Saltar ao contido

Conversa usuario:JonnyJonny/Arquivo 2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Deporte galego / Deporte de Galicia

[editar a fonte]

Boas, JonnyJonny. Se fas ese artigo, eu entendo que deberías facer algo similar ao que se fixo con Cinema galego ou Gastronomía galega, pero non un simple índice, porque para iso efectivamente xa temos as categorías. De feito, e a diferenza dalgunhas wikis, aquí non se permiten as listaxes a non ser que acheguen datas adicionais e dispoñen unha orde concreta que aconselle mantelas. En fin, que se te pos co choio, hache ser ben interesante pero tes que ter en conta de que non é meter modelos senón elaborar contidos (e referencialos). Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:33, 10 de febreiro de 2011 (UTC)

Traíñas

[editar a fonte]

Ola, Jonny. O dicionario Xerais define traíña como "aparello para a pesca da sardiña". A continuación traiñeira é "1, barco de pesca con traíñas. 2, lancha longa a estreita". Fágoche esta aclaración porque supoño que queres iniciar o Modelo:Traíñas en Galicia, cando en termos deportivos se debería falar de traiñeiras. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:44, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Varias cousas. Primeiro, se o nome oficial é Liga Noroeste de Traíñas hai que conservarlle o nome, pero no corpo do artigo hai que revisar que se empreguen ben os termos. Así, a frase coa que comeza debería ser "A Liga Noroeste de Traíñas ou Liga Galega de Traíñas é unha competición de traiñeiras que se disputa dende 2006 nas provincias de Pontevedra e A Coruña, na Galiza", e non "A Liga Noroeste de Traíñas ou Liga Galega de Traíñas é unha competición de traíñas que se desputa dende 2006 nas provincias de Pontevedra e A Coruña, na Galiza". Segundo, se hai que cambiarlle o nome a un artigo, iso faise premendo no botón "Mover", arriba de todo. O que fas é trasladar o artigo a outro título, e no título actual queda feita automaticamente unha redirección. Ás veces esa redirección é bo que quede (por exemplo, se moves Manuel Fraga Iribarne a Manuel Fraga) para que o lector que busque un título sexa redirixido automaticamente ó outro. Pero ás veces hai que marcar o título antigo como lixo, porque é erróneo e non se pode conservar (por exemplo, se por erro escribes Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, sen acento, e o moves a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, marcas o erróneo para borrar). Espero terche resolto as dúbidas. E se non, pregunta. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:33, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

carga de imaxes

[editar a fonte]

Ola, JonnyJonny! Alégrame un montón ver que comezas a cargar imaxes, que sempre é unha achega importante. Engadín uns datos nas dúas que fixeches da Malata, e vouchos explicar (podes miralos aquí):
-Engadín o cadro de información da imaxe; inclúe a descrición do que aparece, a data en que foi feita, e a persoa que tirou a foto;
-Categoricei a imaxe; neste caso estas categorías xa existían; se non atopas ningunha axeitada, podes crear unha nova;
-Puxen as coordenadas do lugar desde onde tiraches a foto; Para estas cousas axúdome do Google Earth.

Pareceume moi curioso que subises estas imaxes; precisamente o domingo fun até o campo da Xunqueira a tirar fotos dun partido de 3ª División (pero eran 10 € e boteime atrás) :(. Se tes calquera dúbida non teñas medo a preguntar a calquera usuario, que estaremos encantados de axudarche. Ánimo, que estás a facer un traballo caralludo na galipedia sobre o deporte galego.

Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:41, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, Jonny! Non te preocupes pola correción dos artigos; Sempre está ben ir construíndo con achegas de diferentes persoas, e así aprendo moitas cousas novas. Son de Pontevedra, e escoitara falar do hipódromo de Campañó, pero nunca mirar unha foto, mira ti.
Sobre os dereitos de imaxes de plataformas como Panoramio ou Flickr: ao igual que na Galipedia, cada persoa decide con que dereitos sube as imaxes; De Panoramio non controlo demasiado, pero sei que algunhas fotos de Flickr se poden subir á Galipedia; diso controlan máis os usuarios Xoacas e Xas.
Outra cousa: seica en Pontevedra reformaron o antigo campo de fútbol de Monte Porreiro e agora é ambivalente para fútbol e rugby; a ver se lle podemos facer o artiguiño. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:15, 4 de marzo de 2011 (UTC)

