Saltar ao contido

Escudo de Eslovaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Eslovaquia
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/07sfg2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

No escudo de Eslovaquia nun campo de goles, figura unha cruz dobre de prata sobre o pico central dun grupo de tres outeiros de azur.

A cruz dobre representa aos tres santos máis importantes no país, San Bieito, San Cirilo e San Metodio. Os tres outeiros son outro dos emblemas do país, representan os montes Tatra, Fatra e Matra (o derradeiro situado na actualidade en Hungría).

No escudo de Eslovaquia e no de Hungría figura a cruz dobre e aparece cunha colocación moi semellante.