Eleccións xerais de España de 1898
Eleccións xerais de España de 1898 | |
---|---|
← 1896 1899 → | |
Data | 27 de marzo de 1898 |
Tipo | Eleccións xerais en España |
Cargo elixido | Deputado das Cortes |
Resultado da votación | |
As Eleccións Xerais do 27 de marzo de 1898 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai, María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931, que define a época histórica coñecida como Restauración borbónica en España.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]En base ao Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885, queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.
O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.
Cánovas del Castillo foi asasinado o 8 de agosto de 1897, no balneario de Santa Águeda, no municipio de Arrasate, Guipúscoa, polo anarquista italiano Michele Angiolillo.
O estoupido do buque estadounidense Maine o 15 de febreiro de 1898 desatou a Guerra Hispano-Americana.
Características
[editar | editar a fonte]O 4 de marzo de 1898, seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.
Descoñécese o número de votantes nestas eleccións, todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 401 deputados o día 27 de marzo de 1898.
Por mor da Guerra Hispano-Estadounidense trala cal Cuba e Porto Rico deixaron de formar parte de España, estas foron as últimas eleccións nas que houbo representación destas provincias no Congreso dos Deputados.
Composición do Congreso dos Deputados
[editar | editar a fonte]Partido | Escanos | Líder | ||||
Partido Liberal | 272 | Práxedes Mateo Sagasta | ||||
Unión Conservadora | 82 | Francisco Silvela | ||||
Fusión Republicana | 18 | Nicolás Salmerón | ||||
Conservadores Tetuanistas | 9 | Carlos O'Donnell y Álvarez de Abreu | ||||
Partido Liberal Reformista | 6 | Francisco Romero Robledo | ||||
Comunión Tradicionalista | 6 | Marqués de Cerralbo | ||||
Católicos independentes | 1 | Marqués de Santillana | ||||
Independentes | 6 |
Resultados nas circunscricións galegas
[editar | editar a fonte]A Coruña
[editar | editar a fonte]A provincia da Coruña contaba con 14 deputados repartidos en distritos electorais [1]
- Santiago de Andrés Moreno y García
- Juan Armada Losada
- Enrique Fernández Alsina
- Juan Fernández Latorre
- Manuel García Prieto
- Eduardo Gasset Chinchilla
- Rafael Gasset Chinchilla
- Benito María Hermida Verea
- Aureliano Linares Rivas
- Daniel López López
- Antonio del Moral López
- José Ortega Munilla
- Felipe Romero Donallo
- Fernando Villaamil y Fernández Cueto
Lugo
[editar | editar a fonte]A provincia de Lugo contaba con 11 deputados repartidos en distritos electorais:
- Fernando Cos Gayón y Pons
- Francisco Dorado López de Zarate
- Vicente Martínez Bande
- Cándido Martínez Montenegro
- Francisco Martínez y González Bengoechea
- Guillermo Joaquín de Osma y Scull
- Pegerto Pardo Balmonte
- Casimiro Pérez García
- Benigno Quiroga López Ballesteros
- Vicente Quiroga Vázquez
- Nicolás Vázquez de Parga y de la Riva
Ourense
[editar | editar a fonte]A provincia de Ourense tiña 9 deputados repartidos en distritos electorais:
- Gabino Bugallal Araujo
- Senén Canido y Pardo
- Aurelio Enríquez González
- Luis Espada Guntín
- Álvaro López de Carrizosa y de Giles
- Álvaro López Mora
- Adolfo Merelles Caula
- Vicente Pérez y Pérez
- Marcial Taboada de la Riva
Pontevedra
[editar | editar a fonte]A provincia de Pontevedra tiña 13 deputados repartidos en distritos electorais:
- Antonio Aguilar y Correa
- Carlos María Cortezo y Prieto
- Antonio Díaz de Rábago y Aguiar
- Ángel Elduayen y Mathet
- Francisco de Federico y Martínez
- Raimundo Fernández Villaverde y García Rivero
- Bernardo Mateo Sagasta Echeverria
- Alejandro Mon y Landa
- Eugenio Montero y Villegas
- Ezequiel Ordóñez González
- Martín de Rosales y Martel
- Ángel Urzaiz y Cuesta
- Eduardo Vincenti Reguera
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.