Rapas das bestas

[editar a fonte]

Ola, Jonny; Unha pregunta: a rapa do monte Castelo é a do monte Castelo de Cotobade, ou é outro? Porque en Cuspedriños hai un curro e faise a rapa, e os cabalos creo que andan por esa zona, pero non sei se é o mesmo evento ou son dous diferentes. De seren distintos, habería que sumar a rapa de Cuspedriños ao modelo da hípica. Por certo; poderías engadir tamén no modelo o artigo sobre o cabalo na cultura popular galega. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:17, 4 de marzo de 2011 (UTC)

JonnyJonny, bótalle unha ollada a estes mínimos cambios de formato[1]. Ten en conta que en galego o etc. non vai precedido de coma e que as negriñas do título soamente se empregan unha vez. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:57, 16 de marzo de 2011 (UTC)

Buenas, me dejaste un mensaje aqui, y por supuesto puedes traducir los artículos que hice, recuerda que no son de nadie, pertenecen a todo el mundo. Puedes consultarme lo que necesites, tanto aqui como en mi perfil de la wiki española, por aqui vengo poco. Por cierto, siento corregirte, pero en galego, rally y rallyes se escriben: rali y ralis, tan cual suena, puede parecer raro pero es así. Por certo, ten moi boa pinta o artigo que estás facendo: Campionato de Galicia de Rallyes. Segue así!! Saludos. --Jorjum 10:58, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Meténdome onde ninguén me chama; o VOLG recolle rally, en forma inglesa, e por tanto o seu plural deberá conservar a forma inglesa tamén. Sobre rali/ralis en galego non teño referencias. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:09, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Rally e rallys. Esas son as formas. E agora ao que vou: para a toponimia seguimos o que di o nomenclator da Xunta, pero para os ríos confeso que non o sei. Quen sei che poden botar unha mans son os usuarios HombreDHojalata ou Xoacas. Pégalles un toque nas súas páxinas de conversas. Lmbuga pasa pouco por aquí. Sinto non ser de máis axuda, JonnyJonny. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:01, 3 de abril de 2011 (UTC)

Pedir axuda na taberna

[editar a fonte]

Pois non teño nin idea dese tema, síntocho.

Proba a expoñelo na Taberna, para que outros o vexan. A ver se alguén pode botar unha man--. HombreDHojalata.conversa 11:31, 3 de abril de 2011 (UTC)

Re:Río Corgo ou Río do Corvo

[editar a fonte]

Lembro perfectamente cando fixen esas fotos, inda que foi fai anos. Era cedo, pola mañá, para ser un sábado. Pregunteille a un señor (bastante maior) o nome do río. Entendín "río do corvo", pero é moi probable que entendese mal xa que, ademais de ter eu un oído deficiente, pode acontecer que a persoa á cal me dirixín tivese algún problema pequeno de dicción como a ausencia de dentes ou moas.

Ti argumentas moi ben. A miña opinión é que debes cambiar "do corvo" por "corgo" en todos os sitios que poidas. Por se acaso, dicirche que o río queda no parque ou xardín que hai enfronte do antigo hospital de Santiago de Compostela, por tras das casas do outro lado da rúa. Queda xusto antes do campo de fútbol de Santa Isabel (saíndo de Santiago cara Santa Comba).

Creo que tes máis criterio ca min. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  15:28, 3 de abril de 2011 (UTC)

Boas, deixeiche unha mensaxe na taberna, non é concluinte, seguirei coas pesquisas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:04, 4 de abril de 2011 (UTC)
Fíxenlle uns cambios ó artigo e copiei as túas fotos en Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:38, 4 de abril de 2011 (UTC)

ola, JonnyJonny. Deille unha volta ao formato e retirei algunhas frases non enciclopédicas.[2] Se tes calquera dúbida, pregunta canto queiras. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 21:47, 4 de abril de 2011 (UTC)

Ola JonnyJonny/Arquivo 2. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borrada, agradeceríamosche que renomees esta imaxe

