Borja Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borja Domínguez
Información persoal
Nome Borja Domínguez Domínguez
Nacemento 30 de maio de 1992 (31 anos)
Lugar de nacemento Vigo, Galiza
Altura 1,87 m
Posición Mediocampista
Información de club
Club actual Racing de Santander
Número 14
Carreira xuvenil
–2004 Alerta-Traviesas
2004–2011 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2016 Celta de Vigo B 99 (0)
2011–2012 Ourense 17 (0)
2012 Vilalonga 14 (1)
2015–2016 Racing de Ferrol 38 (9)
2016–2017 Córdoba 14 (1)
2017 Oviedo 10 (2)
2017–2019 Alcorcón 23 (0)
2019 Pontevedra 15 (3)
2019–2021 Lugo 25 (1)
2021– Racing de Santander 31 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de xuño de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Borja Domínguez Domínguez, nado o 30 de maio de 1992 en Vigo, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Racing de Santander, da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, Domínguez comezou a xogar ao fútbol no Alerta-Traviesas, antes de ingresar nas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o Celta de Vigo, cando iniciaba a súa etapa como infantil.[1] Foi subindo polas diferentes categorías do club e o 24 de abril de 2011 realizou o seu debut co Celta de Vigo B na Segunda División B, cando partiu como titular no encontro entre o filial vigués e o Guadalajara. O xogo finalizou con derrota do Celta B por 0-4.[2] Na seguinte temporada, foi cedido ao Ourense e ao Vilalonga, ambos da Terceira División.[3][4] Após a finalización da temporada, no verán de 2012 regresou ao Celta, converténdose en titular habitual do filial.

Despois de tres temporadas no Celta B, o 9 de xullo de 2015 foi cedido por un ano ao Racing de Ferrol, tamén de Segunda B.[5] Co equipo ferrolán fixo unha temporada destacábel, anotando 9 goles en 38 partidos. Isto chamou a atención do Córdoba CF, da Segunda División, equipo co cal asinou un contrato por dúas temporadas.[6]

Co equipo andaluz debutou no fútbol profesional, concretamente o 20 de agosto de 2016, despois de entrar como suplente na segunda metade da vitoria do seu equipo por 1-0 no Estadio Nuevo Arcángel ante o Tenerife.[7] O seu primeiro gol como profesional chegou un mes despois, anotando na vitoria do seu equipo por 2-1 ante o Real Oviedo. Precisamente, o 31 de xaneiro de 2017, Domínguez foi cedido ao equipo asturiano até final da temporada.

Ao acabar a súa cesión no Real Oviedo, asinou contrato co Alcorcón, tamén da Segunda División. Na súa primeira campaña no club madrileño tivo un comezo irregular, mesturando suplencias con titularidades. Ao comezo da segunda volta asentouse no equipo, mais unha lesión grave ante o Barcelona B deixouno sen xogar durante oito meses. Esta lesión condicionou que o xogador non puidese participar na pretemporada do seu equipo, polo que non conseguiu facerse cun lugar no once inicial. Así, no mercado invernal saíu cedido ao Pontevedra, da Segunda División B. No club pontevedrés volveu a xogar con asiduidade, anotando 3 goles en 15 encontros.

En 2019, libre, asinou polo Lugo da Segunda División. No club lucense volveu lesionarse a finais de decembro no xeonllo, polo que tivo que pasar polo quirófano e perdeu o resto da temporada.[8] Disputou un total de 25 partidos durante as súas dúas campañas no club albivermello.

En agosto de 2021 deixou o Lugo e fichou polo Racing de Santander,[9] equipo co que disputou a primeira edición da nova Primeira División RFEF, proclamándose campión do grupo I por diante do Deportivo da Coruña. Xogou 30 partidos durante a tempada regular, marcando un gol ante o Bilbao Athletic. En xuño disputou a final de campións contra o Andorra na Malata, partido que o seu equipo gañou por 3-0, converténdose así no primeiro campión absoluto da categoría.

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
2010–2011 Celta B Segunda B 1 0
2011–2012 Ourense Terceira 12 0
2012 Vilalonga Terceira 14 1
2012−2013 Celta B Terceira 38 1
2013–2014 Celta B Segunda B 30 0
2014–2015 Celta B Segunda B 31 0
2015–2016 Racing de Ferrol Segunda B 38 9
2016–2017 Córdoba Segunda 14 1
2017 Real Oviedo Segunda 10 2
2017–2018 Alcorcón Segunda 22 0
2018–2019 Alcorcón Segunda 1 0
2019 Pontevedra Segunda B 15 3
2019–2020 CD Lugo Segunda 12 1
2020–2021 CD Lugo Segunda 13 0
2021–2022 Racing de Santander Primeira RFEF 31 1

Palmarés[editar | editar a fonte]

Racing de Santander

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]