Benito María Hermida Verea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benito María Hermida Verea
Benito Hermida.JPG
Retrato de Benito María Hermida Verea en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880.
Nacemento9 de febreiro de 1825
 Galicia Galicia Santiago de Compostela
Falecemento2 de xuño de 1905
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolitico
CónxuxeDolores Segovia Cisneros
Premioscabaleiro da Real Orden de Carlos III
Gran Cruz de Isabel a Católica
editar datos en Wikidata ]

Benito María Hermida Verea, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1825 e finado o 2 de xuño de 1905, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Humberto Ramón de Hermida Bazán e María del Pilar Verea de Aguiar San Mamede. Señor de Andeade, Cumeiro, Leiro Grande, Osebe, Loureiro, Salmonte e Rosende. Casou con Dolores Segovia Cisneros. Foi alcalde de Touro en 1857. Foi elixido senador pola provincia da Coruña en 1872. Na Restauración pertenceu ao Partido Liberal e foi elixido deputado polo distrito de Arzúa nas eleccións de 1876. Continuou como deputado polo mesmo distrito nas sucesivas eleccións ata 1899. Volveu ser elixido senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1899-1900 e 1901-1902. Dirixiu a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Foi nomeado cabaleiro da Real Orden de Carlos III e recibiu a Gran Cruz de Isabel a Católica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]