Comarca de Tabeirós - Terra de Montes: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 14: | Liña 14: | ||
[[Ficheiro:Estrada, Toedo, 03-02.JPG|miniatura|dereita|350px|Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes, situado na parroquia de [[Toedo, A Estrada|Toedo]] (A Estrada).]] |
[[Ficheiro:Estrada, Toedo, 03-02.JPG|miniatura|dereita|350px|Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes, situado na parroquia de [[Toedo, A Estrada|Toedo]] (A Estrada).]] |
||
A ''' |
A '''comarca de Tabeirós - Terra de Montes''' é unha comarca [[Galicia|galega]] situada na [[provincia de Pontevedra]] e a súa capital é [[A Estrada]]. Pertencen a esta comarca os concellos de [[Cerdedo]], [[A Estrada]] e [[Forcarei]]. A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da [[A Estrada|Estrada]]) e por outra banda a comarca histórica de [[Terra de Montes]]. |
||
==Localización e características== |
==Localización e características== |
||
Liña 82: | Liña 82: | ||
<gallery> |
<gallery> |
||
Ficheiro:Comarca de Tabeirós - Terra de Montes.png|Localización da comarca en Galicia. |
Ficheiro:Comarca de Tabeirós - Terra de Montes.png|Localización da comarca en Galicia. |
||
Ficheiro:Tabeiros County in Pontevedra Province-gl.svg|Municipios e localización da comarca na |
Ficheiro:Tabeiros County in Pontevedra Province-gl.svg|Municipios e localización da comarca na provincia de Pontevedra. |
||
</gallery> |
</gallery> |
||
Revisión como estaba o 9 de agosto de 2016 ás 13:45
Comarca de Tabeirós - Terra de Montes | |
---|---|
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Área | 529 km² |
Poboación | 26.753 hab. (2014) |
Concellos | Cerdedo A Estrada Forcarei |
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei. A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.
Localización e características
Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.
En 2014 a poboación era de 26.753 habitantes, dos cales 21.197 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.
A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.
Demografía
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 2000 e 2009 a comarca perdeu de 1.383 habitantes (un 4,64% da poboación).
Censo total 2014 | 26.753 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 2.924 (10.93 %) |
Entre 15 e 64 anos | 15.930 (59.54 %) |
Maiores de 65 anos | 7.899 (29.52 %) |
Concello / Parroquia | Poboación |
---|---|
A Estrada | 8291 |
Figueiroa de Arriba | 471 |
Soutelo de Montes | 454 |
Sabucedo | 60 |
Cerdedo | 421 |
Forcarei | 402 |
Pedre | 189 |
Os Bolos | 179 |
Berres (A Estrada) | 176 |
Concellos
Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes
-
Localización da comarca en Galicia.
-
Municipios e localización da comarca na provincia de Pontevedra.