Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 4

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo das conversas do primeiro trimestre do 2013:

The Signpost: 31 December 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 2 de xaneiro de 2013 ás 05:18 (UTC)

Artigo sobre Igrexa de San Martiño de Fiestras[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Tratarei de enmendar os meus erros. Nas próximas semanas volverei a redactar algún que outro parágrafo que atente contra os dereitos de autor e reelaborar o artigo do título. Grazas pola chamada de atención. Un saúdo. Pontesiño (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 15:47 (UTC)[responder]

Ría/ría[editar a fonte]

Respondido queda. Non o fixen antes porque non tivera tempo de entrar na wiki. De feito, agora tampouco non o teño; estou de paso. Bo ano. --Atobar (conversa comigo) 4 de xaneiro de 2013 ás 12:21 (UTC)[responder]

Obradoiro no IES da Pobra do Caramiñal[editar a fonte]

Teño unha dúbida. Fun á páxina de Participación activa pero non sei moi ben onde deixar a solicitude dun obradoiro para o instituto. Moitas grazas pola axuda. --Aprofa (Dime algo aquí) 9 de xaneiro de 2013 ás 09:17 (UTC)[responder]

Usuario:AIAEspana[editar a fonte]

Moi boas Elisardojm, o usuario AIAEspana xa creou varios artigos que foron eliminados por teren características similares ao que colocaches o marcador. Xa aviseino de como ten que facer para editar ben os artigos pero non fai caso, e unha IP tamén deulle xa algún toque. Non sei que se fai nestes casos por que non fai nada por adaptarse aos contidos da galipedia cando crea os seus artigos. Tal vez bloqueo? --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 11:31 (UTC)[responder]

Perdoa polas molestias pensaba que ti eras tamén administrador. Un saúdo e gracias. --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 11:41 (UTC)[responder]

The Signpost: 07 de xaneiro de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 9 de xaneiro de 2013 ás 11:54 (UTC)

aniversario[editar a fonte]

Ola, Elisardo; sinto non poder colaborar na organización do 10º aniversario, pero estou con exames. Se se decide a imaxe final da camiseta e os fondos para facelas, podo dicirche cantas podería conseguir; non levaría moito tempo facelas. Saúdos, e graciñas polo choio que estás a levar de coordinación do evento! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de xaneiro de 2013 ás 17:59 (UTC)[responder]

RE:Artigos[editar a fonte]

Vou ampliar sobre estes artigos cando estes wikipedias queda máis 100.000--Semangat (conversa) 13 de xaneiro de 2013 ás 00:47 (UTC)[responder]

Ola, pode gastar moito tempo para crear algúns artigos sobre comunas de Francia. Comunas de Francia ten máis de 36.000 artigos. Espero que poida me axudar a conseguir este idioma en 36 como antes. Mira malaio, éuscaro, kazakh, Waray-Waray e hindi, antes diso, había xunto coa xente, pero agora máis para adiante, entón nós. Espero que xuntos poden axudar estas wikipedias.--Semangat (conversa) 13 de xaneiro de 2013 ás 00:55 (UTC)[responder]

A ti tamén!. Paso polo das camisetas.--Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2013 ás 11:24 (UTC)[responder]

The Signpost: 14 de xaneiro de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 16 de xaneiro de 2013 ás 13:19 (UTC)

ola outra vez![editar a fonte]

espero estar escribindo lugar correcto esta vez, pero xúroche que onte lle dei varias voltas antes de chegar a escribir nada :) - confeso que niso aínda me resulta pouco intuitiva a interfaz Xa fixen a mudanza na licenza do flickr. Heime lembrar para mudar aquelas que poida enlazar na Galipedia nalgún momento. Volvo escribir na Taberna? Grazas mil outra vez polos consellos e a axuda. Saúdos e bo día --chandrexa (conversa) 17 de xaneiro de 2013 ás 07:03 (UTC)[responder]

Si, si. Borrar. Dálle sen medo. Perdoa pola demora na resposta, estaba fóra estes días. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 21 de xaneiro de 2013 ás 01:14 (UTC)[responder]

Participantes X[editar a fonte]

