Tuluá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°5′5″N 76°11′55″O / 4.08472, -76.19861

Tuluá
Flag of Tuluá.svg
Escudo de Tuluá.svg
Tuluá, Valle del Cauca, Colombia.jpg
Panorámica de Alcalá.
Localización
Tuluá en Colombia
Tuluá
Tuluá
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoValle del Cauca
RexiónCentro
Xeografía
Altitude966 msnm
Superficie910,55[1] km²
Demografía
Poboación219 138 (2018)[2]
Densidade240,67 hab/km²
XentilicioTulueño, -a[1]
Outros datos
AlcaldeGustavo Adolfo Vélez Román (2016-2019)
Páxina oficial

Tuluá é un concello colombiano que se atopa na rexión central do departamento do Valle del Cauca.[3] É un motor comercial, demográfico, cultural, industrial, financeiro e agrícola do centro do departamento. Posúe unha cámara de comercio e é o cuarto municipio máis poboado do Valle del Cauca, cunha poboación aproximada de 200 000 habitantes.[2]

A súa extensa área rural abrangue dende a chaira do val xeográfico do río Cauca, as ondulacións intermedias e a alta montaña pertencente á cordilleira central. A cidade atópase aproximadamente a 100 km de Cali. O río Tuluá cruza o casco urbano en sentido sur-norte.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O significado propio do nome indíxena da cidade provén dos indíxenas tulués, mais foi amplamente discutido e pouco censurado, dado que a lingua pijao, da cal procede o nome, está pouco estudada e mesmo sufriu numerosas variacións por causa do uso de diferentes modismos rexionais da lingua e principalmente a súa extinción a principios de 1700. Aínda que a cidade fixo propio e oficial o significado "Cha e fácil de cultivar" tamén é aceptado o termo "terra fácil", como denominaban os pijaos ao val que conforman os ríos Tuluá e Morales, aínda que tamén se podería traducir como "terra do máis aló" debido a que os pijaos son orixinarios do val do río Magdalena.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Escudo[editar | editar a fonte]

De estilo español antigo, en cruz, o escudo está dividido en catro cantóns: O cantón destro do xefe leva trece roeis azuis sobre o campo de prata. Representa o mesmo escudo nobiliario da familia Lemos, ligada á cidade galega de Monforte de Lemos, por considerar algúns historiadores a Xoán de Lemos e Aguirre como promotor da fundación de Tuluá. No cantón sinistro do xefe, o escudo ostenta un corazón de goles sobre un campo de ouro. Representa a cidade mesma, chamada pola súa localización xeográfica "Corazón do Val". No cantón destro da punta hai unha ponte de prata sobre un campo azul. Representa o espírito de unión e solidariedade cidadá, símbolo de alianza. No cantón sinistro da punta, vese unha montaña perfilada, un val e un río. É unha reprodución da característica orográfica máis determinante. Remata o escudo cun castelo ou fortaleza de prata, que simboliza a grandeza e elevación. Os grans de café e cacao fructificados enmarcan o escudo, simbolizando a riqueza agrícola de Tuluá polo ano do seu deseño. Unha cinta tricolor (vermello, verde e branco) cunha divisa unión, traballo e paz, ata os grans mencionados.

Bandeira[editar | editar a fonte]

Deseñada no ano 1960 e adoptada oficialmente como bandeira da cidade de Tuluá o 29 de maio de 1987 segundo o decreto 084. Está constituída por tres franxas horizontais, paralelas e de iguais dimensións entre si, coa seguinte descrición e interpretación. A franxa superior de cor vermella, que simboliza a enerxía da súa xente, a caridade e o amor que inspira a súa conduta fronte a situacións adversas e a ousadía para combater en defensa das causas nobres. A franxa do centro de cor verde, que simboliza o esplendor vexetal da rexión, a fe nos seus valores, a amizade e o respecto que prodigan os seus poboadores, a xuventude da súa historia e a esperanza dun futuro prometedor. A franxa inferior de cor branca simboliza a pureza da súa orixe, a franqueza e a ledicia no discorrer da existencia dos seus habitantes. A bandeira irá encavada en hasta dun longo equivalente a tres veces o seu ancho. Polo dereto No. 084 de maio de 1987 "polo cal se adopta oficialmente a Bandeira de Tuluá".

Cultura[editar | editar a fonte]

A cidade conta con 11 centros culturais, un teatro de estilo republicano (Patrimonio Nacional), 4 auditorios para eventos, sala de exposicións de arte, 3 bibliotecas, un centro de historia, un museo de arte viaria, un museo de etnobotánica, un museo de historia e un Corferias; adicionalmente realízanse anualmente 6 festivais culturais.

Principais festividades e eventos[editar | editar a fonte]
  • A Feira de Tuluá
  • Festa de Reis e Feira Ganadeira Corregimiento da mariña
  • Festival do Corazón Dulce
  • Expociencias Tuluá
  • Encontro Nacional de Estudiantinas
  • Festival Internacional de Contadores de Historias e Lendas
  • Festival Santa Cecilia
  • Festival Vallecaucano de Monicreques
  • Festival de Papaventos
  • Festival do Mate e do Guarapo
  • Festival de Danzas Folcróricas de Parellas

Tuluá tamén é recoñecido como berce de Poetas e Escritores.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Chuleta.

Algunhas bebidas famosas que poden ser disfrutadas en Tuluá son: a chicha de millo, o masato ou os champús. Entre os pratos típicos atopamos o sancocho, a rellena e o tamal. Tamén hai pratos doces: Desamargado, Cuaresmero, "Natilla" (na tempada do Nadal) e o Trasnochado. Tamén salienta o doce de Manjar Blanco propio do Valle del Cauca (diferénciase do arequipe, tradicional do Vello Caldas pola súa composición e preparación) e as vidancas.

Outro prato de gran nome e tradición é a carne á milanesa, que na zona do Valle del Cauda se coñece co nome de "chuletas".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Información general de Tuluá". Alcaldía del municipio. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 22 de maio de 2018. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 31 de decembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gutiérrez, Rufino (1921). Monografías de Rufino Gutiérrez. Tomo II. Imprenta Nacional, Bogotá. 
  • Rodríguez, Carlos Armando (1992). Tras las huellas del hombre prehispánico y su cultura en el valle del Cauca. Instituto Vallecaucana de investigaciones científicas INCIVA, Fundación hispanoamericana de Cali, Embajada de España en Colombia, Santiago de Cali. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]