Para renomeala:

  1. carga a imaxe co nome novo,
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros arquivos e substitúe en ditos arquivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e substitúe o marcador {{NomeIncorrecto|...}} por {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:Nome da imaxe nova que se vai manter}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 18:53, 16 de abril de 2011 (UTC)

Varias contas de usuario

[editar a fonte]

JonnyJonny, non se poden ter varias contas de usuarios e, polo que parece, ti poderías estar neste caso, no que respecta a esta e mais a conta do usuario Rugbya. Pódesme dicir se hai algún motivo que suxira o teres dúas? Penso que hai que borrar unha delas. Ti me dirás. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:27, 4 de maio de 2011 (UTC)

Ok. Voulle dar un toque a Albert galiza, que domina o das contas máis ca min e xa che indica el e borra o que cumpra. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 11:05, 4 de maio de 2011 (UTC)

Campionato de Galicia de rally

[editar a fonte]

Hola, estas a facer o articulo, Campionato de Galicia de Rallys, se necesitas axuda para calquera cousa conta conmigo. Especialmente podoche axudar co artigo Rally Botafumeiro. Por certo, o artigo de Manuel Senra, creeino na wiki en castelán. aqui. Saudos, --Jorjum 12:09, 16 de maio de 2011 (UTC)

Irlanda no rugby

[editar a fonte]

Boas JonnyJonny, lendo o artigo que editaches sobre a tempada 2010-11 da Challenge Cup de rugby vin que ao Connacht Rugby lle puxeches a bandeira da República de Irlanda, pero como saberás en rugby non compite a República senón a Illa enteira, polo que o uso da bandeira da república non creo que sexa axeitado precisamente porque a IRFU representa a toda a Illa. Recoméndoche empregar a bandeira do trevo que aparece no artigo da selección irlandesa como aparece en tódolos artigos de rugby, así ademáis queda estandarizado. Un saúdo PiquitoConversa usuario:Piquito

Ola, JonnyJonny. Pois non cho está. Vexo que xa HombreDHojalata con bo criterio desfixo a edición [3]. As cores empréganse para epígrafes concretos dos modelos, para resaltar ou axudar a diferenciar datos nas táboas e cousas así, pero non para poñerlle un fondo global a un artigo. Un saúdo e en todo caso parabéns polo traballo que fas. --Atobar (conversa comigo) 22:35, 19 de xuño de 2011 (UTC)

Ola, JonnyJonny. Bótalle un ollo a estas mínimas modificacións para aquelar o formato e así colles o truco para os vindeiros artigos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:59, 22 de xullo de 2011 (UTC)

Toponimia no estranxeiro

[editar a fonte]

Ola, JonnyJonny. Ao primeiro resaltar que o 90 e moito por cento dos topónimos do mundo non teñen correspondencia en linguas estranxeiras máis ca a forma orixinal na lingua de orixe. Dito isto, a norma de toponimia pola que nos guiamos é moi simple: sempre que haxa unha referencia válida e académica en galego para un topónimo, usamos a dobre denominación Copenhaguen - København, por exemplo -primeiro a forma galega e despois na lingua (ou linguas; pode ser forma tripla, ou máis) oficial daquel lugar-. Por outra banda, ao non ser a Galipedia unha fonte primaria, non podemos entrar no xogo de crear lugares a golpe de neoloxismo, é dicir, que só se algún estudo, gramática, manual etc. achega referencias válidas, é daquela cando a tomamos por boa. Indo ao gran: as máis das veces, o documento guieiro para a toponimia do estranxeiro en galego é este PDF que nos vén da UVigo, mais hai outros documentos por aí rulando, claro. Un saúdo e a seguir traballando. --Atobar (conversa comigo) 22:06, 30 de xullo de 2011 (UTC)

Re: Palmarés do AC Milan

[editar a fonte]

Fíxate, eu ultimamente prefiro poñer en negro e ligar os creados, por exemplo, e como dícías, artigos da Liga de Campións ou tempadas da Liga italiana. Paréceme o mellor, visualmente e máis facilmente localizable. --Krisko 21:40, 30 de agosto de 2011 (UTC)