Como o da procura de contatos pola miña parte ía lento, paso a anular o pouco que tiña feito (nada aínda definitivo)--Agremon(contacto) 21 de xaneiro de 2013 ás 21:07 (UTC)[responder]

The Signpost: 21 de xaneiro de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 23 de xaneiro de 2013 ás 22:04 (UTC)

Obradoiro en Narón[editar a fonte]

Boas Elisardo: Xa modifiquei a páxina da participación activa poñendo a data da celebración do obradoiro de Narón. A verdade é que quen levou todo o asunto foi Nemigo, eu só fun alí a concretar a data. Precisamente falando coa responsábel da aula Cemit, xurdiunos unha dúbida sobre como se inscribir ós participantes pois eles necesitan un ou dous días antes a relación de participantes e algúns datos persoais. Nun principio díxenlle a Nemigo que podería facerse abrindo unha páxina na Galipedia para o asunto, pero el con moi bo criterio pensou que non sería factíbel pois a xente non é dada a deixar datos persoais á vista. Suxeríume que se pode facer a través do meu correo electrónico i eu logo paso os datos á rapaza do Cemit.

Quedamos en consultarcho e é por iso que cho conto. Se opinas o mesmo poño o meu enderezo electrónico no sitio onde puxemos a data do evento. Saúdos.

Esquecín a sinatura, --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de xaneiro de 2013 ás 23:16 (UTC)[responder]

Ao que preguntas só che podo dicir que a aula Cemit do concello de Narón só pon as instalacións. A encargada da aula comentoume que pola súa banda e a título persoal vai facer propaganda do asunto e preguntoume que tiña que decirlle á xente interesada de onde apuntarse. Xa lle respostei dicíndolle que me enviaran un correo eléctrónico ao meu enderezo para despois enviarlle eu os datos a eles. A verdade é que soa a película dos irmáns Marx, pero eche o que hai. Sobre a publicidade do asunto pois non sei, supoño que temos que buscarnos a vida. Eu espero que a rapaza do concello consiga facernos inscricións dabondo como para non ter que dicir que o asunto foi un fracaso pois a min non se me ocorre como o podemos publicitar nós fóra do que é a Galipedia. Sobre as fotos, xa levarei a cámara para tirar algunhas. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 25 de xaneiro de 2013 ás 22:58 (UTC)[responder]
O cartel está ben. Eu engadiría as instrucións para apuntarse. Algo así como: "Os interesados en participar deben inscribirse no enderezo jantonio112@gmail.com cun mínimo dun par de días de antelación, indicando nome e apelidos, dni, enderezo electrónico e teléfono de contacto". Tamén remarcar en negra a data, a hora e o lugar. Despois mándollo á rapaza do CEMIT, pois ela é a persoa do concello encargada do asunto, pregándolle que coloquen o cartel nos seus edificios públicos. Se teño tempo algunha tarde (vai ser difícil), achégome a Narón para colocar algúns en establecementos públicos. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de xaneiro de 2013 ás 10:45 (UTC)[responder]
Perfecto, xa lle mando o arquivo á rapaza do CEMIT. Non é mala a túa idea de contactar coas asociacións culturais de Narón. Verei o que podo facer. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 26 de xaneiro de 2013 ás 15:30 (UTC)[responder]
A ver se podes cambiar a data do cartel para o día 1 de marzo e envíollo de novo á responsábel da aula Cemit de Narón. O motivo do aprazamento é do de dar máis tempo a se inscribir á xente. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 14 de febreiro de 2013 ás 10:58 (UTC)[responder]
Efectivamente, a hora é a mesma. Está todo ben e xa llo enviei á cordinadora do Cemit de Narón. Esperemos que desta volta se apunte máis xente. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de febreiro de 2013 ás 20:28 (UTC)[responder]

Boas, estiven agardando ata hai un rato e non se apuntou ninguén máis, a parte dunha amiga á que convencín pero que a última hora tivo un contratempo que lle impide ir. Xa lle mandei correos á responsábel do Cemit e á unica inscrita comunicándolles que se suspendía o obradoiro. Iso si díxenlles que o tentaría facer máis adiante pois eu non tiven tempo de achegarme a Narón por motivos familiares que me quitan moito tempo, e vexo que a promoción que fai o concello non é moi boa. De feito aínda non tiven tempo de ir ao Cemit de Pontedeume para argallar un obradoiro aquí. En canto poida organizo o de Pontedeume e a ver se nun par de meses volvemos á carga co de Narón. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de febreiro de 2013 ás 19:40 (UTC)[responder]

