Saltar ao contido

Zuzana Čaputová

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZuzana Čaputová

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sk) Zuzana Strapáková Editar o valor en Wikidata
21 de xuño de 1973 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Bratislava Editar o valor en Wikidata
5ª Presidenta de Eslovaquia
15 de xuño de 2019 – 15 de xuño de 2024
← Andrej Kiska – Peter Pellegrini →
Vicepresidenta Eslovaquia Progresista
15 de marzo de 2018 – 19 de marzo de 2019
Concelleira
27 de novembro de 2010 – 15 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade Comenius de Bratislava - ciencias do dereito (1991–1996)
Universidade Comenius de Bratislava - Mestrado (1991–1996) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, avogacía e política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxurista, activista medioambiental, activista, política, avogada Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEslovaquia Progresista (2017–2019) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIvan Čaputa (–2018), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaJuraj Rizman (2020–2026)
Peter Konečný (2018–2019) Editar o valor en Wikidata
PaiŠtefan Strapák Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm10511992 Facebook: zcaputova Twitter: ZuzanaCaputova Instagram: zuzana_caputova Telegram: ZuzanaCaputova LinkedIn: zuzana-caputova Youtube: UCpKEbrT6wer3TCrr4IC2WwA Editar o valor en Wikidata

Zuzana Čaputová, nada o 21 de xuño de 1973 como Zuzana Strapáková, é unha política, avogada e activista eslovaca, actual presidenta de Eslovaquia dende o 15 de xuño de 2019. Čaputová é a primeira muller que ocupa a presidencia, así como a presidenta máis nova da historia de Eslovaquia, accedendo ao cargo con 45 anos.[1]

Deuse a coñecer nunha loita dunha década contra a localización dun vertedoiro tóxico na súa cidade natal de Pezinok. Por isto, Čaputová foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman en 2016.

Čaputová gañou as eleccións de 2019 para a presidencia cun 58% dos votos en segunda volta.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zuzana Strapáková naceu no seo dunha familia de clase traballadora[3] en Bratislava.[4] Viviu na cidade próxima de Pezinok,[4] por aquel entón de Checoslovaquia, durante as dúas primeiras décadas da súa vida. Describiu o ambiente da súa crianza como "de mente aberta".[3]

Estudou na Facultade de Dereito da Universidade Comenius de Bratislava,[4] graduándose en 1996.[5] Entre 1998 e 1999 completou o ciclo formativo "Xestión Xeral - Xestión do Cambio" e en 1999 o curso ARK - Mediación, acreditado polo Ministerio de Educación de Eslovaquia.[6]

Despois de concluír a súa educación, Čaputová traballou no goberno local de Pezinok, primeiro como axudante no departamento xurídico, e despois como deputada ao alcalde da cidade.[7]

Máis tarde, trasladouse ao sector sen ánimo de lucro da Open Society, onde se ocupou da administración pública e o problema dos nenos maltratados e explotados. Posteriormente, traballou como responsable de proxecto na asociación cívica EQ Klub no desenvolvemento da comunidade local.[8]

Entre 2001 e 2017, Čaputová traballou con Via Iuris, unha organización cívica, como avogada (desde 2010),[7] e con Greenpeace na planificación de campañas.[9] En Pezinok estivo á fronte dunha campaña pública contra a autorización doutro vertedoiro que agravaría a contaminación do solo, do aire e da auga da cidade e dos seus arredores. A loita contra o vertedoiro culminou en 2013, cando a Corte Suprema de Eslovaquia sentenciou que o novo vertedoiro era ilegal e violaba as normas ambientais.[10]

Čaputová dirixiu o seu propio bufete de avogados e é autora de varias publicacións. É membro de Alliance Law Alliance Worldwide (ELAW), unha rede de avogados e xuristas ambientais.[11]

Actividades políticas

[editar | editar a fonte]
Čaputová falando aos xornalistas, 2019

En decembro de 2017, 'Čaputová anunciou a súa entrada no emerxente partido político Eslovaquia Progresista e, en xaneiro de 2018, foi elixida vicepresidenta no primeiro congreso do partido. Como membro cofundador[12] de Eslovaquia Progresista, un partido socio-liberal e progresista non parlamentario, exerceu como presidenta adxunta ata marzo de 2019, cando renunciou debido á súa candidatura presidencial.[13] Čaputová foi a candidata do partido nas eleccións presidenciais de Eslovaquia de 2019[14] e foi elixida presidenta na segunda volta, despois de recibir máis do 58% dos votos e vencer ao seu opoñente, o vicepresidente da Comisión Europea Maroš Šefčovič, un independente que estaba apoiado polo partido dominante Smer-SD.[15]

Presidencia

[editar | editar a fonte]
Čaputová e Robert Mistrík, candidato inicial que se retirou e lle deu o seu apoio.

