Eleccións xerais de España de 1896

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eleccións Xerais 1896 en España»)
Eleccións xerais de España de 1896
 ← 1893 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1898 Editar o valor em Wikidata  → 
Data5 de abril de 1896 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes Editar o valor em Wikidata
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
Afonso XIII e María Cristina a Raíña Rexente.

As Eleccións Xerais de 5 de abril de 1896 en España foron convocadas na minoría de idade do rei Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

En base ao pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 17 de marzo cae o goberno de Sagasta como consecuencia do asalto ás oficinas dos xornais El Resumen e El Globo que criticaron os destinos militares de Cuba. O 23 de marzo os conservadores de Cánovas del Castillo forman goberno.

Características[editar | editar a fonte]

O 26 de febreiro de 1896 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

Descoñécese o número de votantes para estas eleccións , todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 401 deputados o día 5 de abril de 1896, ademais dos 16 de Porto Rico e os 30 de Cuba.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións[editar | editar a fonte]

Eleccións Xerais en España, 5 de abril de 1896

Partit Escons Líder
Unión Conservadora Partido Liberal 272 Antonio Cánovas del Castillo
Partido Liberal 98 Práxedes Mateo Sagasta
Unión Conservadora 12 Francisco Silvela
Comunión Tradicionalista 10 Marqués de Cerralbo
Republicanos posibilistas independentes 4 Emilio Castelar
Católicos independentes 1 Marqués de Santillana
Independentes e outros 4

Resultados en Galicia[editar | editar a fonte]

Os deputados elixidos nos distritos de Galicia foron os seguintes[1]

A Coruña[editar | editar a fonte]

Lugo[editar | editar a fonte]

Ourense[editar | editar a fonte]

Pontevedra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agrupados na provincia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]