Conversa usuario:UL rbcouto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, UL rbcouto!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 13:55 (UTC)[responder]

Boée, os mapas de localización son un tinglado que aínda non temos na Galipedia, dame uns días a que remate o do aniversario e douche máis información sobre o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 18:09 (UTC)[responder]

Pois si que tiñamos o dos mapas de localización, pero non o sabíamos! :) Só hai dous artigos na Galipedia nos que funciona, o de Isla Cristina e o de Caldas de Luna :) O pasaba era que faltaban os mapas base da maioría dos países e que tampouco se usaba nos artigos de España porque non se coñece. O que habería que facer sería probar que os mapas base que xa están na Galipedia, o de Europa, o de Gales e o do Reino Unido, funcionan correctamente e logo traer algúns máis da wiki ES. Cando teña un pouco de tempo a ver se os meto nalgún artigo e así tamén serven de exemplo para que outros usuarios os poidan utilizar.
Cando quixen usar este modelo, fai anos xa, era para metelo nunha cidade de Escocia, creo, e claro faltábame algo e non funcionaba, logo as cousas vanse deixando e quedan no limbo :)
O que temos que facer é probar o modelo nalgúns artigos de países diferentes e logo avisar na taberna da comunidade de seu funcionamento para que o vaian metendo nos artigos. Bo traballo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 14:11 (UTC)[responder]
Traer os mapas é doado, pero antes de poñernos co choio voulle preguntar a outro usuario, que controla destas cousas, se antes será conveniente traducir os campos do modelo. Xa che conto.
Ah, e creo que a Galipedia xa aparece no sitio que lle corresponde :) Ese tema creo que é automático pero tarda un tempo en actualizarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 22:40 (UTC)[responder]
Boas, pois polo que parece non se vai traducir o modelo base dos porque é bastante complexo e poderíamos fastidiar o seu funcionamento. Así que hai luz verde para traer os modelos de es.wiki que queiramos, podes fixarte no formato que ten o modelo do mapa de Iraq que foi o último que fixen. O que estaría ben é que cada mapa teña polo menos un artigo no que se use para comprobar que funciona correctamente, e para facer as cousas con orden habería que comezar polos países de Europa e logo atacar a outros continentes. Seguramente haberá que facer subcategorías para ordenar todo un pouco. Tódolos modelos están en Categoría:Mapa de localización. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2013 ás 02:05 (UTC)[responder]

Varias cousiñas[editar a fonte]

Ola UL rbcouto, cando estás a traballar nun artigo, non tés que indicar no resumo que non o borren, senón poñerlle un destes marcadores {{En uso}}, {{Entradución}}, o que si debes indicar no resumo é de onde sacas os datos, se de fontes propias ou se traduces doutra wikipedia e ademais tés que engadir os interwikis, para o que tés que ir a Wikidata, premendo en editar ligazón (na lingua que aparece, por exemplo en inglés edit links) no artigo noutra wikipedia, o que te levará a unha páxina de wikidata e ao final tés que darlle a engadir ligazón e engadir a do artigo en galego, por certo, poderías facer isto cos artigos que creaches Mosuo e Chezi? Saúdos! --JaviP96 12 de abril de 2013 ás 13:58 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:25 (UTC)[responder]

Obradoiro de edición na Coruña[editar a fonte]

Boas, mira, vou dar un obradoiro de iniciación á edición da Galipedia na Coruña e precisaba que a cousa tivera a máxima participación posible, se coñeces algunha persoa que poida estar interesada, ¿poderías comentarlle esta posibilidade? Tes máis información na taberna e tamén podes preguntarma directamente na miña conversa.

Ó mesmo tempo se queres que quedemos para falar de cousas do proxecto podería ser unha boa ocasión quedar ó remate dun dos cursos. Estou a pensar en organizar un grupo de editores organizado na Coruña, non sei se che interesaría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 13:28 (UTC)[responder]

Ó final o obradoiro suspendeuse porque só había dúas persoas anotadas, unha no Ágora e outra no Fórum pero dixéronme os do concello que se estaba interesado podían convocarse de novo para outono, porei unha nota na taberna para decidir entre todos que datas poden ser máis interesantes, tendo en conta a adecuación ó calendario do concello, e as accións que se poden facer para facer que se apunte máis xente desta vez. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 11:25 (UTC)[responder]

Concurso de artigos wiki[editar a fonte]

Por se vos interesa botádelle un ollo á nova que deixei na taberna. Saúdos, ----Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 01:32 (UTC)[responder]

Wikimaratón no MUNCYT[editar a fonte]

Por se vos interesa, o 13 e 14 de decembro organízase Wikipedia:Wikimaratón Científico 2014. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2014 ás 13:01 (UTC)[responder]

Evento de iniciación á edición na Coruña[editar a fonte]

Boas, estamos a organizar un evento de iniciación á edición da Galipedia na Facultade de Informática da Coruña, será o día 16 e 17 de abril pola tarde, se vos interesa e podedes ir apuntádevos na páxina da actividade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 13:20 (UTC)[responder]

Imaxes de Malpica[editar a fonte]

Boas!, mira, que estamos tentando conseguir imaxes de tódalas parroquias de Galicia e resulta que en Malpica só faltan dúas, Vilanova de Santiso, Malpica de Bergantiños e Cambre, Malpica de Bergantiños, se un día que che cadre ben podes achegarte alí e facer un par de fotos sería xenial :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2015 ás 01:13 (UTC)[responder]

Ok. Se podo estes días achegome e fago unhas fotos. Un saúdo. --UL rbcouto (conversa) 27 de maio de 2015 ás 09:08 (UTC)[responder]

Xa lle puxen as coordenadas ós artigos así que non terás moita perda ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2015 ás 09:18 (UTC)[responder]