Maebashi (前橋市, まえばしし, Maebashi-shi) é un concello e cidade do Xapón, capital da prefectura de Gunma. Está situado ó noroeste da rexión de Kanto e no centro-sur da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 311,64km², a poboación é de 338.799 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.090 hab./km².