Conversa usuario:Lucas Sanchez Dalmau

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Lucas Sanchez Dalmau!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 01:04 (UTC)[responder]

Bos días Lucas. Fixen algúns cambios no artigo do club Mecos para que teña un estilo enciclopédico xa que a Galipedia non é un lugar para facer publicidade. Recoméndoche que revises as ligazóns que che puxen enriba, teñas en conta que os artigos da Galipedia teñen que cumprir o punto de vista neutral e que se tes algunha relación con esa entidade non podes editar o artigo pola política de Wikipedia:Conflito de intereses. Se tes calquera dúbida podes deixarme un comenario na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 11:10 (UTC)[responder]

Copyvio quere dicir que ese contido ten os seus dereitos de autor reservados e polo tanto non se pode usar na Galipedia xa que só están permitidos contidos con licenza libre que sexa compatible coa do proxecto, é dicir que permitan o uso comercial e as obras derivadas. Quitei o escudo porque ese escudo está nunha páxina web e esa páxina, se non indica que os seus contidos se liberan cunha licenza libre, por defecto asúmese que teñen copyright. Por iso non se poden poñer na Galipedia as imaxes que se atopan por Internet porque na súa gran maioría teñen copyright. Se tes máis dúbidas sobre o tema ou outras cousas da Galipedia avísame e tentarei axudarche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2013 ás 02:50 (UTC)[responder]

Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 ‎[editar a fonte]

Boas Lucas! Fixen algún que outro arranxiño en Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7‎, espero que che parezan ben, creo que é máis explicativo. Cando se cree a Liga Galega haberá que mudar a frase como preludio á futura Liga Galega de Fútbol Gáelico 11. Estaría ben que incluíras algunha ligazón á competición ou referencias de prensa e/ou de internet para completar o artigo e que os que non esteamos moi ao tanto podamos informarnos un pouco máis. Bo traballo!! Piquito (conversa) 1 de agosto de 2013 ás 01:06 (UTC)[responder]