Nashville, Tennessee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nashville»)
Nashville
Situación xeográfica
País: Estados Unidos
Estado: Tennessee
Condado: Davidson
Incorporada:
Alcalde: Freddie O'Connell
Xeografía
Altitude: 182 m msnm
Superficie: 1,362.5 km² km²
Poboación
Poboación total: 613,856 (2006)
Densidade de poboación: 450.5/km²
Información
Sitio na web:

Nashville é a capital do estado de Tennessee, nos Estados Unidos. Atópase a beiras do río Cumberland, no condado de Davidson. Adóitase coñecela como "Music City, U.S.A.", (Cidade da Música) xa que Nashville posúe unha importante industria discográfica. Pero desde moito tempo antes denominouse como a "Atenas do Sur", debido ás súas institucións educativas e á súa arquitectura neoclásica.

A cidade de Nashville ten unha poboación de 569.891 habitantes, (segundo o censo de 2000), o que a sitúa como a segunda cidade máis extensa de Tennessee (por detrás de Memphis). A poboación dos 13 condados circundantes, que forman o que se coñece como a área Metropolitana de Nashville, é de 1.311.789, converténdose así no área metropolitana máis poboada do estado.

En 1918 un tren local choca cun expreso. Houbo 101 mortos e 171 feridos. Tratouse do accidente ferroviario máis grave na historia do sur dos Estados Unidos.

Poboación[editar | editar a fonte]

  • 530.852 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

  • Altitude: 134 metros.
  • Latitude: 36º 09' 56" N
  • Lonxitude: 086º 47' 03" O

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

, Xirona (España) (2005)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Nashville.
Partenón de Nashville.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]