Conversa usuario:GZKZ

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, GZKZ!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 26 de agosto de 2016 ás 18:37 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, GZKZ. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 26 de agosto de 2016 ás 18:37 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola GZKZ.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de agosto de 2016 ás 10:10 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola GZKZ. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 31 de agosto de 2016 ás 16:59 (UTC)[responder]

Formato das datas[editar a fonte]

Ola compañeiro, benvido ao proxecto.

Na Wikipedia en galego non hai motivo para poñer as datas en formato anglosaxón. Ponas, por favor, en orde: día, mes, ano.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2016 ás 21:02 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola GZKZ.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de abril de 2017 ás 12:51 (UTC)[responder]

Por favor, lembra que é necesario indicar a orixe da información ao crear un artigo. De non ser así, este debe ser borrado. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de abril de 2017 ás 11:53 (UTC)[responder]
Ola, GZKZ; o que che digo non é que non inclúas referencias, senón que non indiques que a información está tomada delas. Abonda con que indiques no resumo de edición ou na páxina de conversa "artigo creado en base ás referencias incluídas", ou algo así. Amais, recoméndoche que lle botes un ollo ao Wikipedia:Libro de estilo para axeitar os artigos ao formato habitual (introdución, inclusión de categorías...). E por favor, instala un corrector ortográfico, porque cometes numerosas faltas; son fáciles de corrixir e enmendar, pero de nada serve que vaia xente detrás revisando, o bonito é aprender. Se tes calquera dúbida non teñas medo a preguntar, que ninguén naceu con todo aprendido e todo o mundo temos aínda moito por aprender. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de abril de 2017 ás 18:31 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola GZKZ. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 16 de abril de 2017 ás 21:25 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola GZKZ. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Lou Roy-Lecollinet‎".

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 29 de abril de 2017 ás 13:18 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola GZKZ.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xuño de 2017 ás 13:30 (UTC)[responder]

Jeļena Ostapenko[editar a fonte]

Boas GZKZ. Non hai que dalas. Tes razón en que nós non empregamos a grafía [ ļ ] no noso alfabeto, pero iso non dificulta a súa busca. Se probas a buscar Jeļena Ostapenko co noso [ l ] aparece igualmente aínda que non haxa unha coincidencia plena. Ademais, en tódalas demais wikis que empregan o alfabeto latino manteñen a grafía letoa. Creo que o máis correcto é respectar a forma orixinal do seu nome, do mesmo xeito que o fan o resto de linguas con grafías nosas como o ñ ou o acento agudo (véxase o caso de Carlos Núñez). Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 15 de xuño de 2017 ás 19:46 (UTC)[responder]

Amalie Dideriksen[editar a fonte]

Boas GZKZ, o artigo Amalie Dideriksen, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 08:20 (UTC)[responder]

Grazas, fixen uns arranxiños segundo o artigo en castelán e quitei o modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xullo de 2017 ás 20:08 (UTC)[responder]

Vítor Manuel II de Italia[editar a fonte]

Boas GZKZ, o artigo Vítor Manuel II de Italia, que fixeches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2017 ás 11:37 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola GZKZ.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de agosto de 2019 ás 12:30 (UTC)[responder]

File:Rocío Barrio.jpg[editar a fonte]

Ola!

Onde lle escribiches? Déixalle unha mensaxe a commons:User:Patrick Rogel e a commons:User:Ellin Beltz, respectivamente o usuario que marcou a imaxe e o que a borrou. Explícalle (especialmente a este último) que a foto a tomaches ti. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de agosto de 2019 ás 13:52 (UTC)[responder]

Cidade da Cultura[editar a fonte]

  • WP:LE#Tempos verbais: Eisenman vai diseñar..., Eisenman temen* quere..., Eisenman vai darle* forma..., etc.
Unha vez queden correxidas as grallas de ortografía que haxa no artigo, como as dúas que indiquei arriba, podes retirar ti mesmo o marcador {{ortografía}} Banjo tell me 3 de abril de 2020 ás 07:50 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola GZKZ. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 7 de abril de 2020 ás 16:59 (UTC)[responder]

categorías por xénero[editar a fonte]

Ola, KZGZ; Nesta votación a comunidade decidiu que na Galipedia as categorías de persoas (científicas, deportistas ou o que fose) fosen únicas, sen distinción de xénero. Ao existir xa en Wikidata a información ao respecto, poden facerse buscas seguindo ese criterio (mais non sei moi ben como facelo). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de abril de 2020 ás 12:48 (UTC)[responder]

información Wikidata[editar a fonte]

Ola, GZKZ!

Para que apareza a información tomada de Wikidata, abonda con incluír o modelo {{Biografía}}, colocado ao comezo do artigo. Polo demais, simplemente aquelei o artigo de Niki Terpstra para darlle formato segundo o libro de estilo. Outra cousa que fixen foi engadir {{ORDENAR:Terpstra, Niki}}, para que por exemplo en Categoría:Nados en 1984 aparezan ordenados por apelido e non polo nome. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de maio de 2020 ás 16:27 (UTC)[responder]

creación de artigos[editar a fonte]

Ola, GZKZ!

Pois non, non podo botarche (con b) unha man porque non sei de que artigo me falas. En calquera caso, ti mesmo podes mudar o título dun artigo usando a pestana de "mover", a carón da de "editar". Para outras dúbidas xerais, igual che é máis útil deixar mensaxes no taboleiro dos administradores en vez de lle escribir a unha persoa concreta, pois agora coincidiu que vin a mensaxe, pero podería ser que estivese ausente.

Noutra orde de cousas, e como xa che comentaron outros compañeiros, recoméndoche que actives o corrector ortográfico, co cal se aprenden un montón de cousas. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de agosto de 2020 ás 20:36 (UTC)[responder]

Ola de novo! Sigo sen entender ben; vexo que creaches o artigo Miguel Ángel Cajigal Vera, pero non me indicas cal é esa falta grave de ortografía no nome da entrada. Como se supón que é o nome? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de agosto de 2020 ás 21:58 (UTC)[responder]

Ola! engadín o acceso ao texto necesario para revisar o texto que precisaba referencia no artigo New York Five. Está na bibliografía. Poderías, cando sexa, revisar e adaptar se é necesario, o texto do artigo? Grazas!.-- Maria zaos (conversa) 21 de novembro de 2021 ás 20:33 (UTC)[responder]

Junko Tabei[editar a fonte]

Boas, o artigo Junko Tabei, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 2 de decembro de 2022 ás 22:36 (UTC)[responder]