Biomedicina

Biomedicina é un termo que engloba o coñecemento e a investigación que é común aos campos da medicina e os doutras ciencias biolóxicas, como a bioquímica, a inmunoloxía, a química, a bioloxía, a histoloxía, a xenética, a embrioloxía, a anatomía, a fisioloxía, a patoloxía, a zooloxía, a botánica e a microbioloxía.[1]
Procedementos
[editar | editar a fonte]A biomedicina relaciónase coa práctica da medicina, e aplica todos os principios das ciencias naturais á práctica clínica, mediante o estudo e investigación dos procesos fisiopatolóxicos, considerando desde as interaccións moleculares até o funcionamento dinámico do organismo, a través das metodoloxías aplicadas na bioloxía, a química e a física.[2][3]
Deste xeito permite a creación de novos fármacos, menos tóxicos ou invasivos, e perfecciona o diagnóstico precoz de enfermidades e o tratamento destas.[4]
Premio Nobel de Medicina 2008 no Parlamento Europeo
[editar | editar a fonte]Luc Montagnier estivo no Parlamento Europeo, o día 1 de abril de 2009, no ámbito da Conferencia dedicada ao "Futuro da investigación biomédica no século XXI". Nunha entrevista exclusiva ao sitio oficial do Parlamento Europeo, o médico francés referiu que «o principal obxectivo (da investigación científica do VIH) debe ser a creación dunha vacina terapéutica, non nos debemos centrar na vacina preventiva».[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biomedicine en Universidade de Würzburg (en inglés).
- ↑ Definicións Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Biomedicine, definición no Free Dictionary (en inglés).
- ↑ "Biomedicina". Biomedicina Hoy. 20 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 03 de agosto de 2018.
- ↑ "Luc Montagnier: Entrevista exclusiva LA UNE". Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 02/08/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Centro de Investigación en Ingeniería Biomédica Universidad Politécnica de Cataluña (en catalán), (en castelán), (en inglés).
![]() |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |