2014 ás 06:47 (UTC)[responder]


tosco/tosca/Tosca[editar a fonte]

A verdade é que non entendo ben como vai o das conversas. Supoño que é así como o fixen. Moitas grazas polas túas aclaracións. O caso é que non quixen engadir "tosca" á lista porque pensei que ía dar moitos 'falsos positivos' coa ópera Tosca. Agora decátome de que hai un xeito de diferenciar as maiúsculas nesa lista. Teño que miralo. Grazas. (e case esquezo firmar)--Nerk (conversa) 1 de agosto de 2014 ás 16:04 (UTC)[responder]

The Signpost: 30 July 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 2 de agosto de 2014 ás 05:06 (UTC)

RE: Arqueas[editar a fonte]

Pois non sabía que xa tiñas pensado propoñelo... eu ía esperar a finais de agosto para que a votación non fora durante as vacacións porque o ano pasado propuxen por estas datas o artigo de Leonardo da Vinci e non houbo participación, pero se cadra agora cos anuncios das votacións para calidade hai máis participación e sae elixido, ademais hai moita xente que xa o leu cando se votou para destacado e seguramente voten directamente se ven o aviso. Unha aperta!!! --Piquito (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 14:48 (UTC)[responder]

RE: Hóckey a patíns[editar a fonte]

Grazas polo aviso Elisardojm! Mirarei de crear o artigo cando acabe con Sibelius e os dous artigos que teño co marcador "en uso". Unha aperta!! --Piquito (conversa) 6 de agosto de 2014 ás 11:06 (UTC)[responder]

RE: Teatro e artigos de calidade[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Xa vin que hai tempo que se amañou, tampouco sei quén sería, pero ben feito está. Noutra orde de cousas, vin que se o artigo das arqueas sae elixido artigo de calidade teremos escollido seis este ano, mais sería interesante poder chegar a 10 (ou mesmo a un por mes, que xa sería a repanocha! aínda que case imposible) Cres que poderiamos sacar catro máis? Se cadra algún que se propuxera hai tempo e non conseguira chegar ao mínimo de votos ou se propuxeran melloras e se solucionaran (ou nos puxeramos a traballar en mellorar esas eivas)... se cadra algún artigo que saíra na portada, fora extenso e completo e non tivera sido proposto para calidade... Non sei se sabes de algún que podería ir ou se tes traballado algún que podamos presentar. Eu propúxenlle a Miguelferig que ampliara o artigo do ebola con intención de propoñelo aproveitando que o tema está de actualidade, porén semella que habería que crear os artigos de catro virus e o da febre hemorráxica, polo que non sei se se podería propoñer cando o acabe de traducir (tampouco sei se é o suficientemente completo, pero foi candidato a calidade na wiki en inglés e non saiu, segundo Miguelferig porque os criterios son moi esixentes). Eu agora estou traballando no artigo de Sibelius de cara a presentalo o antes posible para que sexa de calidade xa o próximo ano (que é o ano Sibelius), pero teño moito choio, comecei a amplialo sen engadir referencias e agora teño que referenciar unha chea de seccións amais de seguir ampliando, pero se queres que te axude con algún artigo pídemo e se teño algo de idea do tema e tempo axudareiche. Xa me contas qué che parece, se queres tamén podemos invitar a alguén (ou a todos) a que se sumen e tentar chegar canto menos a 10 nun ano (que sería un récord para a nosa wiki, máis aínda coa escasa participación e co nivel alto de esixencia que temos na nosa wiki), mais quitando o caso de AMPERIO creo que o tema dos artigos de calidade non ten moito tirón entre a comunidade. Unha aperta! Piquito (conversa) 8 de agosto de 2014 ás 14:35 (UTC)[responder]

