Conversa usuario:213.60.60.30

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) 213.60.60.30 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:49, 27 febreiro 2007 (UTC)

Caixas taxonómicas[editar a fonte]

Para ver como se empregan as caixas taxonómicas neste wiki, consulta Wikipedia:Modelo de Taxonomía. --Xosé (✉) 17:59, 6 marzo 2007 (UTC)

Rexistro e imaxes[editar a fonte]

Ola Montes. Esta mensaxe está relacionada co usuario Durmideira, agradézoche que decidiras rexistrarte. Nos wikis os colaboradores contrúen a súa identidade co historial de edicións principalmente, é moi difícil facer o mesmo desde un enderezo IP debido a que dificulta o recoñecemento polo resto dos usuarios. Vén isto a conto porque a interpretación das accións de Durmideira muda de ser un usuario novo no canto dun usuario con historial de edicións que decidiu rexistrarse. A carga de imaxes é un punto crítico da xestión do proxecto, en xeral a cuestión das licenzas resulta moi complexa para a maioría dos usuarios, por iso o formulario de carga advirte reiteradamente sobre os aspectos que se deben considerar antes de carregar na Galipedia unha imaxe. Gran parte das imaxes que cargaches en Andrei Tarkovsky localizamolas en http://www.acs.ucalgary.ca/~tstronds/nostalghia.com/ThePhotos.html e as condicións de uso dese sitio web (das imaxes propias e das que republican de terceiros) impiden que se manteñan na Galipedia. Ademais non poden ser marcadas como GFDL cando no web de orixe non teñen esa licenza. Por certo espertou o meu interese ver as edicións de Durmideira Nam June Paik e Andrei Tarkovsky. Lembro ter engadido o primeiro á lista de artigos solicitados, e que dicir de Tarkovski un cineasta de culto. Dúas entradas salientables. Para calquera dúbida ou aclaración sobre as imaxes xa sabes onde estou. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:38, 4 abril 2007 (UTC)

Bloqueo e desbloqueo[editar a fonte]

En resposta ás súas mensaxes de correo e as de Durmideira expliqueille amplamente o sentido do bloqueo. O período establecido foron dúas horas e levanteino aos 14 minutos. O bloqueo foi inevitable despois de deixarlle múltiples avisos a Durmideira, ignorounos todos e seguiu cargando imaxes con copyright. O formulario de carga de imaxes é moi claro sobre ese aspecto, e as mensaxes na páxina de discusión de Durmideira tamén. Reitero o que dixen polo correo, establecer un bloqueo curto era a opción que quedaba para chamar a súa atención sobre que debía deixar de cargar imaxes. Podo comprender que teña algún conflito antigo pendente comigo, xa que di terme falado noutra ocasión (co IP 213.60.60.30 só o fixo nesta). Non podo concretar cal é a natureza dese conflito e da hostilidade que parecen agochar ás súas mensaxes, interpreto que quizais por iso non quixeron responder aos avisos polos problemas do copyright. A cuestión é que a política oficial da Fundación Wikipedia (tamén a deste wiki) é a que se pode ollar neste documento foundation:Resolution:Licensing policy (en inglés, hai versións en castelán e portugués). Debido a que usan ambolos dous a mesma conexión o bloqueo de Durmideira tamén lle afectou a vostede, é inevitable pero como dixen antes unha vez avisados o bloqueo levántouse. O resto da súa mensaxe de hoxe non entendo que ten que ver co tema que tratamos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:31, 7 abril 2007 (UTC)

Erros[editar a fonte]

Xa mudei o de Fernando II, non sei que che parece como quedou. Corrixín tamén a ligazón na lista de reis, pois tes razón ao dicir que era Fernando II de Aragón e non V (alguén o poría por erro). Un saúdo. --Xoán Carlos Fraga 20:38, 23 maio 2007 (UTC)

Río Nixer[editar a fonte]

Feito, non fai falta ser administrador para mover un artigo ao nome correcto como ocorre con este caso. Basta con movelo usando a sexta pestana superior e dar o nome correcto e a causa pola que se move. Unha recomendación. non estaría mal que te rexistraxes xa que deste xeito poderiamos interactuar mellor entre os distintos usuarios e usando un alcume poderias manter o teu anonimato se é o que queres. Na miña opinión un dos maiores potenciais deste proxecto é o de poder traballar en grupo suplindo entre todos as nosas carencias polo que se fai moi necesario que sexamos interlocutores diferenciados, e dicir, rexistrados o que axudaría a facer mais efectivas as colaboracións e a consolidar os lazos da comunidade de editores. Mais nada, parabéns polo teu traballo e espero que coincidamos mais a miúdo e que poida distinguir as túas colaboracións das de outras ips similares. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 00:44, 17 xuño 2007 (UTC)

pobos prerromanos[editar a fonte]

Só para aplaudir o ben documentados que están os teus artigos dos pobos prerromanos. Un saúdo --Servando2 00:58, 20 xuño 2007 (UTC)

Historia da escravitude[editar a fonte]

Ola Montes. O artigo Historia da escravitude que ti creáches foi elixido artigo destacado de novembro agosto. Parabéns.

Aproveito a ocasión para comentar varias mensaxes que deixaches nas páxinas de discusión dalgúns artigos:

  • Sobre antetítulos
Por regra xeral non se usan antetítulos do tipo San, Sir, Xeneral, Conde, Duque, etc. Refirido a John Moore non é preciso usar Sir para solucionar un problema de homónimos. Pódese engadir tralo nome, a miúdo entre paréntese outras veces dependendo do tipo de artigo cunha coma, algún elemento que permita diferencialos. Se no momento da creación do artigo non se ten claro cales son os títulos dos homónimos e non hai ningunha outra entrada, pode darse o nome principal quedando pendente movelo ou crear a páxina de homónimos.
Non vou insitir no tema do rexistro, respecto a túa decisión claro está. Porén cómpre aclarar que colaborar desde un IP ten os seus inconvenientes, sobre todo se o IP cambia. Para os compañeiros que colaboran resulta difícil identificar se un IP é un colaborador regular, por iso as edicións que se fan neses artigos seguen o mesmo criterio que calquera edición que proceda dun IP. Podes evitar que outras persoas editen colocando o marcador {{Enuso}}.
  • Sobre traducións
Se un artigo é unha tradución doutra Wikipedia segundo as condicións da licenza GFDL debe indicarse. Podes facelo incluíndo no resumo un texto semellante a este: "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en...". Se o artigo é resultado da tradución de varias Wikipedias podes indicalo no resumo de edición cunha variación do texto anterior. Se o artigo é unha creación propia pero cunha parte considerable dunha tardución dunha Wikipedia tamén podes indicalo cun texto parecido a este: "creación propia que inclúe material procedente da Wikipedia en...". Iso permite cumprir cos requisitos de atribución da licenza e ademais facilita que terceiros poidan comprobar os datos por si mesmos.

Para finalizar, moitas das correccións que se fan son simples aplicacións das normas ou dos procedementos habituais neste wiki ou nos wikis da Wikipedia en xeral. Novamente parabéns pola elección de Historia da escravitude como artigo destacado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:31, 5 xullo 2007 (UTC)

Bo traballo[editar a fonte]

Bo traballo o que fas Montes, só que nunca se sabe que é a non ser para os que memorizan nos números. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 11:51, 22 setembro 2007 (UTC)