Burro de las Encartaciones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
2011 apirila 005.JPG

O burro de las Encartaciones, é unha raza autóctona de burros propia do País Vasco, cunha distribución reducida ó val do mesmo nome, na parte occidental de Biscaia, e zonas limítrofes, ata o noroeste de Áraba.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son animais de pequeño tamaño: como máximo 120 cm de alzada á cruz, pero coa resistencia propia de calquera burro, de capa castaña clara co listón característico nas paletas e liña dorsal. Presenta tamén as típicas degradacións de cor ó redor do fociño e dos ollos, e nas axilas, ventre e bragada. As orellas son pequenas, en comparación con outras razas.

Protección[editar | editar a fonte]

O censo actual está ó redor dos cen reprodutores [1].

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recoñece como entidade de criadores de équidos [2], concretamente do asno de las Encartaciones, a Asociación para la Defensa del Asno de las Encartaciones (ADEBUEN), creada en 1996 e domiciliada en Garai (Biscaia). Existe un proxecto de creación dunha reserva desta especie en Gordexola (Biscaia).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]