John Boorman
John Boorman, nado en Shepperton (Middlesex) o 18 de xaneiro de 1933 é un cineasta británico residente en Irlanda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Boorman comezou a traballar coma tintureiro e xornalista na década de 1950. Formou parte do equipo de noticias da Southern Television en Southampton e Dover antes de pasar a dirección de documentais para a televisión, chegando a ser xefe da unidade de documentais da BBC en Bristol en 1962.
O produtor David Deutsch ofreceulle a realización do filme Catch Us If You Can (1965) sobre o grupo pop Dave Clark Five. O filme non foi un éxito mais logrou algunhas boas críticas. Boorman pasou logo a Hollywood para dirixir A queimarroupa (1967), contando co apoio de Lee Marvin. Tras este filme volveu contar con Marvin e con Toshiro Mifune para Hell in the Pacific (1968), historia sobre dous soldados náufragos nunha illa.
En 1972 conseguiu un grande éxito con Deliverance, adaptado dunha novela de James Dickey. A principios desa década Boorman planeaba filmar unha adaptación de O Señor dos Aneis e intercambiou correspondencia con J. R. R. Tolkien sobre os seus plans. Finalmente a produción resultaría moi cara, mais pódense apreciar algúns elementos en Excalibur.
Esperanza e gloria (1987) é o seu filme máis autobiográfico, contando a historia da súa infancia durante o bombardeo de Londres.
Cando o seu amigo David Lean morreu en 1991, anunciouse que Boorman tomaría a dirección da adaptación de Nostromo, pero o proxecto caeu.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Acreditado como | ||
|---|---|---|---|---|
| Director | Guionista | Produtor | ||
| 1965 | Catch Us If You Can | |||
| 1967 | A queimarroupa | |||
| 1968 | Hell in the Pacific | |||
| 1970 | Leo the Last | |||
| 1972 | Deliverance | |||
| 1974 | Zardoz | |||
| 1977 | Exorcist II: The Heretic | |||
| 1981 | Excalibur | |||
| 1985 | A selva esmeralda | |||
| 1987 | Esperanza e gloria | |||
| 1990 | Where the Heart Is | |||
| 1995 | Beyond Rangoon | |||
| 1998 | The General | |||
| 2001 | The Tailor of Panama | |||
| 2004 | In My Country | |||
| 2006 | The Tiger's Tail | |||
| 2014 | Queen and Country | |||
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boorman, John (2003). Adventures of a Suburban Boy. Londres: Faber and Faber.
- Boorman, John (1985). Money Into Light: The Emerald Forest: A Diary. Londres: Faber and Faber.
- Boorman, John (1992). "Bright Dreams, Hard Knocks: A Journal for 1991". Projections: A Forum for Film Makers. Londres: Faber and Faber.
- Ciment, Michel (1986). John Boorman. Londres: Faber and Faber.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- John Boorman na IMDb (en inglés).