Conversa usuario:Nethac DIU

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Nethac DIU. Alédome de ver que tamén te rexistraches aquí, cada novo usuario que chega supón un paso máis na consolidación do wiki. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o conxunto do wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:21, 11 marzo 2007 (UTC)

Ola Nethac DIU. Unha precisión, 1 billón en inglés equivale a 1000 millóns. Non o corrixín eu porque o marcador que ten posto o artigo di que non se edite. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:40, 14 xullo 2007 (UTC)