Mondragón, Guipúscoa
| Mondragón (es) Arrasate (eu) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | País Vasco | |||
| Provincia | Guipúscoa | |||
| Comarcas | Debagoiena | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 22.123 (2024) | |||
| Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 34,2 km² | |||
| Altitude | 236 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Datos históricos | ||||
| Creación | 15 de maio de 1260 | |||
| Día festivo | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Ignacio Azcarraga-Urizar Larrea (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 20500 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 20055 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | arrasate.eus | |||

Mondragón[1][2] (en castelán: Mondragón, en éuscaro: Arrasate e no dialecto local Mondragoe[Cómpre referencia]; oficialmente Arrasate/Mondragón) é un concello de Guipúscoa, o máis poboado da comarca de Debagoiena, no País Vasco, con 22.116 habitantes, que ocupan unha área de 30,8 km².
Economía
[editar | editar a fonte]É coñecido pola súa activitade cooperativa, que orixinou a creación de empresas como Euskadiko Kutxa/Caja Laboral, Eroski, Fagor, Universidade de Mondragón etc. Todas estas cooperativas forman parte de Mondragón Corporación Cooperativa (MCC). Moitos habitantes de Arrasate e da comarca, e aínda de todo o País Vasco, traballan en diferentes empresas desta cooperativa.
Demografía
[editar | editar a fonte]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Arrasate está situado no suroeste do territorio de Guipúscoa, no límite coas provincias de Áraba e Biscaia. O municipio está nun val, arrodeado de montañas, entre as que cómpre destacar o Udalatx (1.117 m), e con menor elevación o Murugain (778 m) e o Kurtzetxiki (532 m).
O concello limita o norte con Elorrio (Biscaia) e Bergara, ao sur con Aretxabaleta, ao leste con Oñati e ao oeste con Aramaio (Áraba).
Festas e tradicións
[editar | editar a fonte]- Sanjuanak (San Xoán) son as festas patronais de Arrasate, entre o 23 e o 26 de xuño.
- Maritxu Kajoi (Maruxa a do caixón), no primeiro venres de outubro. É unha festa nova que se ven celebrado desde 1977, máis que ten acadado unha enorme popularidade. A xente viste as mellores galas e pechan a festa perante unha imaxe de María, que realiza todos os anos un "milagre".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mondragón". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1396.
- ↑ Olealdecoa, Garbiñe (1990). "As cooperativas de crédito, a súa configuración na Lei 1/1982 do 11 de febreiro do Parlamento Vasco; a experiencia de Mondragón". Cooperativismo e economía social (Vigo) (2).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mondragón, Guipúscoa |
