Chezi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 13°43′40″S 34°02′16″L / -13.72778, -34.03778

Vista de Chezi
Localización de Malawi
Localización de Chezi

Chezi (outeiro na lingua chichewa) é un poboado do distrito de Dowa, na rexión central de Malawi. No ano 2010 conta cunha poboación estimada de 1000 habitantes, que o fai un dos principais poboados da rexión.

Chezi está situado a uns 45 km ao Nordeste da capital de Malawi, Lilongwe, na estrada M14 que une a capital coa vila de Salima, en dirección ao lago Malawi.

Economía[editar | editar a fonte]

A localización do poboado, situado ao carón da estrada principal que une a capital do país co lago Malawi, fai de Chezi un importante foco comercial da rexión. No poboado afíncanse un importante número de tendas onde é posible atopar alimentos, produtos de ferraxaría, drogaría, agrícolas etc. Tamén conta con pequenos establecementos de carpintaría, de confección de roupa e de reparación de vehículos. O poboado conta con varios bares, porén carece de establecementos que ofrezan aloxamento.

Todos os xoves ten lugar un importante mercado (feira), onde a poboación dos arredores dá saída aos pequenos excedentes agrícolas das producións familiares, sendo os principais produtos tomates, millo e subprodutos (fariña de millo, pan...). O trato de gando, especialmente bovino, tamén ten unha considerable importancia.

Educación e Sanidade[editar | editar a fonte]

Cartel da entrada ao St Mary's Rehabilitation Centre

No poboado aséntase o St Marys Rehabillitacion Centre, centro fundado no ano 1992 pola orde española das Misioneras de María Mediadora. St Marys Rehabillitacion Centre, dispón dun centro médico de atención primaria, dispensario de menciñas e máis de 100 camas hospitalarias, principalmente destinadas ao tratamento de nenos desnutridos. Neste centro tamén hai unha clínica móbil e servizo de ambulancia.

St Marys Rehabilitacion Centre encárgase ademais do coidado de 120 nenos orfos, aproximadamente, distribuídos en 8 casas de acollida dentro da propia misión. O centro conta cun programa de apoio a máis de catrocentos nenos dentro do programa Rainbow, que se encarga principalmente do seguimento e escolarización dos nenos, ademais de cubrir as súas necesidades básicas de manutención e de saúde.

No poboado de Chezi existe unha escola pública de educación primaria, St Mathias Primary School, á que asisten arredor de 1000 nenos e nenas entre 6 e 14 anos. Na súa construción participaron varias ONG españolas (Manos Unidas, Active Africa...)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]