Agradecimento[editar a fonte]

Gracias, Elisardo, polo teu comentario sobre a necesidade de pasar do portugués o galego a información engadida nunha páxina, que viña da wikipedia de Brasil "AlonsoMartinez (conversa) 27 de xaneiro de 2013 ás 15:02 (UTC)".[responder]

Fotos da AELG[editar a fonte]

Mil grazas!!! Probei unha e semella que vai ben. Vou ir colocando as fotos nas fichas e se hai problemas falamos.

Saúde!!

Ramiro Torres (conversa) 28 de xaneiro de 2013 ás 16:53 (UTC)[responder]

The Signpost: 28 de xaneiro de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 30 de xaneiro de 2013 ás 16:59 (UTC)

Souto de Rozavales[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Consultando o Nomenclátor, vin que hai un lugar do concello de Manzaneda chamado O Souto de Rozavales, polo que entendo que o nome do souto é o mesmo. Marquei os artigos para fusionar co obxectivo de que se inclúa a información completa no título con V. Máis adiante habería que facer o propio artigo do lugar (de feito está pendente facer o marcador de lugares da parroquia a que pertence). Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de xaneiro de 2013 ás 11:17 (UTC)[responder]

Re:Wisła Kraków[editar a fonte]

Arranxado e corrixido. Unha aperta. --Krisko (conversa) 5 de febreiro de 2013 ás 10:50 (UTC)[responder]

The Signpost: 04 de febreiro de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de febreiro de 2013 ás 00:39 (UTC)

Mecos FG Ogrobe[editar a fonte]

Boas, pos que quitas o escudo por copyvio, q significa eso? gracias --Lucas Sanchez Dalmau (conversa) 7 de febreiro de 2013 ás 02:42 (UTC)[responder]


Moitas grazas por me arranxares o problemiña coa imaxe en V de Vendetta. Editei o artigo (sen gravar cambios) para ver o que que había que facer... Aínda teño moito que aprender! --Rosamf (conversa) 11 de febreiro de 2013 ás 12:39 (UTC)[responder]

The Signpost: 11 de febreiro de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 13 de febreiro de 2013 ás 06:49 (UTC)

Thanks for reception ! Att Onjacktallcuca (conversa) 19 de febreiro de 2013 ás 14:40 (UTC)[responder]

The Signpost: 18 de febreiro de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 20 de febreiro de 2013 ás 17:45 (UTC)

Grazas pola benvida, estou aprendendo. Saúdos! --Marta bp (conversa) 20 de febreiro de 2013 ás 19:13 (UTC)[responder]

RE:Óleo no revisor[editar a fonte]

Ola Elisardojm, quero dicir que oleo non é correcto para o cadro ou o aceite, pero si para os elementos formados con oleo- coma oleoduto ou oleografía. Saúdos. --JaviP96 20 de febreiro de 2013 ás 23:39 (UTC)[responder]

(...) As palabras graves rematadas en -l forman o plural engadindo o morfema -es: áxil, áxiles; difícil, difíciles; útil, útiles. Polo tanto, hábil > hábiles. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21 de febreiro de 2013 ás 13:03 (UTC)[responder]

Obradoiro[editar a fonte]

Boas Elisardo, agora ando algo libre de tempo e pensei en organizar algún obradoiro co gallo do aniversario. A miña idea inicial é empezar por Marín, e se a cousa vai ben amplialo a máis lugares. Póñome en contacto xa co concello para ir comezando a movelo? Un saúdo. --Beninho (conversa) 21 de febreiro de 2013 ás 18:27 (UTC)[responder]

Imaxes Praza[editar a fonte]

Ola, Elisardo; como xa subiches algunha imaxe de Praza Pública, vouche consultar unha dúbida: é posible subir esta?
Sobre a de Manquiña... pois todo se andará. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de febreiro de 2013 ás 19:25 (UTC)[responder]

The Signpost: 25 de febreiro de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de febreiro de 2013 ás 04:20 (UTC)