Nunha rolda de prensa celebrada o 29 de marzo de 2018, Čaputová anunciou a súa candidatura á presidencia da Eslovaquia na carreira presidencial de 2019, sendo apoiada por Eslovaquia Progresista, xunto con Liberdade e Solidariedade e SPOLU, despois de que o seu principal rival, Robert Mistrík, se retirase da carreira e a apoiase a ela o 26 de febreiro de 2019.[16] Dixo que se sentiu obrigada a presentar a candidata á presidencia despois do asasinato do xornalista investigador Ján Kuciak.[17][18][19]

Čaputová gañou a primeira volta das eleccións o 16 de marzo de 2019, cun 40,57% dos votos. Despois derrotou ao segundo máis votado, Maroš Šefčovič, por un 58% contra un 42% na segunda volta o 30 de marzo de 2019.[20] A participación na segunda volta, de só o 41,79%, foi a menor de todas votacións dese tipo de eleccións en Eslovaquia. O número de votos cos que Čaputová foi elixida para o cargo foi tamén o máis baixo para calquera presidente eslovaco elixido directamente ata a data.[21] A súa toma de posesión tivo lugar o 15 de xuño de 2019 durante unha sesión especial do Consello Nacional en Bratislava.[22]

Posicións políticas

[editar | editar a fonte]

Igualdade

[editar | editar a fonte]

Na páxina web da súa campaña, Čaputová dicía que "a xustiza en Eslovaquia non se aplica igualmente a todos". De acordo coas súas declaracións durante a campaña, planea introducir cambios no sistema xudicial policial e xudicial de Eslovaquia. Realizou unha campaña para que a policía fose unha institución independente sen influencia política, encabezada por un profesional imparcial con servizo contrastado. Ademais afirma que é necesario transformar a fiscalía nunha institución xestionada publicamente.[23]

Medio ambiente

[editar | editar a fonte]

Čaputová é unha activista ambiental que foi comparada a miúdo coa estadounidense Erin Brockovich.[24][25] sostén que a protección ambiental debería incluír a paralización da deforestación ilegal e que o 5% do territorio máis valioso para o medio ambiente debería permanecer como unha zona estritamente protexida.[23]

Dereitos LGBT

[editar | editar a fonte]

Čaputová declarou que apoia as parellas de feito do mesmo sexo e a educación da poboación en xeral sobre estas relacións. Nunha discusión organizada por SME Journal, falou sobre a posibilidade de adopción por parte de parellas gais: "Prefiro que o neno teña unha nai biolóxica e un pai biolóxico. Se tivese que medrar nun orfanato, creo que estaría mellor con dous seres queridos, aínda que sexan do mesmo sexo".[26]

Aborto e dereitos reprodutivos

[editar | editar a fonte]

Čaputová apoia o mantemento do statu quo no que se refire ao aborto e aos dereitos reprodutivos: "Se hai unha situación extrema e o dilema está entre decidir se adoptar unha norma legal que invadirá a vida persoal dos cidadáns ou deixar a responsabilidade ás mulleres e á súa elección persoal, elixo a responsabilidade dunha muller".[27]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Čaputová está divorciada e ten dúas fillas.[1] Practica ioga zen.[3] Aínda vive en Pezinok.[1]

Čaputová (terceira pola dereita) xunto aos outros gañadores do premio Goldman en 2016 e Nancy Pelosi.

Polo seu decidido esforzo no asunto da vertedura de Pezinok, Čaputová foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman en 2016.[28] Os premiados con este galardón son seleccionados por un xurado internacional e expertos de todo o mundo que se distinguiron por ter un impacto duradeiro e significativo na protección ambiental. O premio Goldman foille entregado a Čaputová en San Francisco. A súa loita longa e finalmente triunfadora foi comparada coa do estadounidense Erin Brockovich.[14] O texto do premio establece que foi galardoada pola súa "campaña implacable contra a apertura dun vertedoiro na cidade de Pezinok, que, se de ser aberto, agravaría aínda máis os posibles riscos para a saúde e contribuiría á "contaminación urbana".[29] Como recoñecemento ao seu esforzo pola democracia europea, Čaputová foi galardoada co premio europeo de cultura política en agosto de 2019.[30]

