Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Concerto para piano n.º 24 (Mozart)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Concerto para piano n.º 24 (Mozart)[editar a fonte]

Proposto por: Piquito (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 15:08 (UTC)
Período de votación: dende o 27-12-2018 ata o 26-01-2019.
  • Information icon.svg Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo non demasiado extenso pero si completo sobre un dos concertos máis destacados para piano e orquestra do compositor austríaco. Conta con imaxes relacionadas, exemplos de audio dos tres movementos, boa contextualización da obra no seu tempo e no momento vital do compositor, está ben referenciado e ten unha ampla sección bibliográfica. Hai termos que non temos (como ocorre habitualmente cos artigos sobre música), se considerades que hai algún que non estea e que a súa creación poida facilitar a lectura do artigo dicídemo e creareino. --Piquito (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 15:08 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svg Concordo. --Piquito (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 15:08 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. --Breogan2008 (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 10:52 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 13:19 (UTC)
En contra
Neutros
Comentarios

Symbol wait alternative.svg Agardar Hai que darlle un bo repaso á lingua. Nunha primeira lectura atopei varias palabras con letras de máis, tiles e incluso unha sección na que o título estaba sen traducir. Outra dúbida que me xurdiu foi se de seguro se di Desenrolo[1]? Non será desenvolvemento[2]?--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 11:13 (UTC)

Referencias

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Desenrolo.Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Desenrolar.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Desenvolver.
AMPERIO, seguramente sexa "desenvolvemento" e non "desenrolo", pero non o sei, os meus mestres falaban de "desenrolo", pero ningún deles é lingüista, posiblemente empregaran ese termo por influencia do castelán "desarrollo" (termo que se adoita empregar na bibliografía. Non sei se mudalo porque non estou certo, o mellor é que outra persoa opine. Sobre os problemas de lingua pouco podo facer eu, o ideal sería que outras persoas revisaran o artigo (cantos máis ollos máis cousas se ven), aínda que esa opción non sei se se dará. Un saúdo, Piquito (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 22:09 (UTC)
AMPERIO, Jglamela realizou varios arranxos de lingua en todo o artigo, incluído o “desenvolvemento”, avisei tamén a Estevoaei, aínda que con esta revisión xa pouco debe quedar. Piquito (conversa) 1 de xaneiro de 2019 ás 18:12 (UTC)