RE: Categoría con homónimos[editar a fonte]

Modifiquei o código segundo os apuntamentos de Vivaelcelta e semella que se arranxou o problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 1 de marzo de 2013 ás 11:25 (UTC)[responder]

RE: Subtítulos[editar a fonte]

Fixen algún arranxo, a ver se che parecen ben. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 3 de marzo de 2013 ás 14:15 (UTC)[responder]

Nota de prensa[editar a fonte]

Ola, Elisardo. A nota estaba ben redactada. Apenas lle corrixín uns poucos detalles. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 6 de marzo de 2013 ás 17:00 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm!! Xa hai uns días que se superaron os 100.000 artigos, coido que estaría ben poñer o logo coa cifra. Por certo, no comunicado indicas que os 100.000 se lograron o 5, e aquí di que o 4, habería que unificalo. Supoño que poderás facer ti o do logo. Moitas grazas e parabéns polos 100.000!!! Piquito (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 23:29 (UTC)[responder]

Grazas Elisardojm! O sábado non poderei ir a Santiago, marcho uns días para Finlandia a tentar sacar traballo fixo (espero que haxa sorte). Unha aperta!!!! Piquito (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 16:22 (UTC)[responder]

Modelos de mapas de localización.[editar a fonte]

Ola Elisardojm.

Grazas pola benvida. Acabo de chegar e xa estou medio enganchado. Espero investigar un pouco mais e empezar a traballar nos modelos de Mapas de Localización. Na miña primeira entrada, Chezi, non fun capaz de poñer un pero todo se andará.

Un saúdo. --UL rbcouto (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 14:37 (UTC)[responder]

Ola de novo, Elisardojm.

Xa me dirás si o método para traer os modelos de mapas dende outra wikipedia é moi laborioso ou si o pode facer un usuario "normal". Así, bótovos unha man co proceso de importación.

Outra cousa. A Galipedia segue aparecendo na 2º división (+10.000) na portada da wikipedia. En que porta hai que chamar para que a suban a +100.000?.

Un saúdo. --UL rbcouto (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 16:24 (UTC)[responder]

RE:Sábado e papatoria[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Moi ao meu pesar, non vou poder acudir nin ao acto en Fonseca nin á comida posterior pois xa teño outro compromiso para mañá. Grazas polo convite e disfrutade do día de mañá.--Pontesiño (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 14:22 (UTC)[responder]

aniversario e papatoria[editar a fonte]

Pois contaba con ir, a ocasión meréceo, pero creo que ao final non vou poder. Vai ter que quedar para outra. Se as cousas cadrasen doutro xeito, avísote. --Servando2 (Dime) 8 de marzo de 2013 ás 15:40 (UTC)[responder]

A min tampouco me vai ser posible ir.--Miguelferig (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 17:03 (UTC)[responder]
Ola Elisardo, sentíndoo moito eu tampouco poderei ir, pasádeo ben !!!! --JaviP96 9 de marzo de 2013 ás 09:05 (UTC)[responder]
Ola, Elisardo. Lamentablemente, resúltame imposible asistir. Gozade do día (malia a chuvia) e agardarei ansioso a crónica do encontro. Unha aperta! --Paradanta (Cóntame) 9 de marzo de 2013 ás 10:37 (UTC)[responder]

Consulta sobre conflicto de interese usuario "Concellodelalin"[editar a fonte]

Bos dias "Elisardojm" acabo de recibir unha mensaxe túa sobre un conflito de interese, e gustaríame se podes me aclarases este tema. Como ben podes ver no nome de usuario, somos o Concello de Lalín, que ao buscar reseñas sobre o Pazo de Liñares, que é un edificio propiedade do Concello de Lalín, e que no artigo da Galipedia que atopamos recollía datos sen actualizar do mesmo, sobre todo no que se refería ao seu estado de conservación, datos que sen ningunha mala intención correximos de xeito breve. Tiñamos pensado incluso subir unhas fotografías actuais que nas que se pode ver con claridade que o Pazo de Liñares acaba de ser restaurado. Agradezoche que nos indiques como debemos proceder entón para non inflinxir as normas básicas da Galipedia. Un cordial saúdo.--Concellodelalin (conversa) 11 de marzo de 2013 ás 10:21 (UTC)[responder]