Boas!! Vexo que andas de volta por aquí. Estiven a mirar algúns artigos que poderían ser candidatos a calidade, ocorréronseme dous sobre ciencia que son ademais dos 50 máis grandes: evolución e ácido desoxirribonucleico. Eu hai tempo traducín da wiki en inglés dous artigos sobre ópera que nesa wiki son de calidade (canon de Bayreuth e Lista de óperas de Wolfgang Amadeus Mozart), mais non son tan grandes como eses e non creo que teñan posibilidade de sair escollidos, o primeiro por curto e o segundo por ser unha lista (en realidade non o é, pero bueno) e non demasiado longo. Tamén creo que pode ter posibilidades o do Holodomor, que xa ten moi boa base e sería doado melloralo dende a wiki en portugués. Eu nuns poucos días rematarei por fin o de Sibelius e pode que o propoña, non o sei, para min pode ser perfectamente de calidade, pero non estou seguro de que o tema interese nin quero ser pesado propoñendo artigos de música clásica. Xa me contarás, unha aperta! Piquito (conversa) 29 de agosto de 2014 ás 22:50 (UTC)[responder]
Pero non te preocupes por mirar o de Sibelius, que xa estou a traballar eu nel, se o propoño xa o lerás, pero mellor le outros, digo eu... a non ser que teñas un interese especial nel, pero creo que mellor buscar outros. Co de ser de interese me refiro a que teña un mínimo de participación, xa con Penderecki a participación foi moi baixa (4 votos), cos Boston Bruins foi practicamente nula, co salto de esquí nula tamén... de propoñer un artigo prefiro propoñer algo que teña un mínimo de participación, e xa Abbado non saíu na primeira votación, e tanto Penderecki como Gheorghiu non conseguiron nin o mínimo de votos, por eso digo que non creo que Sibelius sexa un artigo de interese, a pesar de ser un compositor excepcional, na miña opinión. Por certo, por se non o viches, propuxen o artigo Sirius, polo momento van 9 votos, todos positivos, dígocho por se che interesa o tema, así inauguraremos a sección de "Astronomía e Astrofísica". Unha aperta!! Piquito (conversa) 30 de agosto de 2014 ás 22:16 (UTC)[responder]

The Signpost: 06 August 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 9 de agosto de 2014 ás 12:50 (UTC)

The Signpost: 13 August 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18 de agosto de 2014 ás 01:55 (UTC)

The Signpost: 20 August 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 23 de agosto de 2014 ás 20:09 (UTC)

Categoría borrado[editar a fonte]

Ola Elisardo.

Daquela, borrei a categoría:

  1. Porque estaba baleira
  2. Porque o solicitou Anton45

Agora mesmo non lembro os antecedentes do caso. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 26 de agosto de 2014 ás 14:13 (UTC)[responder]

Borrado de imáxenes Reganosa[editar a fonte]

Gracias polas túas verbas. Non sei si este é o medio no que podo contatar contigo, pídoche por favor autorices alguna das imágenes que establecín como principáis na presantación da páxina editada para Reganosa. Como xa advirten na súa propia website e xustifiquei a través de links, queda libre o uso de contido para súa difusión pública. Ademais, refírese a una cuestión de imaxe pública da cal estou ó tanto, na asignación da autorización. Compre fágasme saber algo, agradecido. Saúdos.

--AF (conversa) 29 de agosto de 2014 ás 07:51 (UTC)[responder]

The Signpost: 27 August 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 31 de agosto de 2014 ás 10:37 (UTC)

Imaxes novas[editar a fonte]

Boas,

Subín dúas fotos en total: podes especificarme se son estas dúas as que teñen dereitos de autor? Porque unha delas fíxena eu e outra tiñaa arquivada e non recorodo se é isa a que ten dereitos rexistrados. De todolos modos, pódesme dicir cómo se segue o proceso para liberar o uso da mesmas.

Agradézoche algunha recomendación.

Saúdos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Alvaro Freijo (conversacontribucións) 2 de setembro de 2014 ás 12:09‎

Conflito de intereses en Reganosa[editar a fonte]

Grazas. Estiven revisando o artigo e intentando amañalo, pero había moitas partes copias literalmente da páxina da empresa, así que finalmente optei por restaurar a versión do mes de xullo e bloqueei temporalmente ao usuario por insistir despois dos varios avisos (por certo na es.wiki leva o mesmo camiño). --. HombreDHojalata.conversa 2 de setembro de 2014 ás 16:56 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm! Propuxen para calidade o artigo do salto de esquí, que xa fora proposto e ninguén votou. O que che quería preguntar é se hai algún xeito de que poda ser o que propón o artigo o que poña o aviso da votación en lugar de ter que avisar a un administrador, creo que é máis rápido deste xeito. Eu propoño moitos artigos e teño que andar avisando cada dous por tres no taboleiro, hai posibilidade de que o poda facer eu mesmo ou de que saia automático unha vez se crea a proposta? Unha aperta!! Piquito (conversa) 3 de setembro de 2014 ás 08:37 (UTC)[responder]

The Signpost: 03 September 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de setembro de 2014 ás 08:03 (UTC)

Boas Elisardojm!! Acábaseme de ocorrer unha idea para promocionar un pouco o proxecto, non sei cómo o verás ti, pero boeno se cadra pode ser unha boa idea. O caso é que pensei que se podería tentar publicitar televisivamente a Galipedia, mais coomo todos sabemos é un pouco complicado entrar no medio, mais creo que poderiamos conseguilo do seguinte xeito: non sei se seguen a dar na TVG o programa A revista, pero no caso de que o sigan a emitir creo que poderiamos tentar facer unha xuntanza e organizar uns obradoiros para o mes de decembro nalgunha cidade ou localidade galega. O tema é chamar ao programa avisando de que van ter lugar tal día a tal hora unhas xornadas sobre a Galipedia nas que usuarios e editores farán un repaso do que foi o ano e de obxectivos de cara ao 2015, unhas xornadas nas que se farán obradoiros e charlas sobre o proxecto destinadas a todo aquel que o quera coñecer, sexa ou non editor/usuario. Penso que deste xeito podemos acceder á televisión e a un programa que creo que ve moita xente (eu persoalmente non vexo a TVG nin case a televisión). Non sei cómo o ves nin se haberá xente para quedar ou que estea disposta a dar as charlas, nin sequera sei se eu poderei asistir (teño algunhas viaxes cara o final do ano e non sei ben as datas nas que serán), pero podería ser interesante.

Por outra banda, ao final propuxen un pouco precipitadamente o artigo de Sibelius para calidade, xa que se non sae elixido nunha primeira votación habería que esperar 3 meses, co cal se o propuxera máis aló de setembro xa remataría a votación máis aló de xaneiro de 2015, quedan algúns artigos prinicipais por crear, pero a ver se hai sorte.

Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de setembro de 2014 ás 11:10 (UTC)[responder]

Xa sei que non é moi boa idea poñer dúas votacións de calidade, o fixen porque a do salto de esquí é unha segunda votación e ademais suponse que a xente xa o leu e o revisou hai tempo, cando foi proposto e elixido para sair na portada. Boeno, esperemos que haxa sorte e saia canto menos un. Polo do MUNCYT, a ver como vai quedando a cousa, eu nese mes teño as findes ocupadas e non creo que poda asistir, pero sempre é positivo que se fagan cousiñas por aquí, o de decembro será mellor deixalo estar entón. Unha aperta!! Piquito (conversa) 8 de setembro de 2014 ás 13:34 (UTC)[responder]

RE: Música libre[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Moitas grazas pola ligazón!! Non sabía que existía esa páxina, normalmente recurro a San YouTube, pero así se pode meter a música directamente nos artigos, verei se hai algo que poda meter nalgún dos artigos que xa temos. Unha aperta e grazas!!! Piquito (conversa) 11 de setembro de 2014 ás 16:13 (UTC)[responder]

The Signpost: 10 September 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 14 de setembro de 2014 ás 21:54 (UTC)

The Signpost: 17 September 2014[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18 de setembro de 2014 ás 05:36 (UTC)

Categorías de poboación[editar a fonte]

Boas Elisardo. Grazas polo de Orbenlle. Pero agora terás que facer o mesmo coa cat. "Tui poboación 2013", que me aparece nos artigos sobre A Virxe do Camiño e A Magdalena, ambos lugares de Tui. Ireite avisando se pasa o mesmo con outros lugares do camiño portugués. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de setembro de 2014 ás 12:33 (UTC)[responder]

