Conversa usuario:JonnyJonny/Arquivo 4

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

SM-liiga[editar a fonte]

Boas meu!! Xa vin a táboa!! Está moi chula!!!! Moito mellor que a que tiñamos, faltan algunhas tempadas de antes de que a liga se pechara, pero pouco a pouco, eu fixen un modelo (tirado por certo do teu da Liga Celta) para a liga (se cadra se che ocorre algo máis por poñer, eu non quería poñer estadios, como o ves ti?) e pouco máis, xa están todas as tempadas da KHL e agora quería ir facendo as finesas (as suecas co tempo, e as da NHL se cadra noutra vida, jajaja). Grazas por axudarme un pouco co tema do hóckey sobre xeo, o hóckey a patíns está bastante medrado, espero poder agrandar este tamén. Un saúdo!!!!! Piquito (conversa) 21 de xaneiro de 2013 ás 20:11 (UTC)[responder]

Moi boas Jonny!!! Antes de nada agradecerche o traballo nos artigos da SM-liiga e Elitserien, o certo é que eu non controlo moito da linguaxe e non estou moi posto en temas estéticos (coas cores e os escudos queda impresionante. Estou un pouco ás voltas coas tempadas da SM-liiga, mais atópome cun problema, que os play-offs son con 10 equipos... estiven mirando se había algún modelo para un sistema, digamos distinto, mais non hai na nosa wiki. Tentei traer o modelo da Wikipedia en finés, mais semella que hai algo que non vai ben (xa te comentei que non controlo moito de técnica), podes mirar se hai algunha posibilidade de crear un modelo dese tipo? Se precisas axuda coa lingua (aínda que se pode deducir), as fases son Wild card ("tarxeta de visita" persoalmente sóame mooooi raro, mais como vexas), Cuartos, Semis e Final (na ligazón o partido de JYP e KalPa é polo 3º posto, como supoño que deducirás). Moitas grazas de antemán, non te preocupes polo tempo, vai ao teu ritmo e se tardas un mes ou dous tampouco pasa nada. Unha aperta!! Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2013 ás 16:25 (UTC)[responder]
Incrible Jonny!!!! Quedou perfecto!!!!! Non facía falla que o fixeras tan rápido, mimáaa!!!!!!!!! Moitas grazas, para o que precises aquí me tes. Apertas!! Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2013 ás 20:20 (UTC)[responder]
Parabéns polas melloras do artigo Jonny!! Igualei a táboa dos equipos coas do palmarés para darlle un pouco de uniformidade ao artigo. Creei tamén outras de estatísticas individuais (quédanme as dos porteiros), mais nestas teño o problema que non sei cómo poñelas unhas ao lado das outras... non te quería dar máis traballo, síntoo (eu tentarei cambiar a cor por unha que se asemelle máis á do logo da liga). Penso que está a quedar moi ben, e moi completo (tentarei buscar as nacionalidades dos xogadores por tempadas para completar o cadro que xa hai). Saúdos e nóvamente grazas e parabéns polo teu traballo!!! Piquito (conversa) 25 de xaneiro de 2013 ás 23:04 (UTC)[responder]

RE: Superliga[editar a fonte]

Ok, non pasa nada!! Fai tódolos trocos que queras, eu só actualicei a información, non hai fallo (de feito nin me enterara). Graciñas, tentarei fixarme máis para non darte choio no futuro. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2013 ás 00:44 (UTC)[responder]

Interwikis[editar a fonte]

Ola JonnyJonny, agora as interwikis xa non se engaden no artigo, senón en wikidata, vas á páxina do artigo que crees noutra wikipedia, dáslle a onde pon editar ligazóns e engades o artigo en galego ao final da páxina. Un saúdo. --JaviP96 19 de marzo de 2013 ás 20:19 (UTC)[responder]

Marcador[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!! Lémbroche que tes un marcador "en uso" no artigo Australian Football League dende o 14 de novembro. Non é que o quera editar eu (que teño choio abondo), é máis que nada por se non te lembrabas. Unha aperta!! Piquito (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 01:19 (UTC)[responder]

nomes de artigos[editar a fonte]

Ola, JonnyJonny! Movín o artigo que creaches co nome de "Ailuropoda melanoleuca" a Oso panda, pois o criterio seguido na Galipedia para animais e plantas é usar como título principal o nome común e como redirección os nomes científicos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de marzo de 2013 ás 03:03 (UTC)[responder]

Interwikis[editar a fonte]

Ola JonnyJonny.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata. Nota: Pode ser que o Wikidata non funcione en Internet Explorer.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
Logo, premes no botón "engadir".
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
Para finalizar, premes en "gardar".

