Conversa usuario:JonnyJonny/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Re:Heineken Cup[editar a fonte]

Ola Rugbya15, encantados de ter como colaborador unha persoa que controle de Rugby, e así poder ampliar e actualizar os artigos sobre ese deporte. Respecto do que me preguntas, supoño que é convención da Galipedia poñer a bandeira vasca en todos os equipos vascos, xa sexan do territorio baixo xurisdición do estado español como do do Iparralde francés. Ademais, esa foi a opción da persoa que o editou, e polo tanto hai que respectala. Así que eu creo que é correcto. Ánimo logo e a editar os artigos sobre ese torneo. E non te preocupes polos erros que podas cometer, todas empezamos así. E aquí estamos para botar unha man. Saúdos e benvido de novo! --Xas (conversa) 20:14, 14 de novembro de 2010 (UTC)

Ola, JonnyJonny. Fíxenche uns primeiros arranxos de formato. Bótalles un ollo e así xa podes ter unha idea de como debe ir o resto[1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:15, 17 de novembro de 2010 (UTC)
E as fichas de xogadores así:[2] Bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 01:29, 19 de novembro de 2010 (UTC)
Negriña no título do artigo sempre, e tamén lingua das lig. externas cando non son en galego.[3] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 01:26, 22 de novembro de 2010 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

JonnyJonny, estás a facer un choio do máis interesante. Parabéns. Se cadra, un detalliño que no futuro lle poderías engadir aos artigos que estás creando son modelos. Eu non son ningún experto, pero algún xa teño feito, e a verdade é que axudan a que o lector navegue entre páxina relacionadas. [4]. Máis nada. A seguir na mesma liña. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:17, 26 de novembro de 2010 (UTC)

Non son de editar en Deportes. Quen si o é, e ademais xa ten feito modelos é o usuario:Adorian. Seguro que che sabe indiciar por onde tirar ao primeiro. En todo caso, bótalle un ollo aos modelos deportivos que xa temos e que che poden dar ideas. Ex.: Modelo:NFL, Modelo:Liga de Campións, Modelo:FIBA, Modelo:Equipos da Liga Galega de Wáter-polo etc. --Atobar (conversa comigo) 12:43, 26 de novembro de 2010 (UTC)