Feito. --. HombreDHojalata.conversa 21 de setembro de 2014 ás 13:08 (UTC)[responder]
Grazas HDH. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2014 ás 21:29 (UTC)[responder]
Ben, moi ben. Agora tendes que facelo con Mos (Ameiro Longo, Sanguiñeda, Mos, Veigadaña, Petelos, Mos, etc) e Redondela (O Carballiño, Cesantes, Redondela). Moitas grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de setembro de 2014 ás 21:49 (UTC)[responder]
Listo, avisa se hai máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2014 ás 21:55 (UTC)[responder]

Furafollas[editar a fonte]

A única fonte que acredite furafollas como musaraña é o apéndice ó Dicionario de Eladio Rodríguez: recólleo Cesáreo Saco en Lemos co significado de musaraña; logo, Franco Grande recolleu a mesma definición. Co significado de paxaro recólleo Elixio Rodríguez (en Piquín) e Constantino García en Pantón; o primeiro como Phylloscopus collybita (con y, non como o escribe a RAG, Philloscopus, con i) e o segundo como estreliña (Regulus regulus, cast. reyezuelo). No Dic. de sinónimos de Galaxia dámolo como nome dun terceiro paxaro: as escribentas (Emberiza spp, cast. Escribanas) e non designa o Regulus, pero xa non sei a fonte de onde quitamos ese significado.

Ben. A autoridade dos dicionarios clásicos é ben pouca -con tódolos respectos-, tanto como musaraña como co significado de paxaro; a distribución é ben cativa, e de ser certo non pasaría de ser un localismo. Así que si a RAG acepta musaraña creo que deberiamos utilizar nós esa forma e ese significado.

Aínda existe un terceiro significado figurado, como inquedo, fervellasverzas, bulebule, pero non afecta ó que estamos a falar. Esta acepción xa vén na páxina de homónimos.

¿Non habería que preguntar a Hugo22 de onde sacou esta denominación? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 24 de setembro de 2014 ás 08:41 (UTC)[responder]

  • Musgaño é un nome galego para a musaraña, recollido por sete dos autores do Dicionario de dicionarios, desde Valladares en diante. Sonche moitas referencias, e diversas, para discutilo, así que eu deixaríao como válido con ese significado (antes: musgaño = furafollas, agora musgaño = musaraña; máis muraño, claro). Para a túa información, no Vocabulario de Ciencias Naturais (Xunta, 1991) as formas galegas eran musaraño e murgaño (nin musaraña nin muraño). Eu ata creo que isto de musaraña é cousa do novo dicionario da RAG, e que antes era musgaño, pero non me fagas moito caso. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de setembro de 2014 ás 11:42 (UTC)[responder]

Axudiña[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Perdoa por ser insistente en pedirche axuda e opinión tantas veces. Poderías se tes algún momento revisar o artigo da Sinfonía nº 8 (Sibelius)? O artigo non é nada técnico, polo que non deberas ter problema en revisar a tradución, que nalgúns momentos a verdade é que creo que non é moi fiable (non recordo cales, por desgracia). Hai outros problemas que non sei moi ben cómo solucionar, o máis extraño é o dunha referencia (a 18), que non sei de ónde sae, xa que copiei directamente o artigo en inglés e en ningún momento me apareceu a referencia de marras... é como un Expediente X, e falando de Expedientes X hai dúas referencias que desapareceron!! Por outra banda, quería preguntarche se temos algún modelo similar ao de "Quote box" para poñer as citas, a opción que pensara nun principio era empregar o mesmo modelo que aparece no artigo de Galicia na Segunda Guerra Mundial, aínda que non sei se o feito de que ese modelo non teña cadro pode dificultar a lectura do artigo. Se non podes ou queres revisalo avisame e aviso a outro usuario. Graciñas!!! Piquito (conversa) 27 de setembro de 2014 ás 23:37 (UTC)[responder]

The Signpost: 24 September 2014[editar a fonte]