Vicente Quiroga Vázquez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1848 Quiroga |
| Morte | 14 de decembro de 1913 |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Irmáns | Manuel Quiroga Vázquez |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vicente Quiroga.
Vicente Quiroga Vázquez, nado en Quiroga en 1848 e finado o 14 de decembro de 1913, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Quiroga Valdés, señor de Monte Furado e da casa de Viloira. Pertenceu ao Partido Liberal, foi deputado polo distrito de Quiroga durante dez ocasións entre 1872 e 1907, e senador pola provincia de Lugo (1896-1898 e 1910-1911).
Era irmán do tamén político Manuel Quiroga Vázquez.