Ángel Elduayen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Elduayen
Ángel Elduayen Mathé. Las Cortes Españolas, Las de 1910. Madrid. Tipografía Antonio. Marzo 1911.jpg
Nome de nacementoÁngel Elduayen Mathé
Nacemento6 de marzo de 1855
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento19 de xullo de 1927
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ángel Elduayen Mathet ou Ángel Elduayen Mathé, nado en Madrid o 6 de marzo de 1855 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1927, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo adoptivo de José Elduayen Gorriti, Ángel Elduayen era capitán de navío. Membro do Partido Conservador, foi deputado a Cortes en 1891 polo distrito de Villacarrillo (Xaén), renunciando por optar polo distrito de Vigo. En 1893 volve resultar elixido deputado, esta vez polo distrito de Lalín, posto que repetiría en sucesivas eleccións ata 1903. Dende 1903 foi senador pola provincia de Pontevedra ata 1920.

Ostentou o título de marqués de Elduayen, consorte, pola súa muller María Ximénez Sandoval Saavedra († Múnic 7-7-1912),[1] a quen lle fora concedido por Afonso XII en 1876.[2] Sucedeuna no título o seu fillo José Elduayen Ximénez de Sandoval.[3]

Volveu casar, con Fermina de Bonilla e, amais de José, tivo outras dúas fillas, María Dolores e María de los Ángeles. No momento da súa morte Ángel Elduayen tiña o grao de Contraalmirante da Armada.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «VIII Aniversario. La Excma. Señora Doña María Josefa Ximénez de Sandoval y Saavedra. Marquesa de Elduayen. Falleció en Munich el día 7 de junio de 1912» La Época, p. 6. Sábado 5/6/1920, n.º 24.995 Biblioteca Nacional de España.
  2. «Elduayen, Marquesado de: Título concedido por Alfonso XII a María Josefa Jiménez de Sandoval Saavedra en 1876...» en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 23, p. 93.
  3. «D. Ángel Elduayen y Mathet solicita que seconceda á su hijo D. José Elduayen y Ximénez de Sandoval Real carta de sucesión en el título de marqués de Elduayen.» El Siglo Futuro, p. 4. Jueves 9/1/1913, n.º 2.458. Biblioteca Nacional de España.
  4. Necrolóxica ABC, mércores 20 de xullo de 1927, p. 30.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]