RE: Conflito de intereses e axuda.[editar a fonte]

Boas Elisardo, grazas pola túa mensaxe, non dou topado na Taberna o tema que me comentabas de Lameiro sobre o conflito de intereses, poderíasme pasar un enlace ao mesmo?. Por outra banda agradezo o teu ofrecemento de axuda respecto ao tema das referencias e a subir fotografías, se che fose posible aclararme como engadir referencias e cales son válidas, e do mesmo xeito se me podes indicar como subir fotografías (estiven lendo na axuda pero estou un pouco perdido). Grazas de antemán.--Concellodelalin (conversa) 12 de marzo de 2013 ás 08:25 (UTC)[responder]

Fotos aniversario[editar a fonte]

The Signpost: 11 de marzo de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 13 de marzo de 2013 ás 07:06 (UTC)

RE: Mapas de localización[editar a fonte]

O tema dos mapas de localización está nas miñas tarefas pendentes. Semella que algo hai feito e parece que funciona. Supoño que só queda por ir traendo aos poucos e con tino os modelos que necesitemos. Por certo, xa corrixín o problema dos códigos nas introducións que saen ao propoñer artigos e imaxes. --Toliño Fala aquí comigo 14 de marzo de 2013 ás 23:29 (UTC)[responder]

Síntoo, para a próxima colócalle <noinclude>{{En uso}}</noinclude>. Saúdos. --JaviP96 15 de marzo de 2013 ás 19:47 (UTC)[responder]
E eu pensei que te esqueceras de traducilo, un polo outro... bueno, para a próxima esperarei un pouco :-) A seguir dándolle!! --JaviP96 15 de marzo de 2013 ás 19:57 (UTC)[responder]
Ola Elisardo, penso que no modelo se lle podería engadir un parámetro para un mapa en relevo, como o que aparece aquí. Un saúdo. --JaviP96 15 de marzo de 2013 ás 22:38 (UTC)[responder]

Retiro o dito, vexo que xa o puxeches. --JaviP96 15 de marzo de 2013 ás 22:40 (UTC)[responder]

Probei a engadir aquí o mapa de localización e funciona perfectamente, aínda que supoño que habería que engadirllo ao modelo utilizado para as cidades. Saúdos. --JaviP96 15 de marzo de 2013 ás 23:45 (UTC)[responder]
Trouxen da wiki española o mapa de localización de Galicia, que che parecería incluílo no modelo {{lugar}} e {{parroquia}}?, xa que todos os de lugares e a maioría dos de parroquias non contan cun mapa de localización como os que teñen os artigos de {{Concello}}?, saúdos. --JaviP96 17 de marzo de 2013 ás 11:54 (UTC)[responder]
OK :), a ver que di. --JaviP96 17 de marzo de 2013 ás 22:03 (UTC)[responder]

Árbore xenealóxica[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Decidinme a ampliar o artigo de Jean Sibelius, quería poñer unha árbore xenealóxica como noutros artigos mais non sei cómo funciona o modelo. Copiei o que aparece en Valentín Paz-Andrade, mais non sei cómo facer para poñer máis pólas (o lugar de onde tiro a árbore é esta e quería tentar que fose o máis completo posible, cos avós e os fillos de Sibelius e pode que mesmo netos). Sabes cómo vai ou quen me podería axudar? HombreDHojalata, que fixo os de Paz-Andrade e Fraga está ausente, así que non sei a quén recurrir... Moitas grazas de antemán!!! Piquito (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 11:51 (UTC)[responder]

Ola, Elisardo! Xa que es quen de fedellar nas árbores xenealóxicas, vouche pedir un favor que lle pedín a HombreDeHojalata:

<1> Emilio Álvarez Giménez (1830-1911) casou con <2> Amalia Limeses Iglesias. Tiveron a <3> Xerardo Álvarez Limeses (1871-1940) e <4> Darío Álvarez Limeses (1877-1936).
<3> (Xerardo Álvarez Limeses) casou con <5> Dolores Gallego Martínez. Tiveron a <6> Xerardo Álvarez Gallego e <7> Amalia Álvarez Gallego; esta á súa vez casou con <8> Alexandre Bóveda (1903-1936), e tiveron a <9> Xela, <10> Alexandre, <11> Xosé Lois (n. 1934), <12> Dolores e <13> Amalia Bóveda Álvarez, nai á súa vez de <14> Valentín García Bóveda.
Por outra banda, <8> (Alexandre Bóveda Iglesias) era fillo de <15> Juan Bóveda Valcárcel e <16> Luisa Iglesia Sánchez, e irmán de <17> Vicente Bóveda Iglesias. <15> (Juan, Bóveda, o pai de Alexandre) era á súa vez fillo de <18> Manuel Bóveda e <19> Ramona Valcárcel (info).
Retomando o fío dos Álvarez: <4> (Darío Álvarez Limeses) casou con <20> María Blázquez Ballester, e tiveron seis fillos: <21> Darío (1910-1979), <22> Celso, <23> Xosé María (1915-1985), <24> Alfonso, <25> Emilio Álvarez Blázquez (1919-1988) e <26> Álvaro Álvarez Blázquez.
<23> (Xosé María Álvarez Blázquez) tivo catro fillos: <27> Xosé María (n. 1950), <28> Alfonso (n. 1952), <29> Celso e <30> Berta Álvarez Cáccamo (n. 1963).

Paréceme que hai personalidades abondo como para facer a árbore. Quizais así escrito parece lioso, pero con papel e boli vese máis claro.
Xa me contarás. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de marzo de 2013 ás 03:36 (UTC)[responder]

Grazas por todo Elisardojm!! En realidade o que quería era saber un pouco cómo funcionaba o modelo, pero aprenderei cos que xa hai feitos, moitas grazas por facelo. Vou ver se hai algún erro con algún nome e logo seguirei ampliando os dous artigos sobre Sibelius (se non che importa cando teña máis mirar un pouco posibles erros de lingua ou eivas que poda ter, avísote... sen compromiso ;)). Apertas!!! Piquito (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 17:12 (UTC)[responder]

Son moitos os artigos cos que tería algún tipo de dúbida, os apartados de "Personaxes" nos artigos das distintas óperas coido que poden ter erros de tradución. Sería moito traballo, xa que hai un bo feixe de óperas (en torno ás 150), aínda que poucas das "importantes" están a un nivel alto (case diría que tan só La sonnambula, I Capuleti e i Montecchi e Wozzeck, aínda que esta última xa a mirou un pouco Atobar -non sei se todo-), supoño que o propio artigo de ópera terá miga, mais polo momento aínda queda moito por retocarlle. Agora que saíu a proposta de mellorar a calidade da Galipedia pode estar ben mirar esas cousiñas, sintoo mais o tema da lingua non é o meu, tampouco te apures nin te sintas obrigado a nada. Unha aperta e grazas por todo, se precisas calquera cousa aquí estou. Piquito (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 17:38 (UTC)[responder]

RE: Mapa de localización[editar a fonte]

Pois habería que estudar a posible incorporación destes mapas a eses modelos. Así a primeira vista non semella moi complicado facelo. Sobre a tradución dos parámetros, neste tipo de modelos non sabería dicir cal é a mellor opción, se deixalos en inglés ou traducilos. Supoño que a opción de aforrar traballo (non traducilos) tira máis. Cando teña un pouco de tempo intentarei poñerme con isto. Non prometo nada para esta semana nin para a vindeira, porque vou estar ausente. --Toliño Fala aquí comigo 18 de marzo de 2013 ás 14:19 (UTC)[responder]

*Innovativa > innovadora[editar a fonte]

Modificado. Ben vista. --Atobar (conversa comigo) 18 de marzo de 2013 ás 15:01 (UTC)[responder]

Artigo traducido e consulta.[editar a fonte]

Ola! Grazas polas indicacións. ¡Imos dar máis traballo que colaboración! Supoño que agora está ben o da licenza. Calquera corrección é benvida. Aproveito para comentar: a imaxe que hai no artigo na es.wikipedia debe vir da wikipedia italiana, así que fixen unha imaxe nova que é a que aparece: Almicantarat_gl.png. Antes de esa subín outra Almicantarat.svg que non quedou nada ben. ¿Como podo facer para borrala? --UL Abelrr (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 16:48 (UTC)[responder]