Como non sei se me expliquei ben (que o dubido, hehe) bota unha ollada no palmarés do AC Milan, así é como digo eu de deixalo. O problema que ten é que hai que ir editando cada vez que se engaden novas tempadas de Champions (por exemplo), pero coido queda moito mellor que cos números en vermello. A maiores, uso o guión longo (que é un recurso moi usado na wiki inglesa) para separar os anos das tempadas simplemente porque coido que se le moito mellor así. Unha aperta Jonny, e moi bo traballo coas traíñas. --Krisko 21:56, 30 de agosto de 2011 (UTC)

RWC 2011

[editar a fonte]

Boas JonnyJonny, estou a traballar na ampliación e mellora do artigo da Copa do Mundo de Rugby 2011, que como sabes comeza o vindeiro día 9 de setembro, se me podes botar unha man para telo bastante completo para o comezo da competición agradézocho, faltan unha chea de estadios e cidades, eu estou estou a crear Eden Park e Waikato Stadium, irei incluíndo cousiñas que traduza doutras wikis ou lea por ahí. Un saúdo, Piquitoconversa

Nova Zelandia

[editar a fonte]

É Nova Zelandia Jonny. Tes a discusión que houbo aquí. Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 22:22, 1 de setembro de 2011 (UTC)

Bandeira rugby Irlanda

[editar a fonte]

Boas outra vez JonnyJonny, que pensas de cambiar a bandeira do trevo que estabamos a empregar pola que puxen no artigo da Copa do Mundo de Rugby 2011? Un saúdo Piquitoconversa

Nova Zelanda

[editar a fonte]

Con este país e o seu xentilicio a learada é de consideración. En función de onde o busques marcanche C ou Z. Pero como o que prima é sempre criterio da RAG, e este hoxe ten o seu principal portal de busca no VOLGa, daquela a boa é Nova Zelandia, cun Z. Polo tanto, non hai que cambiar nada. Canto ao cambio de nome de categorías, non hai tal. O que se debe facer é crear unha nova categoría co nome correcto e pasar todo o que haxa na vella e errónea a esta nova e correcto. É traballiño, pero non queda outra (que eu saiba). Un saúdo, bo traballo, grazas pola benvida e espero que nos veamos na xuntanza do 17 de setembro. --Atobar (conversa comigo) 14:52, 2 de setembro de 2011 (UTC)

Boas JonnyJonny. Concordo co que me dixeches da Liga Celta de rugby, vou mover o artigo co nome do anterior patrocinador para a nova que me dixeches Pro12. No que respecta ás denominacións, a solución que pensei foi o de engadir un apartado chamado denominacións ou patrocinadores (como no caso da Aviva Premiership) tal que así:

non sei cómo o ves, especialmente o da denominación da sección (eu opto pola de denominacións, xa que Celtic League non era nungún patrocinador, tampouco creo que o nome do artigo deba ser xa Liga Celta de rugby, xa que coa chegada de equipos italianos, a liga perdeu moito de celtic), penso que pode ser unha boa saída. Eu polo momento vou mover a páxina. Por certo, cres que lle podes engadir algo a Connacht Rugby? Un saúdo, Piquitoconversa

A Pro12 xa ten o apartado de denominacións. Non te preocupes polo do Connacht, non hai presa, creei moitos artigos de rugby antes de me rexistrar (entre eles os do actual Pro12, menos os novos italianos), a verdade é que daquela tiña máis ansia polo número que pola calidade, cando teña un pouco de tempo tentarei traballar no Munster Rugby e Ospreys, mais vai ter que esperar un pouco, estou a voltas coas seleccións de hóckey a patíns e rugby, o artigo do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino 2011 e co wikiproxecto música... vamos, moito choio. Por certo, propuxen unha foto para a portada, non sei se podes votar, pero mira que che parece, se cadra eso lle da un pouco de pulo ao rugby en Galiza. Saúdos, Piquitoconversa

Galencontro

[editar a fonte]

Boas, non sei si che decataches de que na taberna estamos a organizar un galencontro este sábado na Cidade da Cultura. Hoxe lembreime de que ti eres da cidade e ó mellor interesábache ir por alí. Nada máis, si queres estar de palique un rato xa sabes ónde andaremos. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:30, 13 de setembro de 2011 (UTC)