Agora xa os interwikis como antes (os que ía en cada artigo de cada Wikipedia, non se engaden. Un saúdo e a seguir! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de abril de 2013 ás 00:04 (UTC)[responder]

División de Honra de Rugby[editar a fonte]

Creo que as tempadas da División de Honra de Rugby habería que engadilas na categoría Categoría:División de Honra de Rugby. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de abril de 2013 ás 00:13 (UTC)[responder]

Magners League[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!! Vin que retiraches varios contidos de varias tempadas da Magners League, retirando a táboa cos datos dos equipos e nalgunha ocasión dos máximos anotadores. Hai tempo que non ando moi metido no do rugby, déixoche facer que tamén penso que controlas máis do tema, se me permites unha suxerencia, incluiría os adestradores dos distintos equipos e os capitáns en cada tempada (por exemplo). Bo traballo!!! Unha aperta!!!! Piquito (conversa) 22 de abril de 2013 ás 18:46 (UTC)[responder]

Confío en ti!! Sei que quedarán perfectas, e logo do visto coas melloras que fixeches co hóckey sobre xeo, quedaran estéticamente xenial. Apertas compañeiro!!! Piquito (conversa) 22 de abril de 2013 ás 19:00 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:18 (UTC)[responder]

Axudiña con equipos[editar a fonte]

Boas Jonny, mira, hai dous artigos, o CDUP e o División de Honra de Rugby 2011-2012, que teñen ligazóns rotas a ficheiro porque hai algún problema coa imaxe dos uniformes, como penso que ti estás afeito a fedellar nestas cousas, poderías amañalos cando teñas un momento libre? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2013 ás 09:30 (UTC)[responder]

Grazas!, agora apareceu outro novo, o Club Alcobendas Rugby, cando podas, daslle un repasiño? Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2013 ás 11:28 (UTC)[responder]

Boas JonnyJonny!!! Deixei un comentario en Conversa:Deutsche Eishockey Liga, se o podes ler a ver qué che parece. Dígocho porque creaches ti o artigo e antes de facerlle nada prefiro consultar contigo. Apertas!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 10:21 (UTC)[responder]

Grazas pola argumentación e pola táboa que engadiches ao artigo, queda pois así. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 16:08 (UTC)[responder]

Perdoa meu!! Non sabía que o ías facer!!! Deberiamos tentar estandarizar un pouco as caixas de información dos equipos, eu non estaba a poñer imaxe nos pavillóns porque non sempre hai imaxes (como desgraciadamente pasa tamén cos uniformes) e no caso de haber imaxe dos uniformes paréceme moita foto para a caixa, mais se queres póñolles aos equipos que hai xa da SM-liiga, Elitserien, KHL, etc. Púxenme a estandarizar un pouco todo o tema das liga para que quedaran os cadros como os que fixeras ti (que estéticamente están moito mellor que o que xa había), mais atopeime coa liada da NHL e a KHL, eu persoalmente non creo que deban ter os mesmos cadros porque o sistema de competición é un tanto distinto e, especialmente na KHL, son moitos países os que toman parte na competición e penso que coa bandeira está ben, e ao ser por conferencias penso que o cadro de equipos está perfecto ao estilo da NBA para non complicarnos... non sei o que opinas, calquer cousa que se che ocorra será benvida. Apertas!!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 17:29 (UTC)[responder]

Non hai fallo!! O dicía máis que nada porque cos equipos da SM-liiga (que si teñen unha imaxe dos uniformes que se pode incluir) quedan moitas imaxes. Bo traballo!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 17:39 (UTC)[responder]

Elitserien[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!!! Podes opinar sobre o que expoño na Conversa:Elitserien? Xa que ti engadiches as imaxes penso que debo preguntarche antes de facer eu nada. Xa sei que cho dixen unhas cantas veces, mais nóvamente parabéns polos cambios estéticos que fixeches coas principais ligas de hóckey sobre xeo da Galipedia!!! Unha aperta!! Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 15:28 (UTC)[responder]

Imaxes de golf en Galicia[editar a fonte]

Jonny, se te animas a seguir cos artigos de golf, que saibas que tes un par de fotos dispoñibles en Commons:Category:Golf courses in Galicia (Spain). E máis dunha ducia, que se poden subir (con licenza libre), en Flickr [1].