Honras nacionais

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 Santora, Marc; Germanova, Miroslava (30 de marzo de 2019). "Zuzana Caputova Is Elected Slovakia's First Female President". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 31 de marzo de 2019.
  2. ↑ "Zuzana Čaputová, the spiritual liberal who beat Slovakia's populists". The Guardian. 13 de abril de 2019. Consultado o 13 de abril de 2019. The country’s first female president says she won’t compromise on progressive values in her search for pragmatic solutions
  3. 1 2 3 Kalan, Dariusz (28 de marzo de 2019). "Can Zuzana Caputova Save Slovakia?". Foreign Policy (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2019.
  4. 1 2 3 Juhasz, Laszlo (29 March 2019). "Outsider Caputova wins Slovak presidency" (en inglés). AFP. Consultado o 31 de marzo de 2019 – vía Yahoo! News.
  5. ↑ Fabok, Martin. "Profile of Presidential Candidate Zuzana Caputova – News Now". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2019.
  6. ↑ "Profile" (PDF). Zuzana Čaputová. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de marzo de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019. Arquivado 31 de marzo de 2019 en Wayback Machine.
  7. 1 2 "Profile of Zuzana Caputova". TASR. Consultado o 31 de marzo de 2019.
  8. ↑ "Profil prezidentskej kandidátky Zuzany Čaputovej". Teraz.sk (Bratislava: TASR). 1 de febreiro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019.
  9. ↑ "Q&A with Zuzana Čaputová". Goldman Environmental Foundation. 9 de novembro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2019.
  10. ↑ "From attorney and activist to president of Slovakia. Who is Zuzana Čaputová?". Spectator.sme.sk (The Slovak Spectator). Consultado o 31 de marzo de 2019.
  11. ↑ "Goldman Prize Winner Zuzana Caputova is Newest ELAW Fellow". Environmental Law Alliance Worldwide. Consultado o 31 de marzo de 2019.
  12. ↑ a.s, Petit Press. "Progresívne Slovensko neprekvapilo, povedie ho Štefunko. Trúfa si na 15 percent". Domov.sme.sk. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
  13. ↑ a.s, Petit Press. "Čaputová sa vzdala funkcie podpredsedníčky Progresívneho Slovenska". domov.sme.sk (en eslovaco). Consultado o 27 de marzo de 2019.
  14. 1 2 Santora, Marc (15 de marzo de 2019). "In Slovakia, Unlikely Presidential Candidate Signals a Backlash Against Populism". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 16 de marzo de 2019.
  15. ↑ Santora, Marc and Miroslava Germanova (30 de marzo de 2019). "Zuzana Caputova Is Elected Slovakia's First Female President". The New York Times. Consultado o 31 de marzo de 2019.
  16. ↑ Patricolo, Claudia (27 February 2019). "Robert Mistrík pulls out of Slovak presidential race, backs Zuzana Čaputová". Emerging Europe. Consultado o 31 de marzo de 2019.
  17. ↑ a.s, Petit Press (31 de marzo de 2019). "Čaputová framed the election "as a struggle between good and evil"". spectator.sme.sk.
  18. ↑ "Slovakia's first female president hails victory for progressive values". 31 de marzo de 2019 – vía www.theguardian.com.
  19. ↑ "Humanist lawyer becomes Slovakia's first female president". Emerging Europe. 31 de marzo de 2019.
  20. ↑ "Zuzana Caputova becomes Slovakia's first female president". BBC News. 31 de marzo de 2019. Consultado o 31 March 2019.
  21. ↑ Terenzani, Michaela (31 de marzo de 2019). "Čaputová won on a record low turnout". spectator.sme.sk (The Spectator). Consultado o 31 de marzo de 2019.
  22. ↑ "Zuzana Caputova inaugurated as 1st Slovak female president". foxnews.com. Associated Press. 15 de xuño de 2019.
  23. 1 2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2019. Arquivado 25 de maio de 2019 en Wayback Machine.
  24. ↑ "Slovakian president-elect is a green campaigner who will fight coal subsidies". Climate Home News (en inglés). 2019-04-01. Consultado o 2019-11-04.
  25. ↑ "Slovakian president-elect to fight coal subsidies". The Ecologist (en inglés). Consultado o 2019-11-04.
  26. ↑ a.s, Petit Press. "Čaputová sa nevzdá v prospech Mistríka len preto, ak by mal vyššie preferencie". domov.sme.sk (en eslovaco). Consultado o 2019-03-17.
  27. ↑ a.s., Denník N (2019-02-17). "Zuzana Čaputová – pre kresťana neprípustný kandidát? Analýza.". dennikn.sk. Consultado o 25 de marzo de 2019.
  28. ↑ "Zuzana Čaputová". Goldman Environmental Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019.
  29. ↑ ""Nobelovku" za životné prostredie dostala Slovenka. Za skládku v Pezinku". Aktuality.sk. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
  30. ↑ "Slovak president awarded European Prize for Political Culture". Emerging Europe. 12 de agosto de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]