Licenza por defecto: Tódolos dereitos reservados

[editar a fonte]

Segundo a lei, por defecto, o autor é o titular dos dereitos. É dicir, se non se expresa explicitamente o contrario, a obra ten sempre copyright--. HombreDHojalata.conversa 18:41, 24 de setembro de 2011 (UTC)

Perdoa que tardase en responder. Non estiven na casa durante a fin de semana. En todo caso, a resposta é a mesma que xa che deu HombreDHojalata. Se tiras fotos ti mesmo e as liberas no dominio público, ningún problema. Pero todo o que sexa quitar fotos do facebook ou de páxinas que non sinales explicitamente que teñen unha licenza válida para a Galipedia é perder o tempo, porque non as imos poder manter. Un saúdo (e calquera cousa de licenzas mellor coméntalla a HombreDHojalata, que eu diso controlo pouco) --Atobar (conversa comigo) 17:38, 25 de setembro de 2011 (UTC)

Boas Jonny, lémbroche que para equipos, selección, xogadores e mesmo árbitros de rugby de Irlanda temos a bandeira . Lémbrocho porque vin na táboa de anotadores da RWC 2011 a Ronan O'Gara coa bandeira da República de Irlanda (non sei se o fixeches ti, mais pola túa aportación constante supoño que si), cando como ben sabes a illa compite unida en rugby, máis que nada por tentar estandarizar un pouco o tema do rugby en Irlanda, xa que no momento en que o número de artigos relacionados vaia medrando vai ser moi complicado e vai levar moito tempo de arranxar. Se prefires poñer a bandeira do trevo a poñemos, pero poñer sempre a mesma. Que vaia ben, bo traballo, un saúdo, Piquitoconversa

Cambios de imaxe en rugby

[editar a fonte]

Boas, si que creei os artigos antes de rexistrarme, se é para mellorar a imaxe como fixeches cos que me dis concordo totalmente coa túa idea, os fixen pensando na cantidade e sen controlar moito o sistema, de feito deixei moitos a medias como os de Munster, Leinster, Ulster, e un longo etcétera. Un saúdo e dalle duro con eses cambios de imaxe Piquitoconversa

Tri Nations

[editar a fonte]

Foi puro accidente, andaba completamente despistado e confundinme de artigo. Desculpas, e por certo grandísimo traballo o que estás a realizar. Un saúdo.--Adorian (fálame) 11:11, 1 de outubro de 2011 (UTC)

Ola Jonny.

No cadro de datos da imaxe que subiches cómpre que indiques a orixe (no apartado source). Por exemplo, se es ti o autor da foto podes poñer "obra propia". Se fora escaneada dun libro o nome do libro. Se fora copiada de internet a dirección da páxina de internet, etc, etc ...

Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 21:01, 5 de outubro de 2011 (UTC)

Jonny, antes de marcar unha páxina con {lixo} hai que comprobar que non queda ningunha outra apuntando cara a ela. Podes revisalas premendo na "Caixa de ferramentas" da esquerda: "Páxinas que ligan con esta". --. HombreDHojalata.conversa 18:36, 22 de outubro de 2011 (UTC)

Eurocopa e outros

[editar a fonte]

Boas! Moitas grazas! :) Se ves que cometo calquer errata, cousa moi probable, non dubides en correxilo sen ningún tipo de problema, e grazas polo aviso. Moi bo traballo.--Adorian (fálame) 21:19, 6 de decembro de 2011 (UTC)

Pois teño pensado crear un monton de articulos de pilotos galegos, asi que por aqui estarei unha boa temporada, saudos. --Jorjum 08:20, 14 de decembro de 2011 (UTC)

Boas JonnyJonny. Pois a verdade é que tes razón, non caera na conta, o certo é que non sei como transormar a redirección nunha páxina de homónimos, se o sabes facer ti faino se podes e se tal xa lle pregunto a algún administrador cómo se fai. Grazas por avisarme do erro, unha aperta, Piquitoconversa13:35, 16 de decembro do 2011