Crêpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Crêpe
Crepes dsc07085.jpg
Crêpes amoreadas.
Nome Crêpe
Tipo Doce
Lugar de orixe Flag of France.svg Francia
Ingredientes Ovos, leite e fariña.

Unha crêpe[1] é un tipo de masa moi delgada, normalmente feita de fariña de trigo (farine de froment). Malia que as crêpes están a miúdo asociadas coa Bretaña, unha rexión no noroeste de Francia, o seu consumo é xeneralizado en Francia, Bélxica, o Canadá, e moitas partes de Europa, norte de África, e América do Sur. As crêpes sérvense cunha gran variedade de recheos, dende o máis sinxelo con só azucre até.

Historia[editar | editar a fonte]

As crêpes son orixinarias da rexión de Bretaña, no oeste de Francia, onde se chaman krampouezh. No presente é un prato consumido a diario en todo o país, especialmente no Chandeleur[2] ou Día da Candeloria, como parte da tradición local (adoitan servirse acompañados de sidra). Nesta rexión francesa distínguense dous pratos semellantes: as crêpes elaboradas con trigo duro xeralmente reservadas ós doces e as galettes elaboradas con trigo mouro, en xeral reservadas a recheos salgados. Este tipo de trigo escuro fue traído a Europa dende a China e o seu paso por Europa Oriental deu orixe a unha comida semellante, os blinis.

En Europa Central, chámanse palačinka (República Checa, Serbia, Croacia), palatschinken (Austria), palachinca (Bulgaria) ou palacsinta (Hungría), termos todos derivados do latín placenta. Segundo os estudos realizados, a orixe deste prato atópase na época do Imperio Romano, e as nacións que xurdiron nas súas antigas provincias eventualmente continuaron preparándoo a través dos séculos. Na maioría das rexións alemás é pfannkuchen e en neerlandés pannenkoeken (que provén de unir as verbas ‘tixola’ e ‘torta’).

En Galicia e Asturias son, tradicionalmente, típicas do entroido. En Galicia chámanse filloas, e en Asturias fayuelos ou frixuelos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. "Comment faire des crêpes ? | Pourquoi Comment : Les réponses à vos questions !". www.pourquoicomment.fr. Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]