Diferenzas entre revisións de «Psique (mitoloxía)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
 
[[Ficheiro:Psycheabduct.jpg|miniatura|''A elevación de Psique'' de [[William Bouguereau]]]]
Entrementres, Psique sentíase moi desafortunada, porque todos admiraban a súa beleza pero ninguén se presentaba como pretendente para casar. Seu pai acudiu ao Oráculo do deus de [[Mileto, Grecia|Mileto]] sospeitando dunha maldición, [[Apolo]] respondeulle que Psique, levando roupas fúnebres debía ser levada a unha rocha dun monte alto para ser recollida por un monstro cruel e fero. Os infelices pais cumpren a vontade do [[oráculo]] e acompañados dun gran cortexo deixan a Psique na rocha, de súpeto un golpe de vento levouna a un val na pendente da rocha, onde había un marabilloso palacio habitado por [[espírito]]s invisibles. Psique obtén do seu marido invisible a promesa de ver as súas irmás coa condición de non se interesar pola súa aparencia. Pero as irmás mostran envexa da [[felicidade]] e das riquezas de Psique e entón suxírenlle á irmá que xa está empreñada dun deus que colla unha lámpada para ver o rostro do seu marido que elas teiman en dicir que é unha serpe velenosa á que lle debe cortar a cabeza. Psique alumea o rostro do seu marido durmido e ve o máis adorable e doce de todos os rostros, o de Cupido, este ao espertar e ver a súa fe totalmente traizoada saíu voando sen dicir unha soa palabra pero non puido impedir que Psique apreixara a súa perna dereita voando por un momento con el, tras caer Cupido cóntalle que desobedecera á súa nai para facela a súa esposa, castigando a Psique pola súa falta de [[confianza]] coa súa marcha. Psique láiase tristemente da súa sorte, o deus [[Pan]] trata de consolala.
 
Psique víngase das súas irmás e vai na procura de Cupido, desamparada entrégase a Venus quen a somete a unha serie de probas, finalmente consegue a axuda de [[Xúpiter]] quen legaliza os [[amor]]es de Psique e Cupido concedéndolle a [[inmortalidade]] á rapaza.
105.984

edicións

Menú de navegación