José Ortega Munilla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1856 Cárdenas, Cuba |
Morte | 30 de decembro de 1922 (66 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
4 de abril de 1898 – 2 de xaneiro de 1914 ← Eduardo Gasset Chinchilla – Eduardo Gasset Chinchilla → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, crítico literario, escritor, novelista |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Dolores Gasset Chinchilla |
Fillos | Eduardo Ortega y Gasset, José Ortega y Gasset, Rafaela Ortega y Gasset |
Pai | José Ortega y Zapata |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Ortega y Munilla (José), p.317) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
José Ortega Munilla, nado en Cárdenas (Cuba) o 26 de outubro de 1856 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1922, foi un escritor, xornalista e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Ortega Zapata, orixinario de Valladolid, e de María del Pilar Munilla Urquiza, de Estremadura. O pai era membro do Partido Moderado e exercía un cargo importante na administración colonial cubana, aínda que a súa principal actividade era o xornalismo. Sendo neno a familia trasladouse a Madrid. Iniciou os seus estudos nos Seminarios de Cuenca e Xirona, que abandonou ao estalar a revolución de 1868 para iniciar os de dereito. Foi redactor de La Iberia, órgano do partido de Práxedes Mateo Sagasta. Co seu amigo Miguel Moya fundou a revista literaria La Linterna e publicou tamén con el un periódico taurino, El Chiclanero. Formou parte da xeración realista do 68 e comungou coa filosofía positivista e as correntes krausistas e converteuse en defensor do naturalismo en literatura. Empezou a redactar unha sección, "Crónica semanal", en Los Lunes de El Imparcial.
O 9 de xuño de 1881 casou cunha filla do fundador de El Imparcial, Dolores Gasset Chinchilla. Deste matrimonio naceron 4 fillos: Eduardo, que morreu exiliado en Caracas en febreiro de 1965; Rafaela, que faleceu en 1940; Manuel, o autor da Biografía de El Imparcial, morto en setembro de 1965; e o máis coñecido, José Ortega y Gasset.
Foi elixido membro de número da Real Academia Española en 1902, e ingresou cun discurso sobre Ramón de Campoamor. Foi colaborador de Los Lunes de El Imparcial, e despois pasou a traballar na sección literaria do xornal fundado polo seu sogro, Eduardo Gasset, monárquico liberal, e máis foi o seu director. Foi un dos xestores do trust, e protector do xornal El Sol, sometido á influencia cultural do seu fillo José Ortega y Gasset. Converteu a súa cadea de prensa no trampolín para os escritores da xeración do 98 que empezaban a abrirse paso: Azorín, Pío Baroja e Valle-Inclán.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Foi elixido deputado no Congreso polo distrito de Padrón nas eleccións de 1898. Foi reelixido polo mesmo distrito ata 1910.
Obra
[editar | editar a fonte]Como xornalista destacou por un gran talento para o humor, un estilo solto e colorista e unha axilidade narrativa que conservou ata o fin da súa vida, cando o ABC lle abriu as súas columnas. Comezou a súa carreira de narrador desde a novela sentimental posromántica. Agrupou as súas novelas de 1879 a 1884 co nome de Relaciones contemporáneas. Desde os anos 80 escribiu novela realista. Adheriuse ao naturalismo a partir de El fondo del tonel (1881-84), buscando os temas sociais.
Novelas
[editar | editar a fonte]- Cleopatra Pérez (1884).
- La cigarra (1879).
- Sor Lucila (1880).
- El fauno y la dríada (1882).
- Idilio lúgubre (1887).
- La señorita de Cisniega (1918).
- Don Juan Solo.
- Panza al trote.
- El tren directo.
- El paño pardo.
Narracións breves
[editar | editar a fonte]- El yegüerizo, Fifina, Tremielga (1897).
- El espejuelo de la gloria (1897).
Libros de viaxes
[editar | editar a fonte]- Viajes de un cronista (1892).
- Viñetas del Sardinero.
- Mares y montañas (1887).
Teatro
[editar | editar a fonte]- Estracilla (1918), adaptación da súa novela homónima publicada o ano anterior.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Germán Bleiberg e Julián Marías, Diccionario de literatura española, Madrid: Revista de Occidente, 1964 (3ª ed.).