Pilara
Pilara | |
---|---|
![]() Portada da primeira edición | |
Título orixinal | Pilara ou Grandezas d'os humildes |
Autor/a | Manuel Comellas |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Xénero(s) | Teatro |
Data de pub. | 1920 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pilara ou Grandezas d'os humildes é un drama teatral en prosa escrito por Manuel Comellas en 1918, estreado no Teatro Jofre de Ferrol o 23 de agosto de 1919. Ten tres actos, e na primeira edición (1920) tiña 108 páxinas. O autor está enmarcado dentro do rexurdimento.
Personaxes principais[editar | editar a fonte]
- Pilara: Moza casadeira, filla de Isidro
- Sidro: Vello patrón de barca pesqueira, pai de Pilara.
- Tanasio: Mariñeiro mozo namorado de Pilara en segredo.
- D.Lois: Dono dun vapor pesqueiro, de trinta a corenta anos.
- D.Filipe: Garrido mozo que vai casar con Pilara.
- Daniel: Patrón de vinte e cinco anos.
Lugar e tempo da acción[editar | editar a fonte]
A acción ten lugar nunha aldea ribeirá, nos comezos dos vapores pesqueiros en augas galegas.
Argumento[editar | editar a fonte]
En esencia, a obra presenta 3 actos.
- No primeiro, diante da casa de Sidro, este explícalle á súa filla Pilara que ten que marchar a pescar.
Tanasio queda coidando de Pilara en segredo, xa que a quere (amor platónico).
D.Lois entra na casa de Pilara, aproveitando que Sidro non está, e intenta abusar dela, mais Tanasio, cando o ve, interponse, e, nuns tráxicos acontecementos, acaba por matar a D. Lois, mais nese intre volvía Sidro da pesca, e todo o mundo (incluída Pilara) cren que foi el.
- O segundo acto desenvólvese no xulgado da instrución, polo crime de Sidro, que nega en rotundo os cargos que se lle imputan. Mais Pilara axiña se dá conta de que tivo que ser Tanasio o autor.
- O terceiro acto é o desenlace.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. "VII. Os Diádocos". Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Lourenzo, Manuel; Pillado Mayor, F. (1979). O teatro galego. Sada: Ediciós do Castro.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Galaxia. p. 141. ISBN 84-8288-019-5.