Se che interesa algunha e non sabes subila, de Flickr a Wikimedia Commons, dimo e súboas eu.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2013 ás 12:01 (UTC)[responder]

Bandeirismo. Bandeiras institucionais asociadas a clubs deportivos privados[editar a fonte]

Se queres indicar que un club ten a súa sede dentro de Cataluña (non sei porqué habería que facer tal cousa, en todo caso o club ten a súa sede en Barcelona ou na localidade que sexa) non precisas de poñer bandeira ningunha, emprega as palabras.

Outra cousa son as seleccións nacionais. Esas si, obviamente, teñen relación cunha bandeira determinada.

É certo que está estendidísima a (mala) costume de abandeiralo absolutamente en tódalas wikipedias. Iso non quer dicir que sexa correcto. Consulta, por favor, calquera outra enciclopedia, fora da wiki. Algunha fai tal cousa?

As veces a argumentación non se sostén. Podemos pensar nun lector que non saiba de onde é o At. Madrid (por certo, os nomes dos clubs levan ligazón interna aos artigos de seu onde se explica, por suposto e entre outras cousas, onde é a súa sede) e resulta que esa mesma persoa é perfectamente capaz de distinguir de onde é a miniatura da bandeira vermella con sete entreliñas?!

E, si, penso que algún día habería que poñerse a revisar milleiros de artigos e erradicar esa práctica. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2013 ás 16:14 (UTC)[responder]

Non impoño, non, Dios me libre. Desfago e pídoche desculpas.
Tal como dis non hai unha "norma". Na wikipedia evitamos falar de normas (Wikipedia:Cinco piares), falamos máis ben de políticas. Políticas aprobadas pola comunidade e é certo que non a hai, e debería, mais eu, agora mesmo, non vou a investir a moita enerxía que suporía debater a fondo este tema ou expoñer á comunidade a proposta dunha política ao respecto.
Non fai falla ningunha "norma" que autorice a facer o que se crea máis correcto, unha mellora ou unha modificación nun artigo. Non hai "norma", e xamais a haberá, que obrigue a debater antes de facer calquera modificación. O que está claro é que non hai "norma" que diga que haxa que poñer bandeiriñas.
En todo caso o artigo queda como estaba. Perdoa se che incomodou a miña edición. Na Wikipedia, nesta e en todas, moi a miúdo, demasiado a miudo, moitos usuarios séntense incomodados polas guerras de bandeiriñas. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2013 ás 16:58 (UTC)[responder]

Camisetas de fútbol[editar a fonte]

Boas Jonny, poderías facerme un favorciño? Resulta que no artigo Real Club Celta de Vigo hai algunhas das equipacións que deben estar mal formateadas e a causa diso o artigo ten o aviso de que ten ligazóns rotas a ficheiro. Atopei polo menos dúas na sección Escudo e cores, pero podería haber máis, cando teñas un momento podes tentar amañalo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2013 ás 08:35 (UTC)[responder]

Grazas!, cando podas que non ten présa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2013 ás 08:49 (UTC)[responder]
Moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2013 ás 00:38 (UTC)[responder]

Boas JonnyJonny!! Creei o artigo Liga Galega de Traiñeiras 2012, mais non son quen de acceder á clasificación da LGT-B, tes información ao respecto? Tampouco teño información de qué equipos competiron polo ascenso á ACT. Se tes algunha información para completar o artigo será benvida. Moitas grazas meu!!! Piquito (conversa) 13 de agosto de 2013 ás 22:46 (UTC)[responder]

Boas compañeiro. A web de referencia para cousas do remo é todoremo.com. Nela tes tódolos datos que precisas. Eu levo uns días moi atarefado e non teño tempo para editar. - JonnyJonny (conversa) 14 de agosto de 2013 ás 07:54 (UTC)[responder]

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:14 (UTC)[responder]

Proposta nova[editar a fonte]

Boas JonnyJonny! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:02 (UTC)[responder]