árbore xenealóxica[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Máis que pola rama de Alexandre Bóveda, pensara na idea de facer a árbore pola rama de Darío Álvarez Blázquez, que tivo numerosa fill@s e net@s con artigo na wiki. Agora non teño a man os libros de onde tirei os datos, comprobareino para a semana. Mil grazas, e saúdos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de marzo de 2013 ás 22:36 (UTC)[responder]

Ola, Elisardo; moi boa idea a de crear unha árbore distinta para a outra banda da saga. Anímaste ti? Prometo meterlle man ao asunto das árbores cando teña tempo, pero agora non me atrevo. Vou facer unha pequena edición no de Alexandre Bóveda, engadir un par de datas. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de marzo de 2013 ás 00:23 (UTC)[responder]
Engadín unha data e modifiquei outra que estaba mal. Outra cousa: mirei que no modelo, para indicar unión úsase y; podería modificarse por e, agora que son poucas as árbores que hai feitas? Como o ves? --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de marzo de 2013 ás 00:29 (UTC)[responder]

Protección de páxinas[editar a fonte]

(Deixo esta mensaxe pola edición que fixeches no artigo Galicia.) Só os administradores poden (podemos) modificar a protección das páxinas. O marcador que retiraches ({{Protexido}}) simplemente é un aviso visual de que a páxina está protexida fronte ao traslado. Tes os significados das diferentes cores nesta páxina: WP:PP. --Toliño Fala aquí comigo 21 de marzo de 2013 ás 19:12 (UTC)[responder]

The Signpost: 18 de marzo de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 22 de marzo de 2013 ás 06:35 (UTC)

Ola, Elisardo! Importaríache subir questa foto de Praza a Commons, porfi? Graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de marzo de 2013 ás 12:04 (UTC)[responder]

Un millón! Xa está incluída en Laura Ponte Santasmarinas. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de marzo de 2013 ás 09:16 (UTC)[responder]
Grazas polo aviso; é fantástico, pois xa as incluín en Roi Vidal e Xavier Estévez. Mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de marzo de 2013 ás 10:55 (UTC)[responder]

Vídeo do acto de Santiago[editar a fonte]

Ola, Elisardo! Está subido o vídeo das charlas de Santiago?--Agremon(contacto) 23 de marzo de 2013 ás 13:27 (UTC)[responder]

Xa argallei algo; ó mellor volto aínda. --Agremon(contacto) 8 de abril de 2013 ás 05:34 (UTC)[responder]

Ola Elisardo, xa creei os mapas de localización de case todos os países, só quedan uns poucos, penso que xa podes incluír o mapa de localización para o modelo das cidades e para os submodelos deste como por exemplo Cidade de Escocia, Cidade de Alemaña ou Cidade da República Checa. Un saúdo. --JaviP96 24 de marzo de 2013 ás 23:53 (UTC)[responder]

Foto de polñiticos do Bloque[editar a fonte]

Boas, Elisardo. Non sei se perdeches a pista daquela fotografía de políticos do bloque [1] polos que preguntabas a primeiros de mes. Eu vina hoxe e pregunteille a un amigo do BNG, que me deu os nomes de case todos, e coa colaboración de Xabier que coñeceu ó que nos faltaba, xa os tes todos aí identificados. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 26 de marzo de 2013 ás 20:01 (UTC)[responder]

sigular vs plural[editar a fonte]

A norma é que os nomes de taxons veñan sempre en plural, sexa como título de artigo ou como categoría, e usando a forma galega ou galeguizada (non o termo científico, en latín). Como durante anos se escribiron en singular, así como as ligazóns, pode ser aconsellable crear unha redirección desde o singular ó plural. Eu tamén atopo de cando en vez páxinas en singular, que corrixo. Esta prevalencia do plural sobre o singular, para estes usos, non é obxecto de discusión (como o foi o uso do nome científico ou do nome común como títulos do artigo, ou como o é agora a forma dos exotopónimos), e tanto a RAG como a RAE dano sempre como masculino plural, reservando o singular para o individuo conceto dese taxon. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 28 de marzo de 2013 ás 18:34 (UTC)[responder]

The Signpost: 25 de marzo de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de marzo de 2013 ás 22:16 (UTC)