Carlos María Cortezo Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos María Cortezo Prieto

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Carlos María Cortezo y Prieto de Orche Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1850 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 1933 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
1905 –
Q76851766 Traducir
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónesperantista , político , médico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaEsperanto e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Galiciana: 17548

Carlos María Cortezo Prieto de Orche, nado en Madrid o 1 de abril de 1850 e finado na mesma cidade o 24 de agosto de 1933, foi un médico e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio de San Carlos e en 1870 chegou a ser médico decano do Hospital da Princesa e do corpo de Beneficencia. En 1891 foi membro da Real Academia de Medicina. Conseguiu o nomeamento de catedrático da Universidade de Granada, que non exerceu.

Republicano, participou na política xunto a Emilio Castelar. Foi elixido deputado polo distrito de Sahagún (León) en 1891. En 1898 foi elixido polo distrito de Ponteareas e en 1899 polo distrito de Bande. Volveu ser elixido deputado por Bande en 1901 e 1903.

Monumento a Carlos Cortezo no Parque do Retiro (Madrid).

Foi impulsor do estudo das bacterias no campo médico. Vocal do Consello de Sanidade, redactou unha reforma para a prevención de epidemias. Nomeado por primeira vez Director xeral de Sanidade en 1899, creou o Instituto de Hixiene Afonso XIII. Nomeado por segunda vez Director xeral de Sanidade en 1902 ata 1904, estableceu a vacina obrigatoria contra a varicela. Foi ministro de Ministro de Instrución Pública e Belas Artes do 8 de abril de 1905 ao 23 de xuño de 1905 no goberno de Raimundo Fernández Villaverde. Foi elixido senador pola provincia de Ourense en 1905 e en 1906 nomeado senador vitalicio. Foi conselleiro de Estado. En 1927 foi nomeado representante por dereito propio na Asemblea Nacional Consultiva. Fundador da Sociedade Española de Hixiene. En 1929 foi nomeado director da Real Academia de Medicina.

Durante os anos 20 foi defensor do esperanto, e presidente da Asociación Española de Esperanto.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Lecciones de patología y clínica médica, 1880.
  • Estudio sobre el cólera morbo asiático, 1884.
  • Tendencias de la medicina moderna, 1890.
  • Diferenciación sensitiva.
  • Paseos de un solitario, 1923.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Polas súas contribucións médicas e políticas foille concedido o Vélaro de ouro en 1931.

Nomeado Fillo predilecto da cidade de Madrid, ten unha rúa con seu nome e unha estatua no Retiro, obra de Miguel Blay Fábregas en 1921.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Morán V. : Carlos María Cortezo y Prieto de Orche. Revista de la Organización Médica Colegial. Outubro de 1998.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]