Conversa usuario:AlonsoMartinez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, AlonsoMartinez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:22, 13 de setembro de 2012 (UTC)

Boas, acabo de ver a túa páxina de usuario e anímote a que pases por aquí máis veces xa que a Galipedia precisa máis máns! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2012 ás 12:49 (UTC)[responder]

Cándido Conde-Pumpido[editar a fonte]

Boas, puxen entre comentarios a información que engadiches no artigo de Cándido Conde-Pumpido porque non está en galego, se queres traballar nun artigo pouco a pouco debes facelo nunha subpáxina de usuario e cando o teñas listo podes copialo no artigo da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 10:16 (UTC)[responder]

Se precisas axuda cos formatos, a edición e cousas varias da wiki podes contactar comigo na miña páxina de conversa sempre que o precises :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2013 ás 15:22 (UTC)[responder]

Fiscalía Europea[editar a fonte]

A páxina foi movida a Fiscalía Europea, o contido está todo alí. Faltáballe un til e maiúscula, por iso foi movido. Podes seguir traballando no contido na páxina que che indico. Saúdos e a seguir traballando. Moitos azos.--Breogan2008 (conversa) 1 de abril de 2018 ás 19:15 (UTC)[responder]

traducións[editar a fonte]

Ola, Alonso! Por favor, ten coidado cos tradutores automáticos. No artigo de Soledad Cazorla había varios "Soidade Cazorla". Amais, os títulos das obras literarias non deben traducirse se é que non existe unha edición feita en galego.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de abril de 2018 ás 22:16 (UTC)[responder]

Contidos[editar a fonte]

Ola, AlonsoMartinez. Revertín a túa última edición na páxina de conversa porque os contidos non se poden retirar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de abril de 2018 ás 22:47 (UTC)[responder]

Santiago Ferreiro[editar a fonte]

Ola, Alonso; na imaxe Ficheiro:Santiago Ferreiro Cortés 2A922623-24DC-4B4C-ABAC-4498C2B1565F.jpeg puxeches "autoría propia" ,e data "26/1/2022". Obviamente son datos erróneos. É necesario que o corrixas. A Wikipedia non pode incluír contidos con dereitos de autoría, polo que cómpre deixar clara a orixe da información e dos documentos. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de xaneiro de 2022 ás 20:24 (UTC)[responder]

Gracias Estevo. A fotografía é moi vella, mais de cen anos, procede dun álbum familiar e non ten dereitos de autor porque están caducados. O que é meu e a versión actual, retocada, coloreada, eliminados o desenfoque é as borrosidades. É una nova versión, feita en 2022, de unha foto antiga, sin dereitos de autor. AlonsoMartinez (conversa) 9 de agosto de 2022 ás 15:25 (UTC)[responder]

xeral/xeneral[editar a fonte]

Ola, Alonso. Coidado coas correccións que ves facendo. En galego o xeneral é o xefe militar. Xas (conversa) 9 de agosto de 2022 ás 07:23 (UTC)[responder]

Moitas gracias, Xas. Tés toda a razón. Mais cando poño Xeneral o programa destaca as verbas en vermello. Desfago as correccions erróneas. AlonsoMartinez (conversa) 9 de agosto de 2022 ás 15:11 (UTC)[responder]