Josephus Nicolaus Laurenti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Josephus Nicolaus Laurenti
Nacemento4 de decembro de 1735
Lugar de nacementoViena
Falecemento17 de febreiro de 1805
Lugar de falecementoViena
NacionalidadeAustria
Alma máterUniversidade de Viena
Ocupaciónbiólogo, zoólogo, herpetólogo
editar datos en Wikidata ]

Josephus Nicolaus Laurenti, nado en Viena o 4 de decembro de 1735 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1805, foi un médico e naturalista austríaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñécense poucos detalles sobre a vida de Laurenti, apenas que obtivo o doutoramento en medicina en Viena en 1768 cunha tese sobre a función velenosa nos réptiles e os anfibios (Specimen Medicum, Exhibens Synopsin [sic] Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena).[1]

Durante moito tempo afirmouse que o verdadeiro autor desta tese fora J. J. Winterl, porque o seu nome aparece na última páxina, pero hoxe pénsase que Winterl, químico, era un colaborador das experiencias de Laurenti e que a tese débese a este último.

Este traballo foi de grande importancia en herpetoloxía. Carl von Linné, na edición de 1758 do seu Systema Naturae non definius máis que nove xéneros de réptiles e anfibios,[2] mentres que Laurenti definiu trinta e cinco.[3]. Algúns deles son moi coñecidos, como os xéneros Bufo, Hyla, Salamandra, Gekko, Chamaeleo, Iguana, Crocodylus, Natrix, Vipera, Naja e Constrictor.

En 1768, Laurenti tamén publicou un manuscrito en italiano titulado Il Dragone describindo a salamandra cega (o anfibio Proteus anguinus), que descubriu nas augas dunha cova en Eslovenia (ou posibelmente en Croacia occidental) Dita descrición representa a primeira contribución referida a un animal cavernícola no mundo occidental.

Foi el quen definiu por primeira vez a clase dos réptliles (Reptilia).

Ademais, contribuíu a comprender mellor o modo de acción do veleno destes animais e ao progreso dos coñecementos dos seus antídotos.

En zooloxía emprégase a abreviatura Laurenti para indicar a Josephus Nicolaus Laurenti como autoridade na descrición e na taxonomía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Laurenti, Josephus N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan. Thom., pp. 1-217. Texto íntegro (en latín).
  2. Lescure, Jean (2002): "La naissance de l'herpétologie". Bulletin de la Société herpétologique de France, 101: 5-27.
  3. Lescure, J, Op. cit.