Saltar ao contido

Conversa usuario:Chandrexa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Chandrexa!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.Alma (fálame eiquí) 17:37, 13 outubro 2007 (UTC)

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que a imaxe está no dominio libre, pero é necesario que, se é así, especifiques a orixe da imaxe escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Saúdos e grazas. Xan de ningures 17:18, 16 decembro 2008 (UTC)

Datos da imaxe Pisco-1.jpg

[editar a fonte]

Boas! Mira, estiven mirando os datos da imaxe Pisco-1.jpg e pos que o autor é indicopleustes, se el é o autor, e non eres ti mesmo, entón ten que haber algún sitio onde el mesmo indique que publica a foto con licenza CC-BY-SA, pode estar publicada nalgunha páxina de internet indicando esa licenza ou pode indicalo mediante o sistema OTRS. Se precisas axuda para amañar isto podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2013 ás 01:09 (UTC)[responder]

Desculpade, hei cambiar o nome: Indicopleustes son eu, en realidade é o nome de usuario que temos na casa para o flickr, onde de feito, está publicada a web con licenza CC. Por iso aparecía o da autoría propia. De todos os xeitos, entendo que é moi confuso. Que me aconsellades que poña como nome? O meu usuario Chandrexa, ou directamente o meu nome? Grazas polas 'dicas' e desculpade que non responda antes, pero entro de tanto en tanto... --chandrexa (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 09:49 (UTC)[responder]

Pois é doado, na imaxe que puxeches na Galipedia só tes que poñer a ligazón ó ficheiro orixinal de Flickr no apartado source. Se o nome que tes en Flickr é Indicopleustes entón tes que deixar ese nome coma autor, xa estaría ben. O caso é que agora mesmo a imaxe está protexida porque está na portada da Galipedia, para facer ese cambio tes que avisar ós administradores para que engadan esa información, podes deixarlles un aviso na súa taberna.
Parabéns pola imaxe :).
E unha nota, para responder ás mensaxes que che deixan tes que escribir na páxina de conversa dos usuarios que che deixan a mensaxe para que lles apareza a eles o aviso de que teñen unha mensaxe nova :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 10:45 (UTC)[responder]
Moi ben. Efectivamente tentei esta mañá entrar para completar os datos, e díxome que a imaxe estaba protexida. De todos os xeitos, puña alí a forma de comunicarlles os cambios, así que lles escribo pedíndolles que inclúan o enlace.
Grazas por todos os consellos e a paciencia :) - Saúdos!

--chandrexa (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 19:13 (UTC)[responder]

Pois agora hai outro problema. Acabo de mirar a foto en Flicrk e ten licenza CC-BY-NC-SA, esa licenza non é compatible coa da Galipedia porque non permite o uso comercial. A única solución, se queres que a imaxe se poida manter na wiki, é que cambies a licenza en Flickr e poñas a CC-BY-SA. Se precisas axuda con isto avísame que eu podo botarche unha man.
E de novo a mesma nota, para responder ós meus comentarios tes que escribirme na miña páxina de conversa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 23:46 (UTC)[responder]
Agora xa lle pillaches o tranquillo :) Tes razón que a forma de comunicación é un pouco estraña pero en pouco tempo xa se afai un. Moitas grazas por axeitar a licenza, con iso abonda, no ficheiro da Galipedia xa non hai que facer nada máis porque xa ten a ligazón a Flickr que serve como referencia do contido.
Se tes calquera dúbida agora xa sabes onde está a miña páxina de conversa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2013 ás 08:59 (UTC)[responder]