Saltar ao contido

Conversa usuario:Concellodelalin

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Concellodelalin!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 13:57 (UTC)[responder]

Conflito de intereses

[editar a fonte]

Bos días Concellodelalin, polo seu nome de usuario sería moi recomendable que revisara a política da Galipedia Wikipedia:Conflito de intereses antes de facer edicións para que non lle afecte. Se precisa axuda con algunha cousa pode contactar comigo na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 13:57 (UTC)[responder]

Xa constestou o usuario Lameiro a cuestión do conflito de intereses na taberna, só quería comentar que o meu aviso foi de tipo preventivo e informativo para tentar evitar casos que xa teñen sucedido na Galipedia e que nos dan traballo a todos. Sería moi conveniente que a información que acheguen, xa que a coñecerán ben, a engadan indicando as referencias axeitadas, así as súas contribucións serán máis valiosas aínda. Se precisan calquera tipo de axuda para usar as referencias ou para cargar fotos poden contactar comigo na miña páxina de conversa. Pídolles desculpas pola tardanza na resposta pero estes días non accedín á miña conta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2013 ás 00:41 (UTC)[responder]
A contestación de Lameiro está no tablón dos bibliotecarios onde deixaches a consulta, aqui. Para poñer referencias o máis sinxelo é por o seguinte código: <ref>[http://exemplo.es Título da páxina]</ref> e logo lembrarse de poñer a sección Notas no artigo, tes información máis detallada en Wikipedia:Guía/Fontes. Para saber que referencias son válidas podes repasar un momento Wikipedia:Verificabilidade#Fontes_acreditadas. Para subir imaxes eu recoméndoche que uses o asistente de carga de imaxes de Commons, nesta ligazón, pero ten coidado de subir só imaxes libres que permitan o uso comercial e a creación de obras derivadas, xa que se non o permiten terán que ser borradas. O mellor é que fagas ti mesmo as fotos e as subas indicando que ti es o autor, así non terás problema ningún. Para escoller a categoría podes poñer Lalín, se só son dese lugar, así quedarán na mesma carpeta que tódalas imaxes que hai dese concello. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2013 ás 14:06 (UTC)[responder]