Escola Técnica Superior de Enxeñería - ICAI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fachada do edificio de ICAI na rúa Alberto Aguilera, 25 Madrid

A Escola Técnica Superior de Enxeñería - ICAI é un centro docente da Universidade Pontificia Comillas situado en Madrid. É coñecido polo acrónimo ICAI (Instuto Católico de Artes e Industrias), que era a súa denominación previa a incorporación a Universidade de Comillas, e que se mantén dentro do nome da escola.

Conta cuns 3.000 alumnos e case 400 profesores (100 dos cales son de dedicación exclusiva), deixando á parte os estudos de postgrao e doutoramento.

Trala finalización dos seus estudos, os estudantes de enxeñería deben pasar un exame de reválida [1] para que o seu título lles outorgue as atribucións correspondentes a un enxeñeiro industrial equivalente dunha universidade pública española.

O seu director é Mariano Ventosa Rodríguez.

Orientación relixiosa[editar | editar a fonte]

ICAI, como pertence á Universidade Pontificia de Comillas, ten unha orientación relixiosa e inclúe como eixo transversal o humanismo cristián e a conciencia social[2] incluíndo formación relixiosa en todas as súas titulacións[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O Instituto Católico de Artes e Industrias (ICAI) fundouse en 1908 como Escuela de Mecánica e Electricidade para formar cristiá e tecnicamente ao persoal que traballaba nas fábricas destas especialidades. Posteriormente comezáronse a ofrecer titulacións superiores para axudar na promoción profesional e humana aos estudantes máis dotados. Outorgóuselle validez aos estudos cursados en ICAI por Decreto de 10 de agosto de 1950 e posterior Lei de 20 de xullo de 1957. En 1960 únese a ICADE para formar ICADE-ICAI. En 1978 ICADE-ICAI integrouse na Universidade Pontificia Comillas e a marca ICAI engadiuse ao nome da nova Escola Técnica Superior de Enxeñería da universidade.

O edificio de ICAI foi incendiado nos disturbios anticlericais do 11 de maio de 1931 en Madrid e, pouco despois, a supresión da Compañía de Xesús en España fixo que os xesuítas relacionados con esta institución se trasladaran a Liexa (Bélxica), onde continuaron as ensinanzas de enxeñería ata 1937. Ao término da Guerra Civil Española, en 1939, enxeñeiros de ICAI reocuparon o edificio de Madrid.[4]

Titulacións[editar | editar a fonte]

Titulacións adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior[editar | editar a fonte]

Titulacións pre-Boloña[editar | editar a fonte]

A partir do curso académico 2010-11, só poderanse matricular alumnos que xa estean cursando estes estudos.

  • Enxeñeiro Industrial
  • Enxeñeiro en Informática
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas
  • Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Electricidade
  • Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Electrónica Industrial
  • Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Mecánica
  • Enxeñeiro Industrial (2º ciclo)
  • Enxeñeiro en Informática (2º ciclo)
  • Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial (2º ciclo)
  • Enxeñeiro en Organización Industrial (2º ciclo)

Titulacións Propias[editar | editar a fonte]

  • Erasmus Mundus International Master in Economics and Management of Network Industries
  • Máster en Enxeñería de Protección Contra Incendios
  • Máster en Proxecto, Construción e Mantemento de Infraestruturas Eléctricas de Alta Tensión
  • Master in Business Administration Sector Eléctrico – Executive
  • Especialista en Xestión Integral de Proxectos
  • Diploma de Sistemas Robóticos Móbiles
  • Diploma en Comunicacións Industriais

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 06 de novembro de 2010. 
  2. http://www.upcomillas.es/presentacion/pres_bien.aspx?nivel=2&inicio=9
  3. http://www.upcomillas.es/centros/cent_hora_exa.aspx?nivel=3&id=264
  4. Historia del I.C.A.I. Arquivado 26 de marzo de 2009 en Wayback Machine. en la web de la Asociación de Ingenieros Técnicos ICAI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]